Monforte na Onda 28/11/2018

Monforte na Onda 28/11/2018

Hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa" á adega Algueira e conversamos cos promotores, Fernando González e Ana Pérez. Entrevistamos á voceira do PP de Monforte, Julia Rodriguez. A voceira do BNG de Pantón, Rosana Prieto cóntanos por qué piden amparo á Valedora do Pobo. Sobre este asunto pronúnciase tamén o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez e entre outros asuntos, atendemos á concentración que Cogami organizou hoxe en Monforte.

Monforte na Onda 27/11/2018

Monforte na Onda 27/11/2018

Abrimos programa repasando actividades da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra coa presidenta, Aida Menéndez. Entrevistamos a José Tomé, o alcalde do concello de Monforte, que no pleno de onte non conseguiu aprobar os orzamentos. Falamos con Juan Casares, o director de Evega, da xornada técnica que hoxe realizan en Monforte no Centro de Experimentación Agraria. Entre outras cousas, repasamos triunfos do Taekwondo con José María Vega.

Monforte na Onda 26/11/2018

Monforte na Onda 26/11/2018

Abrimos programa repasando resultados da Cata Patrimonio Ribeira Sacra conversando cos organizadores. Da crise do PP falamos co secretario xeral do citado partido nesta provincia de Lugo, escoitamos tamén á presidenta local. Coa voceira de Esperta Monforte repasamos iniciativas que levan ao pleno de hoxe e tamén escoitamos propostas do BNG.

Monforte na Onda 23/11/2018

Monforte na Onda 23/11/2018

Programa especial desde o Centro do Viño. 5º Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra. Falamos cos organizadores, con catadores, coa directora técnica do CR da D.O Ribeira Sacra e co alcalde de Monforte.

Entrevista a Juan Carlos Armesto

Entrevista a Juan Carlos Armesto

Entrevista a Juan Carlos Armesto, secretario xeral do PP na provincia de Lugo sobre crise aberta no Partido Popular de Monforte.

Monforte na Onda 22/11/2018

Monforte na Onda 22/11/2018

Abrimos con "Los Jinetes del Trópico" que preparan concerto en Monforte para este venres. Toñito e Fernando presentan novas cancións. Con Javier Riera, falamos da intervención lumínica que prepara para este sábado en Eiré. Coa restauradora do retablo da Igrexa dos Escolapios, Vania López, buscamos a última hora sobre os traballos de limpeza que están realizando nesa peza de Fancisco De Moure. Conversamos co voceiro do PSOE no concello de Pantón, Pedro Rodriguez, sobre o proxecto da residencia da terceira idade que se vai construir en Ferreira e o escritor Lois Diéguez fálanos do acto que prepara para este sábado en Sober co colectivo O Colado do Vento. A renuncia de Roberto Eireos como cabeza de lista do PP en Monforte e a Cata Patrimonio Ribeira Sacra que empeza este venres, son outras das novas que repasamos neste programa.

Monforte na Onda 21/11/2018

Monforte na Onda 21/11/2018

Adicamos hoxe o espazo "Facendo Empresa" ao restaurante Merenzao e conversamos co cociñeiro e promotor deste negocio, Carlos González. Desconvocada a concentración prevista para este venres no barrio da Estación en Monforte, explica porque o presidente da Asociación de Veciños do Benfeita, Roberto Muñoz. Entrevistamos a integrantes do grupo de teatro afeccionado "Viraventos" que actúan este sábado en Monforte. Conversamos coa voceira do BNG no concello de Pantón, Rosana Prieto Florines e co adestrador de clube Neka, José María Vega, de volta do Campionato Mundial de Taekwondo.

Monforte na Onda 20/11/2018

Monforte na Onda 20/11/2018

Abrimos programa conversando coa ilustradora Estefanía Padullés que este sábado presenta novo libro en Monforte. Co arquitecto Ignacio de Loyola e co constructor Manuel Sánchez falamos do Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Monforte. Co alcalde de Pantón falamos, entre outras cousas, da residencia da terceira idade que nese concello vai construir a Deputación Provincial de Lugo. Repasamos orzamentos do concello de Monforte e a visita oficial que hoxe realiza a este concello o Delegado do Goberno, Javier Losada.

Monforte na Onda 19/11/2018

Monforte na Onda 19/11/2018

Abrimos falando de novos premios que reciben viños da D.O Ribeira Sacra cos adegueiros premiados Roberto Flammini e Ramón Marcos. Coa concelleira Marina Doutón repasamos actividades que organiza o concello de Monforte para conmemorar o Día Internacional da Violencia de Xénero. Co inspector Juan Mariñas buscamos a última hora sobre o caso de violencia de xénero que están investigando tras deter a unha muller. E felicitamos a Nemesia Fernández Rodríguez, veciña de Pantón que hoxe cumple 106 anos. Conversamos con Ermitas, a filla coa que vive.

Monforte na Onda 16/11/2018

Monforte na Onda 16/11/2018

Este venres celebramos o Día do Patrimonio falando do moito que temos nesta zona sur de Lugo co arqueólogo Iván Alvarez Merayo. Xornada de portas abertas no Ecomuseo Pazo de Arxeriz e falamos cunha das guías, Sonia Faria. No Concello de Sober o Colado do Vento ten organizada unha charla sobre "Os montes como cultura", conversamos co conferenciante, con Felipe Castro. E seguen as andainas outonizas no Concello de A Pobra do Brollón este domingo pola Ferreirúa da man de Noelia Besteiro coa que tamén conversamos hoxe.