Monforte na Onda 19/01/2018

Monforte na Onda 19/01/2018

Abrimos programa repasando iniciativas que teñen en marcha no IES Daviña Rey conversando con Isaac González, director deste Instituto. Con Rut Fernández, técnica do CRDORS falamos da cata que van facer en Enofusión. Representantes de CCOO denuncian falta de persoal no Hospital Comarcal, do deterioro dalgunhas áreas e de novos actos de protesta que preparan para a próxima semana. Falamos tamén da Festa dos Fachós que se prepara para esta noite en Castro Caldelas.

Monforte na Onda 18/01/2018

Monforte na Onda 18/01/2018

Abrimos falando coa xerente do Consorcio Turístico sobre a presentación que teñen programada este venres en Fitur. Con Evaristo Rodriguez de Adegas Moure repasamos o proxecto que teñen en marcha para sacar ao mercado vermú. Do Plan Especial de Protección dos Casco Histórico de Monforte falamos co constructor Manuel Sánchez e o arquitecto Ignacio de Loyola. Co doutor Sousa Escandón repasamos novas técnicas cirúrxicas que empezan a aplicar no Hospital de Monforte.

Monforte na Onda 17/01/2018

Monforte na Onda 17/01/2018

Abrimos programa conversando co presidente da Asoc. de Hostalería que hoxe presenta nova guía turístico-gastronómico da provincia en Fitur. No espazo "Facendo Empresa" coñecemos unha nova plataforma dixital que se pon en marcha na zona, "Enxebre web". Falamos co alcalde de Monforte do Plan Especial, dos pasos a seguir co mesmo, rematado o prazo de exposición pública. Co veterinario Honorio Buitrón, repasamos a nova Lei de Protección Animal. Entre outros asuntos, co alcalde de Sober repasamos preparativos para a Feira do Viño de Amandi.

Monforte na Onda 16/01/2018

Monforte na Onda 16/01/2018

Este martes abrimos programa conversando co profesor Xurxo Ayán Vila, director do proxecto de escavacións que se realizan no Castro de San Lourenzo, para facer balance da campaña levada a cabo este inverno. Co secretario de acción sindical de CCCOO na provincia de Lugo, Mario Docasar, repasamos a última estadística de afectados de silicose nestas terras do sur. En vésperas de que se inaugure Fitur, falamos con Xavier Almuiña, presidente da Asociación de Turismo Ribeira Sacra Rural e repasamos actividade do IES Río Cabe con Manuel Sánchez, director deste Instituto, que mandou a catro alumn@s e unha profesora ás Olimpiadas de Bioloxía.

Monforte na Onda 15/01/2018

Monforte na Onda 15/01/2018

Da decadencia de barrios como o da Estación en Monforte falamos hoxe co investigador Felipe Aira Pardo. Repasamos con José María Vega como foi o Campionato Galego de Taekuondo que onte se celebrou no Pavillón de A Pinguela con novos triunfos para os anfitrións Neka Monforte de Lemos. Falamos con Carlota Álvarez, de Afundación, de obradoiros de compadres que preparan para esta tarde en Monforte. Coa educadora Luisa Astray da Escola de pais e nais que agarda poñer en marcha a Unidad Asistencial de Drogodependencias. Escoitamos a Gelín Fernández que onte inaugurou exposición no Circulo Saviñao. Entre outros asuntos, na recta final atendemos a posta en marcha de NNXX en Monforte e escoitamos aos que interviron no acto de presentación.

Monforte na Onda 12/01/2018

Monforte na Onda 12/01/2018

Abrimos escoitando a Jaime Cantizano que estrea programa esta fin de semana. Conversamos co coordinador do sector ferroviario da CGT que denuncia falta de interventores en moitos dos trens que circulan por Galicia. Falta de persoal de enfermería no Hospital Comarcal denuncian niste caso dende CIG- Saúde. Entre outros asuntos, falamos tamén da nova revista do IES A Pinguela co director de este Instituto.

Monforte na Onda 11/01/2018

Monforte na Onda 11/01/2018

Con Antonio Rodríguez facemos balance da actividade turística do tren Aba Sacra. Entrevistamos ao xerente da Asociación Prodeme, Julio Cortiñas, ao presidente do CRAEGA, Francisco López Balladares e a José María Vega, do Club Taekwondo Neka que se prepara para o Campionato Galego que se celebra o domingo en Monforte.

Monforte na Onda 10/01/2018

Monforte na Onda 10/01/2018

No programa de hoxe entrevistamos a Carmen García de Satse Galicia, á psicóloga Mª Jiménez e ao alcalde do concello de Monforte, José Tomé Roca. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima estreamos novo espazo co avogado Alberto Ferreiro.

Monforte na Onda 09/01/2018

Monforte na Onda 09/01/2018

No programa de hoxe conversamos coa xogadora Nerea González, coa xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara e con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 08/01/2018

Monforte na Onda 08/01/2018

Repasamos a información máis próxima e entrevistamos a voceira do PP de Monforte, Julia Rodríguez e ao alcalde do concello de Sober, Luis Fernández Guitián.