Monforte na Onda 11/02/2019

Monforte na Onda 11/02/2019

No programa de hoxe coñecemos como será a estación metereolóxica que se está construindo na zona da Pinguela conversando cun especialista de MeteoGalicia. Falamos do Estase Cocendo 2019 coa delegada da Asociación de Hostalería. Adiantamos que se prepara no Show Room de bodas e eventos que se prepara para a próxima fin de semana, conversando coas organizadoras. Atendemos tamén á asamblea de delegados de Paradores que se está celebrando hoxe en Monforte e entre outros asuntos, falamos tamén do recoñecemento que Quixós recibiu esta fin de semana.

Monforte na Onda 08/02/2019

Monforte na Onda 08/02/2019

Abrimos programa conversando co campión de España de Cliclocross, o monfortino Saúl López. Con Aida Menéndez, repasamos actividade que preparan polo Camiño de Inverno a partir deste domingo. Entrevistamos ao actor Monti Castiñeiras, compadre do Estase Cocendo 2019 que se presenta esta tarde. Entre outros asuntos, conversamos coa presidenta da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte, Paqui Vázquez.

Monforte na Onda 07/02/2019

Monforte na Onda 07/02/2019

Preparadas novas mobilizacións no ámbito sanitario. Repasámolas con representantes da Xunta de persoal do Hospital Comarcal de Monforte. Entrevistamos ao alcalde do concello de Pantón. Entre outros asuntos falamos co productor Iván Patiño. Un documental da sua productora Amanita, finalista aos premios Mestre Mateo.

Monforte na Onda 06/02/2019

Monforte na Onda 06/02/2019

Hoxe o espazo "Facendo Empresa" adicámolo ó mundo das ópticas e conversamos con David e Sonia González de Optinova. Entrevistamos á voceira do BNG do concello de Pantón, Rosana Prieto Florines. Coa directora do Colexio Novo, María Núñez, falamos da xornada única que agardan implantar no próximo curso. Entre outros asuntos falamos tamén dun libro sobre centenarios galegos que hoxe se presenta en Sober. Entrevistamos a Paula Gárate, presidenta da Asociación Sociocultural ASCM, promotora desta publicación. E da estación metereolóxica que se vai construir na zona de A Pinguela.

Monforte na Onda 05/02/2019

Monforte na Onda 05/02/2019

Abrimos conversando co adegueiro Evaristo Rodríguez dos novos rosados que veñen de presentar. Mónica Carballo, responsable da biblioteca municipal de Escairón, repasa novidades que presenta este servizo e como empregarán os cartos do premio "María Moliner". Repasamos novas do concello de Sober co alcalde, Luis Fernández Guitián. Entrevistamos ao director monfortino Dani de La torre despois dos tres Goya que recibiu a súa película La Sombra de La Ley e, entre outros asuntos, na recta final do programa conversamos co secretario de acción sindical de CCOO, Mario Docasar.

Monforte na Onda 04/02/2019

Monforte na Onda 04/02/2019

Estamos a un mes da celebración do entroido en Monforte, repasamos actividade coa concelleira de cultura Marina Doutón. Conmemórase hoxe o Día Mundial contra o cancro, falamos desta doenza coa oncóloga Begoña Campos. Repasamos triunfos do taekwondo monfortino en Alemania con José María Vega e conversamos coa atleta Saleta Fernández, satisfeita de ter contribuido para que o seu clube gañara a copa da raiña esta fin de semana.

Monforte na Onda 01/02/2019

Monforte na Onda 01/02/2019

Abrimos programa falando con Elisa Sapia de Albores de exposición que inauguran esta tarde. No IES A Pinguela prepáranse para competir a nivel nacional nun concurso do que falamos co profesor Javier Rodriguez. Con Isabel Mijares falamos da presencia da D.O Ribeira Sacra en Enofusión. Do San Brais e da festa que se prepara en San Vicente para o domingo falamos co párroco Rafael Mella e das rosquillas que van a ter tamén nesta festa moito protagonismo falamos coa pasteleira Clara González.

Monforte na Onda 31/01/2019

Monforte na Onda 31/01/2019

Abrimos programa conversando co cociñeiro Carlos J. Sánchez, candidato a mellor cociñeiro revelación no Forum Gastronómico. Falamos do programa Lugo Termal, escoitamos o que conta ao respecto o presidente da Deputación de Lugo, Dario Campos e o director do Balneario de Augas Santas, Santiago Villanueva, que explica o que representa para eles esta iniciativa. Co presidente do CRDORS facemos balance da presenza desta denominación en Enofusión. Evento do que falamos tamén con Evaristo Rodríguez de Adegas Moure. Entre outros asuntos, conversamos hoxe co urólogo Alejandro Sousa Escandón, do novo premio que ben de recibir este servizo do Hospital Comarcal de Monforte.

Monforte na Onda 30/01/2019

Monforte na Onda 30/01/2019

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" hoxe adicámolo a Marmoles e Granitos Grande, conversamos coa empresaria Dolores Iglesias. Coa Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, repasamos obxetivos da exposición que achegaron ao IES Río Cabe. A deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, da conta de iniciativas rexistradas no Parlamento, Co presidente da Asociación de Taxistas, Modesto Trigo, repasamos incrementos de tarifas que entrarán en vigor nas próximas semanas. Entre outros asuntos repasamos actividades do Día da Paz, co director do Colexio dos Escolapios.

Monforte na Onda 29/01/2019

Monforte na Onda 29/01/2019

Abrimos programa entrevistando ao candidato do PP á alcaldía de Monforte, a José Miguel González Lemos. Entre outros asuntos, conversamos tamén co alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Repasamos pleno celebrado a última hora de onte e outros asuntos da actualidade municipal.