Monforte na Onda 16/02/2018

Monforte na Onda 16/02/2018

Abrimos programa conversando co urólogo Alejandro Sousa, que participou dunha viaxe solidaria a Nicaragua para facer intervencións cirúrxicas. Do Desafio Camiño de Inverno falamos co ultrafondista Fernado Ibarra e coa presidenta da Asociación promotora do reto, Aida Menéndez da Asociación Camiño de Inverno. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falamos coa responsable da administración de lotería de Quiroga onde se selou o boleto da Primitiva premiado con 1,5 millóns de euros.

Monforte na Onda 15/02/2018

Monforte na Onda 15/02/2018

Abrimos programa escoitando algunhas das coplas que se cantaron no enterro da sardiña para despedir o entroido en Monforte. Co presidente da Asociación O Colado do Vento, Oscar Alonso, repasamos actividades que teñen preparadas para esta fin de semana. Conversamos coa voceira do PP de Monforte que entre outras cousas anuncia obras da Xunta na Ronda Mª Emilia Casas e coa concelleira de turismo do concello de Quiroga, Rosa Arza, falamos do desfile que preparan para o domingo.

Monforte na Onda 14/02/2018

Monforte na Onda 14/02/2018

Abrimos programa falando co responsable de Patrimonio da Diócesis, César Carnero, sobre as obras que se van a realizar na igrexa de San Vicente do Pino. Do Coworking que votará a andar en Expo Lemos en marzo, falamos con Alfonso Martínez, responsable do mesmo. Entrevistamos ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca, despois da polémica aberta por non suspender o desfile do martes de entroido. E co técnico de cultura do concello de Pantón, Javier González, falamos do desfile que preparan para o sábado en Ferreira.

Monforte na Onda

Monforte na Onda 13/02/2018

Todo preparado en Monforte para celebrar o martes de entroido. O concello mantén o desfile. Falamos con representantes dalgunhas das comparsas participantes no mesmo, como a de Carude, a da Fundación Educativa Torre de Lemos ou cunha das de Sarria que se encargará de abrir o desfile. Tamén é o día grande do entroido en Escairón, buscamos a última hora conversando coa concelleira de cultura do citado concello, Beatriz Rois. Con Beatriz Vila da Asociación de Hostalería, falamos do Estase Cocendo e con Mar López Sotelo, da exposición que sobre esgrafiados inaugurou no Círculo.

Monforte na Onda 12/02/2018

Monforte na Onda 12/02/2018

Falamos de entroido no programa de hoxe. Do desfile que se prepara para este martes en Monforte, coa concelleira de cultura Marina Doutón, e do Oso de Salcedo, niste caso con Marisa Defente da Asociación de Veciños da citada localidade. Co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, repasamos o proxecto que van a poñer en marcha para aproveitamento de terras con vocación agraria e que están abandonadas. Empezamos repasando obras que se van acometer no edificio da Cruz Vermella en Monforte, co responsable de comunicación Manuel María López. E tamén conversamos coa atleta monfortina Saleta Fernández López, ouro sub 23 no Campionato de salto de altura celebrado en Salamanca onte .

Monforte na Onda 09/02/2018

Monforte na Onda 09/02/2018

Abrimos programa conversando con Eva Ferreira, directora da Escola Municipal de Teatro do concello de Sober seleccionada para o programa Dramaturxia do CDG. Con Verónica Contreras do Club Ribeira Sacra de Voleibol falamos das xogadoras seleccionadas pola Federación Galega. Entrevistamos ao cociñeiro Carlos González que levará a cociña da Ribeira Sacra a Ecuador. Con Lucas Vázquez, do colectivo Segredos de Pantón, repasamos acto que teñen preparado para esta tarde en defensa do bosque autóctono. Entre outros asuntos, co técnico de deportes do concello de Monforte, Oscar Rodríguez, falamos da carreira popular que se prepara para o 29 de abril.

Monforte na Onda 08/02/2018

Monforte na Onda 08/02/2018

Xoves de comadres no Val de Lemos. Abrimos programa falando con veciños de Distriz e de Ribasaltas,Javier e José, que nos falan desta tradición e do que representan hoxe. Atendemos a unha campaña posta en marcha por unha monfortina,Marta Gallo, para visibilizar a endometriosis. Conversamos co actor Carlos Blanco que hoxe apadriña en Monforte o X Estase Cocendo. E con Encarna Lago falamos das exposicións que hoxe se inauguran no Pazo de Tor. Entre outros asuntos falamos tamén do convenio que hoxe asina a Cruz Vermella coa Deputación e o Concello.

Monforte na Onda 07/02/2018

Monforte na Onda 07/02/2018

Pendentes do temporal de neve e de outros asuntos da actualidade máis próxima, abrimos programa falando das salas de escape que puxo en marcha a Casa dos Muros. Entrevistamos ao xerente da adega Via Romana, a piques de sacar ao mercado a nova colleita e co presidente do Consello Regulador da D.O Ribeira Sacra falamos das vendas do pasado ano. Adicamos tamén uns minutos a falar de "herencias".

Monforte na Onda 06/02/2018

Monforte na Onda 06/02/2018

Abrimos programa conversando con Vicente Vázquez de CIG-Saúde, denuncia cambios de turnos no Hospital Comarcal sen ter enconta aos traballadores afectados. Recollemos tamén reclamación da CGT, neste caso no ámbito ferroviario, conversando co coordenador do sector José Ramón Mourín. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, falamos do entroido de Salcedo con Marisa Defente e do Club Korbis de Voleibol con Jaime Vázquez.

Monforte na Onda 05/02/2018

Monforte na Onda 05/02/2018

Abrimos programa este luns repasando historia do entroido monfortino co investigador Felipe Aira Pardo. Día tamén de facer balance da manifestación celebrada onte en Santiago en Defensa da Sanidade Pública con representantes de Pladesapu de Monforte. Tamén entrevistamos hoxe ao alcalde do Concello de Sober despois de ser onte protagonista en Xantar.