Monforte na Onda 28/12/2018

Monforte na Onda 28/12/2018

Falamos do acto de apoio da Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade que se celebra este venres en Pantón escoitando alguns dos participantes, como o presidente da Xunta, o Concelleiro de Cultura ou a escritora Dolores Redonda. Entrevistamos ao director da Banda Folk de Ribas de Sil, Roberto Castro. E con Aida Menéndez, falamos do concurso de fotografía que convoca a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra.

Monforte na Onda 27/12/2018

Monforte na Onda 27/12/2018

O Consello da Xunta aproba a declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural. Da importancia deste feito falamos coa historiadora Flora Enríquez e con José Manuel Rodríguez presidente do CRDORS. Facemos balance de 2018 cos xornalistas Ángel Arnáiz, Carlos Cortés de Luis Antonio Rodríguez. Entre outros asuntos, conversamos co presidente da Sociedade Filarmónica, Antonio Prado Cortiñas que hoxe pecha temporada co concerto da Familia Moriatov.

Monforte na Onda 26/12/2018

Monforte na Onda 26/12/2018

Campamento de Nadal para os nenos no Concello de Pantón que se completarán con teatro e actuacións musicais. Repasamos actividades co técnico de cultura Javier González. Falamos con Suso Soneira da Feira Avícola que se prepara no Concello de Sober para este venres. Coa xerente de Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, Alexandra Seara, facemos balance de 2018. E hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa" ao Coworking Ribeira Sacra que prepara nova edición para o próximo ano. Son, entre outros, asuntos que repasamos no programa de hoxe.

Monforte na Onda 24/12/2018

Monforte na Onda 24/12/2018

Falamos con Ana Eiréos, propietaria do establecemento monfortino que vendeu un décimo do premio gordo da lotaría de Nadal. Papá Noel sigue por estas terras e deixou un cargamento de agasallos na sede da Cruz Vermella para que ninguén se quede sen xoguetes este Nadal. Manuel María López, responsable de comunicación de Cruz Roja Española - Lugo agradece a colaboración recibida nesta nova campaña. Entre outros asuntos, preparámonos para as Festas falamos de Moda coa deseñadora Edith Del Valle e coa artesá Pili Rodriguez.

Monforte na Onda 21/12/2018

Monforte na Onda 21/12/2018

Abrimos programa conversando con José Manuel Rodríguez, presidente do CRDORS. Facemos balance do ano que estamos a piques de despedir no sector vitícola. E o trazado da A 76 segue xerando polémica, preguntámoslle ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que vai facer despois do aprobado no pleno celebrado en Monforte a última hora de onte. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 20/12/2018

Monforte na Onda 20/12/2018

Segue a polémica entorno ao trazado da A 76. Escoitamos argumentos encontra do voceiro do PSOE de Pantón Pedro Rodríguez e do vicepresidente da Asociación de Veciños de O Saviñao, Manuel Sarmiento. Repasamos actividades de Nadal que prepara o CCU de Monforte co xerente, Angel Folgueira e tamén actividades que se van realizar na Praza de Abastos, con Trini López, axente de desenvolvemento local e Carlos Pérez, presidente da Asociación de Praceiros. Coñecemos finalistas do Concurso Semente de Monforte conversando con Severino Rodríguez, membro desta asociación. E para coñecer algo máis da exposición que inaugurou o Colexio de Enxeñeiros no Muferga, entrevistamos ao subdelegado do mesmo, Juan Manuel López Labrada.

Monforte na Onda 19/12/2018

Monforte na Onda 19/12/2018

Hoxe no espazo "Facendo Empresa" repasamos a historia de OTECOA con Vitoriano Pérez. Repasamos co voceiro do BNG no concello de Monforte, Emilio Sánchez, iniciativas que levan ao pleno de mañá. Falamos de actividade formativa na Escola de Hostelería de Rosende, coa directora, Rebeca Vázquez. Entre outros asuntos, entrevistamos a Juan Carlos Armesto, confirmado que será o candidato do PP en O Saviñao.

Monforte na Onda 18/12/2018

Monforte na Onda 18/12/2018

Segue a polémica sobre o trazado da A 76. O PP de Monforte presenta ao próximo pleno unha moción sobre esta autovía. Falamos desto coa voceira do PP de Monforte, tamén escoitamos a valoración dos socialistas de Pantón. Conversamos do director do Colexio dos Escolapios, satisfeito co resultado do Belén Vivente que fixeron onte. Entrevistamos tamén a directora da Fundación Educativa Torre de Lemos que preparan representación para maña. Entre outros asuntos, conversamos tamén co presidente do Círculo Recreativo de O Saviñao que cumpre o venres 60 anos.

Monforte na Onda 17/12/2018

Monforte na Onda 17/12/2018

Abrimos programa entrevistando a Gonzalo Herrero director da Escola de Música Moderna que prepara Festival de Nadal e ten programada para este luns unha clase maxistral de guitarra. Falamos da Guía de Viños de Galicia que presenta Luis, Alejandro e Javier Paadín, con moi boas referencias paras os viños da D.O Ribeira Sacra. Con Aida Menéndez, presidenta da Asociación do Camiño de Inverno, repasamos acto do sábado e novo número da revista de Estudos que presentan o mércores. Entre outros asuntos, falamos tamén co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, que reclama o paso da A 76 polo seu concello.

Monforte na Onda 14/12/2018

Monforte na Onda 14/12/2018

No programa de hoxe repasamos co alcalde de Monforte o resultado da reunión da Comisión de seguimento da A 76 e outros tema da actualidade municipal. Do comercio, do sector vitícola, de actividade do BNG, entre outros asuntos entrevistamos tamén neste día ao presidente do colectivo cultural Segredos de Pantón.