Monforte na Onda 25/02/2019

Monforte na Onda 25/02/2019

No programa de hoxe entrevistamos a Ramón Ares, xerente da EOXI, falamos da reforma que se vai levar a cabo no Hospital Comarcal. Do resultado da Cata de Cualificación da última colleita da D.O Ribeira Sacra, falamos con presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodriguez. Fai historia hoxe a firma Gutrei sacrificando 10 bois galegos. Un fito que repasamos cun dos representantes da empresa, José Gutiérrez. Buscamos a última hora sobre o desaparecido que se busca no encoro de Os Peares e con Gonzalo Herrero da Escola de Música Moderna repasamos actividade que preparan para esta tarde cun dos grandes músicos galegos, Javier Constenla, que imparte clase maxistral de piano e improvisación.

Monforte na Onda 22/02/2019

Monforte na Onda 22/02/2019

Abrimos programa falando das viaxes en globo pola Ribeira Sacra que se programan a partir de maio, con Elena Estudillo. Coñecemos algo máis da xestora do PP en Monforte conversando co presidente da mesma Miguel González Lemos. Entre outros asuntos, entrevistamos ao xefe de oncoloxía da EOXI que preparan esta fin de semana en Monforte unhas xornadas sobre o cancro colo-rectal.

Monforte na Onda 21/02/2019

Monforte na Onda 21/02/2019

Arranca con forza o entroido na comarca de Lemos coa celebración dos compadres. Falamos dos de Monforte coa concelleira de cultura,Marina Doutón, dos de Pantón con Javier González, de actividades de Bóveda con Miriam Palmón, e entre outros, da festa que organizan en O Saviñao, coa concelleira Beatriz Rois. Dos danos ocasionados polo xabarín e da colaboración que se pide aos Tecores para controlados, falamos con representantes de UUAA. A voceira de Esperta Monforte repasa asuntos que leva ao próximo pleno e peticións relacionadas co Consello Municipal de Saúde que hoxe mesmo foi constituido. Asunto polo que preguntamos tamén ao rexedor local, co que buscamos tamén datos do documento que sobre o Corredor Atlántico que se presentou no Ministerio de Fomento.

Monforte na Onda 20/02/2019

Monforte na Onda 20/02/2019

Este xoves empeza oficialmente o entroido en Monforte coa celebración dos compadres. Hoxe falamos dos que se preparan en Carude, en Ribasaltas e tamén nos centros educativos, niste caso os que fai a ANPA do Ceip Monforte. Ademais entrevistamos á directora técnica do CRDORS que preparan Cata de Calificación da colleita de 2018 e entre outros asuntos, adicamos o espazo "Facendo Empresa" as "Galletas Mariñeiras Da Veiga".

Monforte na Onda 19/02/2019

Monforte na Onda 19/02/2019

Abrimos falando da concentración que houbo esta maña no Hospital Comarcal a que se sumaron traballadores do sector das ambulancias tamén en conflicto, como nos conta un dos representantes deste sector Christian López. Con Beatriz Pérez Pereira falamos do Día Internacional do Guía de Turismo que por primeira vez contempla actos na Ribeira Sacra. Conversamos co xerente do CCU, Ángel Folgueira, que prepara para esta fin de semana Feira de Oportunidades e con Mary Fé Martínez facemos balance do Show Room celebrado en Monforte sábado e domingo. Entre outros asuntos falamos de actividades que promove o Colexio de Folgoso do Courel coa profesora Lourdes González e un alumno, Arnau Visuña.

Monforte na Onda 18/02/2019

Monforte na Onda 18/02/2019

Repasamos propostas do colectivo Segredos de Pantón que organiza para a fin de semana unha nova andaina. Conversamos co alcalde do concello de Sober, co concelleiro de deportes do concello de O Saviñao, co coordinador do CB Val de Lemos e entre outros asuntos repasamos novo triunfos do taekwondo monfortino.

Monforte na Onda 15/02/2019

Monforte na Onda 15/02/2019

No programa de hoxe falamos coa directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo da candidatura que preparan para que a Ribeira Sacra poida ser Reserva da Biosfera. Entrevistamos a Emilio Sánchez, candidato do BNG á alcaldía de Monforte que hoxe será hoxe presentado oficialmente. Entre outros asuntos, con Carmen Rodríguez do CB Val de Lemos, falamos do "baby basket" que preparan para o domingo.

Monforte na Onda 14/02/2019

Monforte na Onda 14/02/2019

No programa de hoxe entrevistamos ao alcalde do concello de Monforte, José Tomé Roca. E entre outros asuntos atendemos tamén á representación teatral que Sarabela Teatro achega este xoves ao multiusos. Entrevistamos á actriz Fina Calleja.

Monforte na Onda 13/02/2019

Monforte na Onda 13/02/2019

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" conversamos co delegado para esta zona da Asociación de Xóvenes Empresarios, Ramón Díaz. Co responsable da Axencia de Extensión Agraria de Monforte, Iván Rodríguez falamos de axudas para restructuración do viñedo, de dereitos de plantación e das axudas da PAC. Entre outros asuntos, con Marisa López, falamos de Fiporco .

Monforte na Onda 12/02/2019

Monforte na Onda 12/02/2019

Da futura conversión en autovía dun treito do Corredor falamos con Francisco Méndez, director da Axencia Galega de Infraestructuras. Co filólogo Xosé Martínez repasamos efemérides para este 2019 relacionadas con Monforte e comarca. Entre outros asuntos, escoitamos aos sindicatos convocantes da concentración celebrada no Hospital Comarcal.