14/11/2018
Monforte na Onda 14/11/2018

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" no que repasamos historia de Pastelería El Parque. Falamos do mercado de outono da Praza de Abastos coa técnica de desenvolvemento local Trini López. Repasamos actividades da Asociación de veciños da Florida conversando coa presidenta Mila Fernández. Entre outros asuntos preguntamos ao alcalde de Monforte sobre o Plan Especial e sobre as actuacións que poran en marcha en relación á casa que se derrubou na rúa Falagueira. Fala tamén do selado do vertedoiro de inertes.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
