Monforte na Onda 16/03/2018

Monforte na Onda 16/03/2018

Abrimos o programa de hoxe falando das Festas de San Lázaro que hoxe empezan en Carude con José Luis Vázquez, membro da comisión de organizadora. Entre outros actuarán Os Parentes e hoxe entrevistamos a tres dos seus integrantes, Ánxeles Rodríguez, Oscar Alonso e Alfonso Campos. Con Trini López, axente de desenvolvemento local do concello de Monforte falamos do Mercado Medieval que se celebrará esta fin de semana na Praza de Abastos. Rematamos coñecendo, entre outras cousas, un proxecto que Prodeme ten previsto poñer en marcha na rúa Chantada e que hoxe presentou o xerente da citada asociación.

Monforte na Onda 15/03/2018

Monforte na Onda 15/03/2018

Abrimos programa conversando coa voceira dos ediles non adscritos, Pilar López, sobre a reunión que onte convocou sobre Prodeme. Con Susana Pérez e Xesús Verao falamos da Xornada de Dinamización do Rural que preparan en Sober para a fin de semana e entre outros asuntos, falamos co profesor David Cidre, da maridaxe que con viño de amandi prepararon hoxe na Escola de Hostelería de Rosende.

Monforte na Onda 14/03/2018

Monforte na Onda 14/03/2018

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" hoxe entrevistamos á promotora de "Miruxa". Conversamos co humorista Oswaldo Digón que este xoves actúa en Monforte. Entre outros asuntos, coñecemos algo máis do programa REDCASA que pon en marcha o SERGAS nos Centros de Saúde de Monforte e de Chantada.

Monforte na Onda 13/03/2018

Monforte na Onda 13/03/2018

Abrimos programa conversando con Alexandra Pérez, aínda sorprendida da repercusión acadada polo rap que compuxo para o día 8 de marzo. Lorena González e Ana Díaz, da Asociación Amarcan repasan proposta que presentan no concello para o próximo pleno que se celebre en Monforte. Entre outros asuntos, con Iván Vázquez da Axencia Comarcal de Extensión Agraria falamos dun acto informativo que preparan para este mércores sobre cambios na solicitude das axudas do PAC.

Monforte na Onda 12/03/2018

Monforte na Onda 12/03/2018

Abrimos programa conversando con Ramón Sandoval autor do libro "Zocas e decibelios". Entrevistamos a varios alumnos do IES A Pinguela que participaron do proxecto divulgativo sobre esgrafiados que se expón no concello de Sober. Repasamos propostas dos ediles non adscritos coa edil Pilar López e de CCOO co secretario de acción sindical Mario Docasar. Na recta final do programa entrevistamos ao adegueiro Primitivo Lareu, gran triunfador da Feira do Viño de Chantada.

Monforte na Onda 03/09/2018

Monforte na Onda 03/09/2018

Abrimos lembrando os actos de onte e repasando actividades que se van seguir celebrando para lembrar mulleres do Val de Lemos como o certame que organiza por quinto ano consecutivo o Colectivo Lemos Le e do que falamos con Antonio Vidal. Falamos da Feira do Viño de Chantada con Manuel Diéguez, concelleiro de cultura de Chantada e membro da comisión organizadora. Conversamos tamén co alcalde do concello de Monforte, José Tomé Roca.

Monforte na Onda 08/03/2018

Monforte na Onda 08/03/2018

Sumándonos coa palabra a todas aquelas que hoxe reclaman unha sociedade máis xusta e solidaria en todolos ámbitos da vida. Este 8 de Marzo non é un oito de marzo máis, é unha xornada histórica que esperamos que sirva para remover conciencias, para reflexionar sobre accións e comportamentos que seguro todos podemos corrixir para conseguir un mundo máis igualitario. Reflexionamos sobre todo esto coa concelleira de cultura do Concello de Monforte de Lemos Marina Doutón, Alexandra Pérez Prieto que pon "banda sonora" a esta xornada cun rap reivindicativo, a empresaria Manuela Rodríguez e Pilar Saavedra Codesido que se prepara para a concentración desta tarde ás 20h na Praza de España. Antes desta tertulia entrevistamos á Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella. Na recta final do programa conversamos con Sofía González, matrona do Hospital Comarcal.

Monforte na Onda 07/03/2018

Monforte na Onda 07/03/2018

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" repasando os 130 anos de historia da Panadería Salomé con Bienvenido Fleire. Entrevistamos ao doutor José Castro, internista do servizo de Medicina Interna do Hospital Comarcal de Monforte. Entre outros asuntos repasamos novas do concello de Sober co alcalde Luis Fernández Guitián e acompáñanos tamén o avogado Alberto Ferreiro.

Monforte na Onda 06/03/2018

Monforte na Onda 06/03/2018

Abrimos o programa conversando cos autores do cartel e do vídeo promocional da Feira Medieval de Monforte, Jose Carlos Quiroga Losada e Ivan Patiño Alvarez. Calzado monfortino en Rusia: Losal acude a Moscú a unha Feira. Falamos desto co empresario Gonzalo López. Con Carmen Aira, da secretaría da muller da CIG, falamos da Folga de Mulleres convocada para o xoves e da concentración que organizan en Monforte. Entre outros asuntos, falamos das consecuencias da falta de pediatras en varios centros de saúde nesta zona sur de Lugo.

Monforte na Onda 05/03/2018

Monforte na Onda 05/03/2018

Abrimos programa conversando coa deputada do BNG Olalla Rodil. Viaxa en tren entre Lugo e Ourense por Monforte para reivindicar "mellores servizos ferroviarios". Conversamos tamén coa presidenta da xunta de persoal do Hospital Comarcal, Teresa Fernández, sobre os motivos polos que se concentran de novo hoxe no Hospital Comarcal. Coa concelleira de cultura do Concello de Monforte de Lemos, Marina Douton, repasamos actividades que teñen organizadas para conmemorar o Día Internacional da Muller. Coa xerente de Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, Alexandra Seara, repasamos propostas para Semana Santa. E bronce en taekwondo no Campionato Nacional celebrado en Valladolid para Alex Camba de Neka Monforte, cóntanolo José María Vega. Entre outros asuntos rematamos falando do cartel e vídeo promocional da Feira Medieval de Monforte que se presenta hoxe.