Monforte na Onda 26/03/2019

Monforte na Onda 26/03/2019

Retomáronse este martes as concentracións no Hospital Comarcal de Monforte, abrimos programa conversando coa presidenta da xunta de persoal, Teresa Fernández, e recollemos tamén a denuncia dunha veciña de Quiroga que leva dous anos agardando para ser operada de dúas hernias. Coa concelleira de cultura, Marina Doutón e o vicepresidente da Asociación Amigos do Patrimonio de Lemos, Jorge Vila, repasamos actos programados para conmemorar os enfrontamentos coas Tropas Napoleónicas. Coa concelleira de servizos sociais, Gloria Prada, falamos de iniciativas para integrar ás familias de etnia xitana que hai no concello de Monforte. Entre outros asuntos, repasamos tamén o pleno celebrado a última hora de onte.

Monforte na Onda 25/03/2019

Monforte na Onda 25/03/2019

Abrimos programa conversando co técnico de deportes do concello de Monforte, con Oscar Rodríguez, co que repasamos como foi a Carreira Popular celebrada onte. Iván Patiño cóntanos como fixo o vídeo promocional da Feira Medieval e outros proxectos. Conversamos tamén co autor do cartel promocional deste evento, José Carlos Quiroga. Co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, falamos da visita do Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, ao citado concello. Escoitamos tamén mensaxes que os líderes galegos do PP e do PSOE deixon en Monforte nos actos de presentación de candidatos nos que participaron.

Monforte na Onda 22/03/2019

Monforte na Onda 22/03/2019

Entrevistamos no programa de hoxe ao alcalde do concello de Monforte. Falamos con José Tomé Roca da situación económica do concello e da Feira Medieval, entre outros asuntos da actualidade municipal. Falamos das Xornadas Ornitolóxicas que se van celebrar en Sober esta fin de semana con Antonio Sandoval, membro da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Entre outros asuntos, con Daniel Rodríguez e Adrián Rodríguez repasamos novas propostas que preparan para a fin de semana para fomentar o desenvolvemento persoal.

Monforte na Onda 21/03/2019

Monforte na Onda 21/03/2019

Abrimos programa repasando coa xerente do Consorcio Turístico, actividades que preparan para Semana Santa. Celebramos o Día da Poesía conversando cun poeta que presenta hoxe o seu primeiro libro. De como pode afectar o cambio climático o sector vitícola na D.O Ribeira Sacra falamos con varios dos técnicos que hoxe participan en Pantón dunha xornada informativa sobre este asunto. Conversamos co alcalde de Bóveda que despois de 20 anos no cargo aspira á reelección. E co adestrador do Neka repasamos competicións de taekwondo.

Monforte na Onda 20/03/2019

Monforte na Onda 20/03/2019

No programa de hoxe entrevistamos á Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca, que hoxe participa en Monforte dunha xornada informativa dirixida a empresarios e emprendedores. Co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián repasamos actividades do "Mes do Amandi" e repasamos orzamentos que veñen de aprobar no citado concello. Entre outros asuntos no espazo "Facendo Empresa" falamos con Sonia Rodríguez de Peluquería Princess que, acompañada de Mery Dacal de Euforte, repasa tamén obxetivos do taller que preparan para pacientes oncolóxicos.

Monforte na Onda 18/03/2019

Monforte na Onda 18/03/2019

No programa de hoxe falamos da Asociación Semente de Monforte, dos premios que veñen de conceder e de novos proxectos. Conversamos con Severino Rodríguez voceiro da Asociación, con María Barbosa, en representación das empresas que forman parte da mesma, e con Andrea Hernández, en representación da empresa gañadora. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén coa voceira do PP de Monforte, Julia Rodríguez.

Monforte na Onda 15/03/2019

Monforte na Onda 15/03/2019

Un alumno do IES Río Cabe, Iván Vázquez, fálanos da folga de estudantes convocada para este venres. Repasamos novas do sector vitícola co presidente da Asociación Galega de Enólogos, Luis Buitrón. Con Sara Fernández, presidenta da Asociación Semente de Monforte falamos da entrega de premios que teñen preparada para maña. Coa enfermeira da Unidade Asistencial de Drogodependencias, Noemí Escobar repasamos iniciativas que poñen en marcha para que as embarazadas non fumen. Entre outros asuntos atendemos ao campionato provincial de taekwondo que se prepara maña en Taboada, con José María Vega.

Monforte na Onda 14/03/2019

Monforte na Onda 14/03/2019

Monforte será este sábado a capital galega do voleibol de base. Campionatos que repasamos con Manolo Martínez, director deportivo do C.V Ribeira Sacra. Entrevistamos á actriz Diana Mera, directora da compañía "Aporía Escénica" que hoxe trae a Monforte "30 e tantos ósos" e entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén con Abraham Caride, que hoxe inaugura exposición en Monforte.

Monforte na Onda 13/03/2019

Monforte na Onda 13/03/2019

Hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa" ao Parador de Turismo de San Vicente, conversamos coa directora Lilian Ferran, buscamos datos tamén do de Santo Estevo con Santiago Carrera. Das mobilizacións do persoal en Atención Primaria falamos co doutor José María Prieto. Entrevistamos ao xerente do GDR Ribeira Sacra Courel, Martin Alemparte, que prepara para a fin de semana unhas Xornadas Ornitolóxicas. E coa concelleira de Servizos Sociais de Monforte, Gloria Prada, falamos do "Programa Activa" para o que hoxe abre prazo de inscripción.

Monforte na Onda 12/03/2019

Monforte na Onda 12/03/2019

Boa parte da oposición abandonou o pleno celebrado en Monforte antes de que rematara. Explican motivos a voceira do PP e de Esperta Monforte e entrevistamos ao rexedor local, José Tomé Roca. Antes, con Vicente Vázquez de CIG Saúde, repasamos a última hora da concentración celebrada no Hospital Comarcal. Atendemos a novidades relacionadas co Castro de San Lourenzo conversando co arqueólogo Xurxo Ayán e abrimos programa falando do Círculo Recreativo de O Saviñao, conversando co presidente do mesmo, Enrique Sampil.