Monforte na Onda 09/04/2019

Monforte na Onda 09/04/2019

Falamos no programa de hoxe de viños rosados, da xornada técnica que se celebra en Sober, co director de Evega e coa directora técnica da D.O Ribeira Sacra. Con profesores dos Institutos Monfortinos atendemos á Mostra de Formación Profesional que están organizando para o día 30. Falamos do Festival de Brindos que se celebra este mércores en A Pobra do Brollón e do Torneo de Golf que se presentou hoxe en Pantón.

Monforte na Onda 08/04/2019

Monforte na Onda 08/04/2019

Abrimos programa falando do acenso do C.Lemos do presidente e co adestrador do citado clube. Repasamos actividade da Asociación do Camiño de Inverno coa presidenta. Co director e unha das profesoras repasamos actos que teñen en marcha no Colexio dos Escolapios para poñer en valor o propio edificio. Entre outros asuntos, conversamos tamén coa presidenta de Cior Galicia.

Monforte na Onda 05/04/2019

Monforte na Onda 05/04/2019

PROBA SUPERADA !!!! o Consejo de Patrimonio Histórico apoiará ante a UNESCO a Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade. Abrimos programa coa última hora sobre este importante e histórico feito sobre o que conversamos co Director General de Bellas Artes Román Fernández-Vacas, presidente tamén do citado Consello. Entrevistamos ao produtor Iván Patiño que hoxe estrea en Monforte "Idénticas", entre outros asuntos falamos tamén co presidente da Sociedade Filarmónica, Antonio Prado. Hoxe teñen preparado un concerto moi especial coa Familia Moriatov.

Monforte na Onda 04/04/2019

Monforte na Onda 04/04/2019

No programa de hoxe falamos dos fragmentos recuperados do o "Livro da Montaria" que pertenceu ao Cardeal Rodrigo de Castro. Alumn@s da Fundación Educativa Torre de Lemos, repasan experiencias da excursión de fin de curso e entre outros asuntos falamos do documental que hoxe se estrena en A Pobra do Brollón dentro do proxecto Adegas da Memoria.

Monforte na Onda 03/04/2019

Monforte na Onda 03/04/2019

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a Piensos Senra. Conversamos coa responsable da empresa María José Senra. Coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara, falamos da reunión que en Santo Estevo van celebrar os membros do Consello de Patrimonio Histórico para evaluar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Con Anxo Muiños, falamos do libro "O alén dos barqueiros" que hoxe presenta en Sober. Repasamos datos do paro e coeficientes reductores que se van aplicar aos traballadores do sector da pizarra, con Mario Docasar de CCOO. Co sarxento do destacamento de tráfico de Monforte repasamos a rocambolesca historia dun veciño francés que camiño de Marrocos, rematou desorientado en Monforte.

Monforte na Onda 02/04/2019

Monforte na Onda 02/04/2019

Abrimos programa con Antón Valcarce falando da novela que presenta este venres. Entrevistamos a voceira de Esperta Monforte, Maribel García, confirmada como candidata para as eleccións municipais. Falamos tamén co cociñeiro Quique Rodríguez, nomeado embaixador de "E para Comer Lugo". Entre outros asuntos, atendemos aos triunfos dos taekwondistas monfortinos no Campionato de Europa que hoxe empezou en Turquía e onde acadaron xa duas medallas de bronce.

Monforte na Onda 01/04/2019

Monforte na Onda 01/04/2019

Abrimos programa falando do CV Korbis con Jaime Vázquez. Repasamos premios dos taekwondistas monfortinos con José María Vega. Repasamos actividade promocional do C.R. para os viños D.O Ribeira Sacra con José Manuel Rodríguez. Coa veterinaria Eva Vázquez falamos dunha xornada de cunicultura que se está organizando para este mércores e repasamos actividade da Asociación de Veciños de O Saviñao conversando co vicepresidente Manuel Sarmiento.

Monforte na Onda 29/03/2019

Monforte na Onda 29/03/2019

Abrimos programa falando do proxecto "Adegas da Memoria" que poñen en marcha no concello de A Pobra do Brollón. Falamos do encontro de alumnos de conservatorio que acolle Monforte esta fin de semana e entre outros asuntos, conversamos co presidente do CRAEGA.

Monforte na Onda 28/03/2019

Monforte na Onda 28/03/2019

Presentada a "Caravana do Amandi", falamos dela co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. Co xefe de estudos da Escola de Hostalería, David Cidre, falamos de xornada de maridaxe que organizaron para este día. Conversamos co xefe de estudos do Ceip de A Gándara, Óscar González sobre os novos horarios que plantexan no centro para o próximo curso e coa presidenta da ANPA, Ana Méndez, falamos da consulta que organizaron sobre este mesmo asunto. Tamén conversamos co profesor Efraím Díaz, que esta tarde falará no Muferga de "Música e Ferrocarril". E coa técnica de ACADAR, Melisa Silva, falamos da guía que editaron sobre violencia sexual.

Monforte na Onda 27/03/2019

Monforte na Onda 27/03/2019

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a "Montaxes Eléctricos e Telecomunicacións Santos Héctor". Conversamos con Juan Carlos Díaz. Entrevistamos á poeta Olga Novo que presenta o sábado novo poemario. Falamos do secretario xeral de ASIME, Enrique Mallón, hoxe en Monforte onde ten programada reunión de traballo a xunta directiva da citada asociación. Entre outros asuntos, falamos tamén con Margarita Rodriguez Otero, que participará nas actividades conmemorativas da chegada a Monforte das tropas francesas en 1809.