Monforte na Onda 13/12/2018

Monforte na Onda 13/12/2018

Repasamos co alcalde do Concello de Pantón, José Luis Álvarez, como foi a reunión da Asociación de Concellos do Camiño de Inverno que se celebrou no citado concello. Co alcalde do Concello A Pobra Do Brollón, Xosé Lois Maceda, facemos balance das actividades turístico - culturais que realizaron este outono e repasamos novas tamén do Concello de Sober, co alcalde Luis Fernández Guitián. Entre outros asuntos, repasamos programación de Nadal en Monforte coa concelleira de cultura Marina Doutón.

Monforte na Onda 12/12/2018

Monforte na Onda 12/12/2018

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa", hoxe coñecemos Servican conversando co veterinario promotor, Jacobo Estévez Díaz. Falamos con Mario López da Plataforma Ferroviaria, sobre maquinistas que se incorporan o servizo en Monforte. Entrevistamos ao presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios, Mauricio Repeto, que teñen organizado este mércores congreso en Monforte. Entre outros asuntos, entrevistamos a Tamara Lebón Sánchez que hoxe inaugura exposición de fotografías na Casa da Cultura de Monforte.

Monforte na Onda 11/12/2018

Monforte na Onda 11/12/2018

O Colexio dos Escolapios prepara un belén vivente para o próximo luns. Falamos deste e outros actos que están organizando co director e unha profesora, Pablo Blanco e Rosa González. Entrevistamos ao presidente da Asociación Ribeira Sacra Rural, Francisco Javier Almuiña, que hoxe celebra asamblea. Entre outros asuntos falamos tamén co presidente da ONG "Ancianos del Mundo", o pai Miguel Vázquez, que prepara acto solidario para este venres.

Monforte na Onda 10/12/2018

Monforte na Onda 10/12/2018

Repasamos datos do paro na zona sur de Lugo con representantes de CCOO. Entrevistamos á voceira de Esperta Monforte. Falamos dun novo premio para o servizo de uroloxía do Hospital Comarcal de Monforte, co urólogo Sousa Escandón e, entre outros asuntos, repasamos novos triunfos do Taekwondo monfortino.

Monforte na Onda 07/12/2018

Monforte na Onda 07/12/2018

Falamos hoxe no programa das múltiples posibilidades de ocio que nos ofrecen estes días as terras do sur de Lugo. Desde o Túnel do Viño que se leva a cabo hoxe e mañá no Centro do Viño da Ribeira Sacra ata a XX edición da Festa da Pisa da Castaña en Froxán. Entrevistamos ao monologuista e actor Alberte Montes sobre o espectáculo solidario que presenta este serán no auditorio do Concello de Quiroga, e con Bárbara Ianotlavski que organiza un mercadiño de Nadal típico de Alemania, en Mer - Proendos, no Concello de Sober. Tamén falamos do VIII Certame de Cantos de Taberna que se celebra mañá no Concello de A Pobra do Brollón e repasamos como foi o X Concurso de tapas que remata hoxe, conversando co responsable da área de cultura Ricardo Rodicio.

Monforte na Onda 05/12/2018

Monforte na Onda 05/12/2018

Abrimos programa co espazo "Facendo empresa", hoxe conversamos con Brais Moure que puxo en marcha en Monforte unha empresa através da que desenvolve aplicacións para dispositivos móbiles. Coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara, repasamos ocupación na Ribeira Sacra. Falamos das luces de Nadal colocadas en Monforte, co rexedor local, José Tomé Roca e do prendido solidario que se prepara no Balneario de Pantón, con Santiago Villanueva, director deste establecemento. Entre outras cousas, repasamos novas do concello de Sober, conversando co alcalde, Luis Fernández Guitián.

Monforte na Onda 04/12/2018

Monforte na Onda 04/12/2018

Preparan novas intervencións na Igrexa dos Escolapios falamos delas co titor do centro, Javier Agudo. Entrevistamos á nova directora do Parador de turismo de San Vicente, Lilian Ferral que releva a Santiago Carreira, con quen tamén conversamos. Con Xesús Verao falamos da nova ruta de sendeirismo que preparan os comuneiros de Barantes, no concello de Sober. Entre outros asuntos, escoitamos ao secretario de organización de Ciudadanos Galicia que hoxe visita as instalacións de Prodeme.

Monforte na Onda 03/12/2018

Monforte na Onda 03/12/2018

Este luns abrimos programa conversando con dous deportistas de elite, Alex Camba e Elena Varela que fixeron historia para o taekwondo Monfortino participando no Campionato Mundial celebrado en Taipei. Cóntannos como foi esta experiencia. Conversamos coa educadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias, Luisa Astray. Coa coordenadora de Auxilia, Sofia Pardo e con Mar López Sotelo que ven de inaugurar unha exposición en Pantón. Entre outros asuntos, falamos tamén dos accesos ao porto seco e da polémica aberta entre o Concello e a Consellería de Infraestructuras sobre o proxecto para poder executalo.

Monforte na Onda 30/11/2018

Monforte na Onda 30/11/2018

Falamos do Museo Xeolóxico de Quiroga, que esta fin de semana cumpre sete anos, co alcalde do citado concello. Mónica Álvarez de Cogami, repasa os motivos que os levaron a concentrarse en diversos puntos reclamando edificios sen barreiras. Con Paula Vázquez Verao repasamos asamblea de Agroma Sober. Entre outras cousas falamos tamén do concurso de tapas que hoxe empeza no Concello de A Pobra do Brollón e de outras actividades que están organizando, co concelleiro de cultura Ricardo Rodicio.

Monforte na Onda 29/11/2018

Monforte na Onda 29/11/2018

Abrimos programa entrevistando a José Manuel Rodríguez, xerente da Cooperativa Lemos. Conversamos co alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, e entre outros asuntos, falamos de teatro coa actriz María Barcala que ten representación hoxe en Monforte con Teatro do Atlántico.