Monforte na Onda 11/03/2019

Monforte na Onda 11/03/2019

Concentración en Sober contra a violencia de xénero e en solidariedade coa familia da veciña asasinada o venres en Madrid. Falamos co alcalde soberino. Co técnico de cultura de Pantón falamos da Abadesa á que se lle vai adicar o Certame Mulleres para o 8 de Marzo do colectivo Lemos Le. Co director e profesoras do IES Río Cabe, repasamos novas fórmulas educativas nas que veñen de participar en varios países europeos. Entre outros asuntos, entrevistamos á voceira de Esperta Monforte que repasa asuntos que leva ao pleno de hoxe e actividade de precampaña coa que comezan este martes.

Monforte na Onda 08/03/2019

Monforte na Onda 08/03/2019

Hoxe compartimos este 8 M con catro mulleres que traballan en sectores nos que o habitual é atopar homes: Candy Rodriguez, veterinaria, Pili Sánchez, conductora de autobús, Paz Fernández, funeraria, e Meritxel Noya, taxista. Conversamos coa secretaria da muller da CIG, Carme Aira e con Maria Sánchez do Colectivo Feminista de Monforte repasamos actos que organizan neste día. Seguimento tamén da "Marcha pola Igualdade" celebrada en Monforte.

Monforte na Onda 07/03/2019

Monforte na Onda 07/03/2019

Abrimos hoxe programa conversando con Alexandra Pérez Prieto que intervirá nos actos que prepara o concello para celebrar o 8M. Falamos da Feira do Viño de Chantada que se celebra esta fin de semana con Manuel Diéguez. Entre outros asuntos, falamos tamén co técnico de cultura do concello de Pantón do desfile de entroido que preparan para este sábado.

Monforte na Onda 06/03/2019

Monforte na Onda 06/03/2019

Recollemos balance do desfile de entroido en Monforte coa concelleira de cultura, Marina Doutón. Entrevistamos ao adegueiro Fernando González e con José Manuel Gutiérrez que onte recibiu en Gutrei a unha delegación italiana. En vésperas de celebrarse o Día da Muller adicamos o espazo "Facendo Empresa" a unha empresaria dun sector maioritariamente de homes como é o das funerarias. Entrevistamos a Paz Fernández Campo.

Monforte na Onda 05/03/2019

Monforte na Onda 05/03/2019

Abrimos programa entrevistando ao Conselleiro do Medio Rural José González con él falamos do aproveitamento dos soutos e do Banco de Terra que amplia superficie en Sober. Conversamos tamén con representantes dalgunhas das comparsas que participarán no desfile de entroido que se celebra esta tarde en Monforte.

Monforte na Onda 04/03/2019

Monforte na Onda 04/03/2019

Abrimos programa con Lucas Vázquez do colectivo Segredos de Pantón que repasa resultado dun traballo de investigación que fixeron sobre as telleiras que había no citado concello. Visítanos o productor Iván Patiño co Mestre Mateo ao Mellor Documental que recibiu por "Idénticas". Coa concelleira de cultura Marina Doutón, repasamos actividades de entroido e do Día da Muller e entre outros asuntos repasamos novos triunfos do taekwondo monfortino, niste caso no Open de Andalucía, conversando co adestrador José María Vega.

Monforte na Onda 01/03/2019

Monforte na Onda 01/03/2019

Abrimos programa conversando con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería coa que repasamos actividades do "Estase Cocendo". Co responsable da Adega Guímaro, Pedro Rodríguez, repasamos novos éxitos desta adega. Co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, falamos do acordo do Consello da Xunta de declarar este concello de Interese Turístico. E da manifestación do domingo en LUGO falamos con Pilar Saavedra, representante do movemento feminista de Monforte.

Monforte na Onda 28/02/2019

Monforte na Onda 28/02/2019

Intenso xoves de comadres nesta zona sur de Lugo. Repasamos as que hai por Monforte e comarca conversando con algúns dos autores das mesmas e representantes de colectivos e colexios que manteñen viva a tradición. Repasamos que hai por Pantón, O Saviñao e A Pobra do Brollón e tamén falamos desta festa coa concelleira de cultura de Monforte. Falamos tamén do entroido de Salcedo coa presidenta da Asociación de Veciños, Noa Moreira, coa que abrimos o programa de hoxe.

Monforte na Onda 27/02/2019

Monforte na Onda 27/02/2019

Abrimos programa co espazo de "Facendo Empresa" que adicamos hoxe a Calzados Aira. Con representantes de CCOO falamos da recollida de firmas que hoxe realizan na rua Cardeal. Falamos do Coworking que se puxo en marcha en Expo Lemos. Das obras realizadas na Igrexa de San Vicente do Pingo e entrevistamos ao candidato do PSOE á alcaldía do concello de Sober.

Monforte na Onda 26/02/2019

Monforte na Onda 26/02/2019

Abrimos programa conversando con Ramón Rodríguez Buján, toda unha vida adicada a diversas iniciativas deportivas e musicais que repasamos con él. Falamos con Vicente Vázquez de Cig Saúde da concentración desta maña no Hospital Comarcal. Maria Núñez, directora do CEIP Monforte repasa como vai a xornada electoral que viven hoxe neste centro educativo e entre outros asuntos, co concelleiro de cultura de A Pobra do Brollón, Ricardo Rodicio, repasamos programa de entroido e outras actividades que están organizando para as próximas semanas no citado concello.