Monforte na Onda 14/01/2019

Monforte na Onda 14/01/2019

Hoxe en Monforte na Onda facemos balance do que foi o ano 2018 para dous importantes museos que temos na comarca de Lemos. Falaremos co director do Ecomuseo Pazo de Arxeriz, José Antonio Quiroga e coa xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, sobre o Museo Pazo de Tor. Tamén conversaremos coa deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, sobre a proposta de investimento que fan dende esta formación política para os 600.000 euros que ían ser empregados para a fallida tirolina sobre o Sil entre miradoiros situados no Concello de Monforte de Lemos e no Concello de Castro Caldelas.

Monforte na Onda 11/01/2019

Monforte na Onda 11/01/2019

Premio Aresa 2018 para o Craega - Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia "polo seu destacado papel para a expansión da agricultura ecolóxica". Falamos co presidente deste Consello Regulador. Coa xefa do parque comarcal de bombeiros, buscamos a última hora sobre un incendio na tarde de onte en Chao do Fabeiro. Entre outros asuntos, repasamos actividade do colectivo Segredos de Pantón.

Monforte na Onda 10/01/2019

Monforte na Onda 10/01/2019

Abrimos programa conversando co xerente da Asociación Prodeme, Julio Cortiñas. Entrevistamos á xerente do Consorcio Provincial de bombeiros, Marta Rouco. Tamén conversamos co alcalde do concello de Pantón, José Luis Álvarez. Co técnico da IXP Pataca de Galicia, José Antonio Chao e co cociñeiro José Manuel Mallón. Recollemos tamén denuncias de Vicente Vázquez de CIG Saúde sobre supresión de prazas no Hospital Comarcal.

Monforte na Onda 09/01/2019

Monforte na Onda 09/01/2019

Hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa" a MásQfriky. Conversamos co promotora Lucía Méndez. Entrevistamos ao alcalde do concello de A Pobra do Brollón. O xerente do GDR Ribeira Sacra Caurel, e entre outros asuntos falamos tamén de taekwondo.

Monforte na Onda 08/01/2019

Monforte na Onda 08/01/2019

Abrimos programa falando das Xornadas Audiovisuais que Némesis Audiovisual organizou nos concello de zona co patrocinio do GDR. Co presidente do colectivo Segredos de Pantón, repasamos resultado do concurso de fotografía e proxectos nos que traballan. Repasamos novas do concello de Bóveda, conversando co alcalde do citado concello. Falamos dos traballos de poda que empezaron na Ribeira Sacra co encargado da Rectoral de Amandi. Entre outros asuntos falamos do curso de fotografía dixital que hoxe empeza en Monforte.

Monforte na Onda 07/01/2019

Monforte na Onda 07/01/2019

Abrimos programa entrevistando ao presidente do Club Lemos, Óscar López. No concello de Sober convocan concurso de carteis para a Feira do Viño de Amandi. Falamos desto e de outros asuntos da actualidade soberina co alcalde Luis Fernández Guitián. Con César Carnero, responsable de Patrimonio da Diócese de Lugo, repasamos con van as obras de San Vicente do Pino e novos proxectos para esta igrexa. E falamos tamén das rebaixas co presidente da Federación Galega de Comercio, con José María Seijas.

Monforte na Onda 04/01/2019

Monforte na Onda 04/01/2019

Abrimos programa conversando co meteorólogo Xoán Taboada que nos explica a "inmersión térmica" que vivimos estos días no Val de Lemos con néboas continuadas. Repasamos a completa axenda que teñen este sábado os Reis Magos que se multiplicarán en Cabalgatas e visitas por todos os concellos. Entrevistamos ao alcalde do concello de Monforte, José Tomé Roca. Entre outros asuntos, o presidente do Río Sil fálanos do partido solidario que preparan os equipos soberinos para este domingo para recadar cartos para a familia á que lle ardeo a casa en Barantes.

Monforte na Onda 03/01/2019

Monforte na Onda 03/01/2019

Fai balance de 2018 CCOO, conversamos co secretario de acción sindical Mario Docasar. Entre outros asuntos, entrevistamos ao alcalde de O Saviñao, Joaquín González que prepara relevo no concello despois de 28 anos de rexedor local.

Monforte na Onda 02/01/2019

Monforte na Onda 02/01/2019

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que adicamos hoxe a Rincón Finca El Carmen, empresa pioneira en Galicia de coaching con cabalos. Coa concelleira de cultura de Monforte, Marina Doutón, falamos da cabalgata que preparan para este sábado. Entrevistamos ao directo da Ribeira Sacra Jazz Orquestra, Miguel Ángel Rodríguez, que actúa este xoves en Monforte e co director do Hospital Comarcal, Iván Sanz, falamos de nacementos e novas incorporacións.

Monforte na Onda 31/12/2018

Monforte na Onda 31/12/2018

8.862 persoas fixeron neste 2018 o "Tour da viticultura heroica" no Tren Turístico Aba Sacra. Facemos balance co promotor, Antonio Rodríguez. Conversamos tamén co vicepresidente da Asociación veciñal do Saviñao, Manuel Sarmiento, rematan o ano solicitando formar parte da Plataforma en Defensa do Ferrocarril na Comarca de Lemos. Recollemos tamén no programa de hoxe balance de ano dos grupos da oposición no Concello de Monforte e recuperamos declaracións do presidente da Xunta, recollidas no acto celebrado en Pantón, en apoio da Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.