Monforte na Onda 03/04/2018

Monforte na Onda 03/04/2018

Monforte celebra o Martes de Pascua con misa, procesión, renovación de votos e bendición dos campos. No programa de hoxe coñecemos a orixe desta celebración falando co historiador Felipe Aira. Co deputado socialista José Antonio Quiroga falamos da ampliación do prazo para presentar alegacións á declaración da Ribeira Sacra como BIC, que este grupo ten solicitada. A afluencia de visitantes nas datas de Semana Santa é outro dos temas do que nos ocupamos hoxe conversando coa técnica de turismo do Consorcio Cristina Rico.

Monforte na Onda 02/04/2018

Monforte na Onda 02/04/2018

No programa de hoxe facemos balance da Feira Medieval de Monforte coa concelleira de cultura, Marina Douton. Escoitamos tamén á delegada da Asociación de Hostalería, Beatriz Vila e a Joaquín González de Hípica Celta unha das empresas participantes no evento. Recollemos tamén balance do alcalde monfortino, José Tomé Roca. Con María Jesús González, Camareira da Virxe de Monserrat falamos dos actos do Martes de Pascua e abrimos programa entrevistando ao alcalde do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda.

Monforte na Onda 28/03/2018

Monforte na Onda 28/03/2018

No espazo "Facendo Empresa" hoxe falamos con Alba Prado de Bule Bule. Con Mario Docasar de CCOO falamos de coeficientes reductores para anticipar xubilacións no sector da pizarra. Coa concelleira de cultura do Concello de Monforte, Marina Douton, repasamos programa da Feira Medieval. Co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, falamos da Feira do Viño e con Xosé Luis Foxo do III Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas que como complemento a Feira do Viño preparan en Quiroga para este sábado.

Monforte na Onda 27/03/2018

Monforte na Onda 27/03/2018

Hoxe entrevistamos ao alcalde de Monforte a José Tomé Roca. Entre outros asuntos falamos con él da maratoniana sesión plenaria celebrada a última hora de onte. Antes e despois desta entrevista, o viño será o protagonista, conversamos cos adegueiros premiados na Feira do Viño de Amandi.

Monforte na Onda 26/03/2018

Monforte na Onda 26/03/2018

Abrimos programa conversando coa gaiteira Cristina Pato, pregoeira onte da Feira do Viño de Amandi. Na recta final do programa facemos tamén balance deste evento co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. Pero antes, conversamos con Lorena González e Ana Díaz da Asociación Amarcan preparadas para intervir no pleno de hoxe en Monforte. Os voceiros da oposición repasan tamén iniciativas que presentaron para ser debatidas nesta sesión.

Monforte na Onda 23/03/2016

Monforte na Onda 23/03/2016

Non só hai programas Erasmus para os estudantes, tamén existen para profesores, e pioneiros nesta zona en participar neles son un grupo de profesores do IES Río Cabe. Con eles empezamos hoxe. Buscamos a última hora sobre a Feira do Viño de Amandi, conversando co alcalde de Sober. Entrevistamos a autora do cartel promocional deste evento. Entre outros asuntos, escoitamos alegacións que presenta a Asociación de Veciños de O Saviñao ao expediente para declarar BIC a Ribeira Sacra e actividades que se preparan para os próximos días en distintos concellos desta zona sur.

Monforte na Onda 22/03/2018

Monforte na Onda 22/03/2018

Viños de xeo, crioconcentrados, criomacerados...experiencias que centran hoxe a xornada técnica que EVEGA celebra en Sober e da que falamos co director da Estación Enolóxica, Juan Casares. Co profesor Oscar Blanco repasamos actividades que esta semana están levando a cabo os alumnos do Colexio dos Escolapìos para analizar as posibilidades que ten a Ribeira Sacra de ser declarada Patrimonio da Humanidade. Tamén conversamos con Xosé Gago, un dos organizadores dunha andaina que se prepara en A Pobra do Brollón de promoción do Camiño de Inverno e do Castro de San Lourenzo. Entre outros asuntos, co presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez, facemos balance da pesenza desta D.O en Prowein.

Monforte na Onda 21/03/2018

Monforte na Onda 21/03/2018

Co obxectivo de visibilizar a Endometriosis máis de 60 comercios de Monforte visten hoxe os seus escaparates de amarelo. Unha campaña que promove a monfortina Marta Gallo coa que falamos no programa de hoxe. No espazo "Facendo Empresa" entrevistamos a Carlos Pérez de Terras de Maria Castaña gañador do Concurso da Fundación Semente de Monforte. Entre outros asuntos, no programa de hoxe temos tamén a representantes do persoal de Medicina Interna e Especialidades do Hospital Comarcal que valoran a Lei de Saúde aprobada onte no Parlamento Galego e declaracións que este luns fixo neste mesmo programa o xerente da EOXI.

Monforte na Onda 20/03/2016

Monforte na Onda 20/03/2016

A presa de A Pinguela non se pode recuperar e será eliminada. Abrimos hoxe programa falando desto co presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Francisco Marín. Con Ricardo Rodicio concelleiro de cultura do concello de A Pobra do Brollón falamos dos composteiros comunitarios que puxeron en marcha esta fin de semana. Entrevistamos ao xerente do GDR Ribeira Sacara - Courel, Martín Alemparte, que prepara para este mércores un programa de educación ambiental no Viveiro de Os Trollos. E con Cándido Pazó coñecemos máis de "Nacidas Libres" unha peza teatral que él escribiu e que se representa este xoves en Monforte.

Monforte na Onda 19/03/2018

Monforte na Onda 19/03/2018

Abrimos programa entrevistando a Ramón Ares, xerente da área de xestión integrada de Lugo, Cervo e Monforte. Con Severino Rodríguez, voceiro da Fundación Semente de Monforte, falamos do resultado do IV Concurso de Proxectos Empresariais que deron a coñecer o sábado. Repasamos iniciativas da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte coa educadora Luisa Astray e con José María Vega novos triunfos de deportistas monfortinos.