Monforte na Onda 28/01/2019

Monforte na Onda 28/01/2019

Buscamos a última hora sobre o posible peche da gardería "San Vicente Paúl" antiga Caixa Galicia, conversando co xerente da empresa xestora. Repasamos actividades que prepara Euforte Couching en colaboración da Asociación de loita contra o cancro para este mércores. Entre outros asuntos abrimos con novas do ámbito deportivo facendo balance do Campionato Galego de Taekwondo que onte se celebrou en Monforte. Repasamos tamén iniciativas que se preparan para o pleno de hoxe en Monforte.

Monforte na Onda 25/01/2019

Monforte na Onda 25/01/2019

No programa de hoxe falamos do programa de actividades que para este 2019 presenta a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra e conversamos coa voceira do PP de Monforte que dimite como presidenta local do partido. E repasamos mocións que preparan os grupos da oposición para o pleno do luns entre outros asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 24/01/2019

Monforte na Onda 24/01/2019

Abrimos programa conversando coa vice directora do IES Río Cabe para coñecer propostas nas que traballan e datos dunha exposición que teñen na biblioteca para visibilizar o traballo das mulleres. Falamos da presenza da Ribeira Sacra en Fitur coa xerente do Consorcio, entidade que hoxe presentou novas propostas para os turistas que visiten a zona. Co técnico de deportes do concello de Monforte falamos da Carreira Popular e das candidaturas para os premios ao deporte local.

Monforte na Onda 23/01/2019

Monforte na Onda 23/01/2019

Hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa" á adega Lar de Ricobao e falamos cun dos seus reponsables, Julio Quiroga Zarauza. Entrevistamos ao médico Rosendo Bugarín autor dun estudo sobre a pandemia de gripe de 1918. Entre outros asuntos, coñecido o candidato do PP en Monforte para as próximas eleccións municipais , conversamos coa presidenta local do partido Julia Rodríguez.

Monforte na Onda 22/01/2019

Monforte na Onda 22/01/2019

Remataremos falando do novo material turístico que presenta hoxe o alcalde do Concello de Monforte. Pero antes entrevistamos a María Abuín de "Máis que Romanico". Conversamos co actor César Cambeiro que estará este xoves en Monforte coa obra "Os Fillos do Sol". Entre outros asuntos falamos tamén con Ana Mesía, finalista cun traballo sobre a Ribeira Sacra nun concurso que se falla o xoves en Fitur.

Monforte na Onda 21/01/2019

Monforte na Onda 21/01/2019

Entrevistamos ao presidente da Asociación "O Sorriso de Daniel" Antonio Dieter. A deputada de En Marea Paula Vázquez repasa iniciativas que levan ao Parlamento relacionadas coas residencias de maiores. Co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, falamos da Feira do Viño de Amandi e coa técnica da D.O Ribeira Sacra Ruth Fernández falamos da presenza desta D.O en Enofusión. Recuperamos tamén unha conversa que Esther Eiros lle fixo ao Conselleiro de Cultura en Gente Viajera, falando entre outros asuntos da Ribeira Sacra.

Monforte na Onda 18/01/2019

Monforte na Onda 18/01/2019

Todo preparado en Castro Caldelas para cumprir este sábado coa tradición e celebrar unha das festas máis antigas de Galicia, a Festa dos Fachós, da que falamos coa alcaldesa do citado concello Inés Vega. E fai balance de 2018 a Asociación de Amigos do Camiño de Inverno. Repasamos esas actividades conversando coa presidenta Aida Menéndez. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 17/01/2019

Monforte na Onda 17/01/2019

Hoxe serán dous os temas fundamentais de Monforte na Onda. O premio que outorgou AkataVino Magazine á etiqueta do viño da Adega Malcavada da D.O. Ribeira Sacra, e a presentación da revista do Concello A Pobra Do Brollón "A Auga do Mollón". Falaremos con Humberto Loureiro, deseñador da citada etiqueta e tamén con Xosé Gago e Olga Novo, coordinador e colaboradora da revista. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 16/01/2019

Monforte na Onda 16/01/2019

Hoxe en Onda Cero Monforte falamos co voceiro da Asociación Veciñal do Saviñao, Manuel Sarmiento, sobre a proposta para a creación dunha ordenanza municipal que protexa o concello da plantación de eucaliptos. Tamén conversamos con Raquel Aira, profesora de galego no Ies Daviña Rey e coordinadora do proxecto "21 días co galego e +" no que participa alumnado do citado centro. E facemos balance da actividade da concellería de deportes do Concello Monforte de Lemos ó largo do 2018 conversando co titular da concellería e alcalde, José Tomé.

Monforte na Onda 15/01/2019

Monforte na Onda 15/01/2019

Hoxe abordamos a ausencia de médico fixo no centro de saúde de Seoane do Courel e tamén a proliferación de incendios na parroquia de Noceda nestes primeiros días do ano, conversando con Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel. Falamos da exposición de reloxos que podemos ver no Muferga - Museo do Ferrocarril Galicia falando co responsable da mesma, Domingo Pérez Somoza. Co secretario de acción sindical de CCOO Comisiones Obreras, Mario Docasar, abordamos a incidencia da silicose no sector da pizarra e outras novas do eido sindical. Tamén nos achegamos á proposta de orzamentos do Estado e á súa incidencia na comarca.