Monforte na Onda 02/03/2018

Monforte na Onda 02/03/2018

Abrimos falando da Xornada Laboralista que organiza en Monforte o Colexio de Graduados Sociais cunha das colexiadas, Margarita Rodriguez, e coa primeira ponente, a ex presidenta do Tribunal Constitucional, Mª Emilia Casas. Co escritor Antón Lopo repasamos os actos que preparan para presentar este sábado unha edición actualizada de "Os Eidos" de Novoneyra. E co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, lembramos a Fidel Pérez Durán, todo un personaxe na Ribeira Sacra que será soterrado maña. Son entre outros, asuntos que repasamos no programa deste venres.

Monforte na Onda 01/03/2018

Monforte na Onda 01/03/2018

Abrimos programa entrevistando ao escritor Ramón Rodríguez Porto que este venres presenta un libro sobre o poeta monfortino Roberto Martínez de Andrade. Co xerente do CCU, Ángel Folgueira, repasamos actividades que teñen programadas para a fin de semana. Da necesidade de incrementar número de enfermeiras no Hospital Comarcal falamos coa delegada de Satse, Carmen Pardo. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos, entrevistamos tamén ao delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro.

Monforte na Onda 28/02/2018

Monforte na Onda 28/02/2018

A neve chegou a esta zona sur de Lugo. Repasamos incidencias no programa de hoxe pero tamén atendemos a outros asuntos da actualidade máis próxima. Para empezar, no espazo "Facendo Empresa" entrevistamos ao empresario do sector da hostalería Roberto Eireos. Co presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez, falamos da Xornada Laboralista que celebran o venres en Monforte. Beatriz Vila, da Asociación de Hostalería repasa actividades do "Estase Cocendo" que entra na recta final. E con Jacobo Feijoo de UUAA falamos da preocupación do sector agrario polos danos do xabaril.

Monforte na Onda 27/02/2018

Monforte na Onda 27/02/2018

O equipo de goberno do Concello de Monforte de Lemos quedou só no pleno celebrado a última hora de onte ao abandonar o mesmo a oposición. Polos micrófonos de Onda Cero Monforte de Lemos pasan hoxe os voceiros dos distintos grupos da oposición para valorar o acontecido e por parte do equipo de goberno escoitamos ao alcalde. Entre outros asuntos, entrevistamos a Enrique Sampil reelixido presidente do Círculo Cultural Recreativo de O Saviñao.

Monforte na Onda 26/02/2018

Monforte na Onda 26/02/2018

Abrimos programa conversando co presidente do CRDORS para valorar resultados da cata de cualificación da última colleita da D.O Ribeira Sacra. Co alcalde do concello de Sober, repasamos o programa de actividades do Mes do Amandi e da propia Feira do viño de Amandi que presentaba este pasado sábado en Cadeiras. E co alcalde de Pantón falamos dos orzamentos municipais que veñen de aprobar en pleno e de obras que van realizar, entre outros lugares, no Mosteiro das Bernardas, que o sábado visitou o Conselleiro de Cultura antes de percorrer o Camiño de Inverno entre Diomondi e Belesar.

Monforte na Onda 23/02/2018

Monforte na Onda 23/02/2018

O Conselleiro de Cultura percorrerá este sábado un treito do Camino de Invierno concretamente entre Diomondi e Belesar. Falamos desta visita coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno Aida Menendez Lorenzo. Tamén entrevistamos ao director médico do Balneario de Pantón, o doutor Antonio Freire Magariños, que hoxe recibe a unha vintena de estudantes de medicina que van participar entre hoxe e mañá dunhas xornadas de técnicas termais que se van a impartir neste Balneario. Conversamos tamén con José Vázquez, encargado de O Viveiro de Os Trollos e co escritor Carlos Babío que presenta esta tarde en Monforte o libro "Meirás, un pazo un caudillo un espolio". Coñecemos tamén na recta final do programa a nota que os expertos lle poñen a última colleita da D.O Ribeira Sacra.

Monforte na Onda 22/02/2018

Monforte na Onda 22/02/2018

Repasamos a actualidade máis próxima e hoxe entrevistamos ao alcalde do concello de Sober, Luis Fernández Guitián e o rexedor monfortino, José Tomé Roca.

Monforte na Onda 21/02/2018

Monforte na Onda 21/02/2018

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" hoxe con Genergal. Repasamos iniciativas que preparan para o próximo pleno os nacionalista de Monforte conversando co voceiro do Bng, Emilio Sánchez e tamén do grupo popular, niste caso coa voceira Julia Rodríguez. E co deputado do PSOE José Antonio Quiroga repasamos proposta que defende no Parlamento para o sector agrario.

Monforte na Onda 20/02/2018

Monforte na Onda 20/02/2018

Dende Esperta Monforte reclaman ao concello que deixe a rúa do Conde preparada para ser peatonalizada. Falamos desto coa voceira desta formación política Maribel García. Marta Rodríguez é unha das empresarias da rúa Calvo Sotelo, preguntámoslle pola apertura ao tráfico da citada rúa. Falamos de Teatro cunha das integrantes de A Panadaría que este xoves representan en Monforte a obra "Elisa e Marcela". A presidenta de Amarcan e unha vocal repasan propostas que agardan presentar no próximo pleno que celebre a corporación de Monforte. Entre outros asuntos, entrevistamos a Manuel Diéguez, membro da comisión organizadora da Feira do Viño de Chantada que foi presentada hoxe.

Monforte na Onda 19/02/2018

Monforte na Onda 19/02/2018

Abrimos felicitando a nova campioa de España de salto de altura á atleta monfortina Saleta Fernández. Entrevistamos tamén ao ultrafondista Fernando Ibarra que completaba con éxito o Desafío Camiño de Inverno cubrindo en 39 horas os 264 km entre Ponferrada e Santiago. Valoramos tamén a experiencia da iniciativa con Aida Menéndez, presidenta da Asociación promotora. Será despois de falar do Ictus e da importancia que ten o tempo de reacción co doutor Ramón Muñoz, coordinador do servizo de urxencias do Hospital Comarcal e coa supervisora Mónica López.