Monforte na Onda 02/02/2018

Monforte na Onda 02/02/2018

Abrimos programa conversando co director do Colegio dos Escolapios de Monforte, Pablo Blanco, que repasa as actividades que estiveron desenvolvendo esta semana. Con Camilo López Pérez falamos das fotografías nocturnas que recolle na exposición que hoxe inaugura na casa de Monforte de Lemos. Tamén atendemos á Festa do San Brais que se celebra este sábado en Monforte, conversando co párroco Rafael Mella e con Bea Verao directora de Xograres de Lemos que estrea mañá un Himno adicado a este popular santo. Entre outros asuntos recollemos balance de actividade no Hospital Comarcal que hoxe repasaba o xerente.

Monforte na Onda 01/02/2018

Monforte na Onda 01/02/2018

Hoxe empeza oficialmente o entroido no Val de Lemos coa celebración do xoves de Compadres. Falamos deles no programa de hoxe coa concelleira de cultura do Concello de Monforte de Lemos, Marina Doutón. Conversamos tamén neste día co Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que hoxe reúnese no Hospital Comarcal con representantes dos traballadores e con membros de Pladesapu. Co responsable de UUAA para a comarca de Lemos, Mariano López Nieves, repasamos nova normativa europea para a aplicación de xurro. E entrevistamos ao corredor Fernando Ibarra que se prepara para facelo Camiño de Inverno en 48 horas entre Ponferrada e Santiago.

Monforte na Onda 31/01/2018

Monforte na Onda 31/01/2018

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que adicamos hoxe ao sector da automoción conversando con Roberto Novo de Autos Lemos. Entrevistamos ao alcalde do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda e tamén conversamos hoxe coa voceira do BNG no concello de Pantón, Rosana Prieto Florines. Entre otros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 30/01/2018

Monforte na Onda 30/01/2018

Este martes repasamos co alcalde do Concello de Monforte acordos do pleno celebrado a última hora de onte. Coa voceira de Pladesapu de Monforte, Paqui Vázquez, buscamos a última hora da concentración que celebraron esta medio día no Hospital Comarcal. Entrevistamos ao alcalde do Concello de Pantón, José Luis Álvarez e coa concelleira de cultura do Concello O Saviñao, Beatriz Rois, repasamos actividades que teñen preparadas para celebrar o entroido a partir xa deste mércores.

Monforte na Onda 29/01/2018

Monforte na Onda 29/01/2018

O Sergas sitúa os tempos de espera no Hospital Comarcal de Monforte entre os máis baixos de Galicia. Repasamos estes datos co xerente deste centro, Iván Sanz. O arquitecto técnico Felipe Fontecha cóntanos como preparou o proxecto que serve de base para derrubar as casas da rúa Calvo Sotelo. Coa voceira de Esperta Monforte, Maribel García, repasamos iniciativas que leva ao pleno de hoxe. Co técnico de cultura do Concello de Pantón, Javier González, falamos das actividades que preparan para o entroido e abrimos programa conversando coa enóloga Isabel Mijares que dirixiu en Enofusión unha cata de viños da D.O. Ribeira Sacra.

Monforte na Onda 26/01/2018

Monforte na Onda 26/01/2018

Abrimos programa este venres repasando con Aida Méndez actividades que preparan para este ano na Asociación de Amigos do Camiño de Inverno. Conversamos co voceiro de En Marea, Luis Villares, tras reunirse con membros da Plataforma Sanitaria e con membros da Xunta de persoal do Hospital Comarcal. Co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, repasamos previsións para abrir o tráfico a rúa Calvo Sotelo.

Monforte na Onda 25/01/2018

Monforte na Onda 25/01/2018

Abrimos falando con Gonzalo López González de novos nichos de mercado que explora a fábrica de calzado Losal. A voceira dos ediles non adscritos, Pilar López repasa iniciativas que levan ao pleno do luns. Veciños con negocios no Barrio da Estación quéixanse da perda económica que lles ocasiona ter pechada da rúa Calvo Sotelo. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, falamos do entroido Ribeirao e tamén da Festa do Cocido do Porco Celta.

Monforte na Onda 24/01/2018

Monforte na Onda 24/01/2018

Abrimos programa falando con Vicente Vázquez da concentración convocada diante o Hospital Comarcal. O voceiro do BNG, Emilio Sánchez, repasa moción que sobre seguridade viaria leva ao pleno do luns. No espazo "Facendo Empresa" conversamos con José Manuel Fernández, promotor dunha iniciativa que pon en marcha relacionada cos drons. Entre outros asuntos, tamén adicamos uns minutos do programa de hoxe a repasar co avogado Alberto Ferreiro, a importancia de facer testamento.

Monforte na Onda 23/01/2018

Monforte na Onda 23/01/2018

Abrimos conversando coa voceira do PP de Monforte, con Julia Rodríguez que repasa iniciativas que prepara para o próximo pleno. Entrevistamos ao actor Ernesto Chao que este xoves actua en Monforte con Redrum Teatro e entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falamos tamén dun novo triunfo do taekwondo monfortino en Francia.

Monforte na Onda 22/01/2018

Monforte na Onda 22/01/2018

Comezamos Monforte na Onda viaxando ata Enofusón para falar co presidente co Consello Regulador da D.O Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez. Con Paqui Vázquez, voceira de PLADESAPU, falamos da concentración que preparan para este mércores no Hospital Comarcal. Coa voceira do BNG no Saviñao, Antía Nieves, repasaremos as iniciativas que presentou esta formación no Parlamento de Galicia referidas á construción dun novo centro de saúde en Escairón. Con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CC.OO, coñecemos a situación dun veterano traballador da ITV de Monforte despedido pola empresa. E o presidente do Consorcio de Turismo, Luis Fernández Guitián, valora a presenza da Ribeira Sacra en Fitur.