Monforte na Onda 03/05/2019

Monforte na Onda 03/05/2019

Abrimos coa última hora sobre a casa que se derrubou na rua Calvo Sotelo. Fala deste suceso o rexedor local. Entrevistamos ao atleta Fernando Ibarra que ten por diante o reto de percorrer o Camiño de Inverno en 48 horas. Conversamos coa popular Julia Rodríguez, que se despide da política municipal e con Santiago Fernández de "Lucus Ensemble" falamos do concerto que preparan para esta tarde en Monforte.

Monforte na Onda 02/05/2019

Monforte na Onda 02/05/2019

Abrimos conversando coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra. Entrevistamos ao alcalde do concello de Monforte. Falamos coa xerente do Consorcio Turístico e co animador cultural do concello de A Pobra do Brollón.

Monforte na Onda 30/04/2019

Monforte na Onda 30/04/2019

Abrimos programa falando da Feira do viño de Vilachá de Salvadur co alcalde do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. Conversamos tamén coa voceira dos ediles non adscritos do concello de Monforte, Pilar López, que se despide da política. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos na recta final do programa.

Monforte na Onda 29/04/2019

Monforte na Onda 29/04/2019

No programa de hoxe repasamos resultados da xornada electoral celebrada onte e buscamos a última hora sobre a Mostra de F.P que teñen preparada para este martes os tres Institutos monfortinos con obradoiros, conferencias e mesas redondas entre outras actividades que repasamos.

Monforte na Onda 17/04/2019

Monforte na Onda 17/04/2019

Confirma Roberto Eireos que será o número 2 da candidatura do PP en Monforte e conversamos con él no programa de hoxe. Adicamos o espazo "Facendo Empresa" a unha nova empresa de servizos que se pon en marcha para a zona sur de Lugo "Volando Voy". Falamos da Feira do Viño de Quiroga, do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas e de novas propostas turísticas que para esta Semana Santa ten en marcha o Consorcio.

Monforte na Onda 16/04/2019

Monforte na Onda 16/04/2019

Abrimos programa falando dunha asociación que se pretende crear na Ribeira Sacra "Por un rural vivo". Entrevistamos a Felipe Castro, un dos voceiros. Repasamos programa da Feira Medieval co alcalde de Monforte, José Tomé Roca e entre outros asuntos o alcalde de Pantón, confirma que non inclúe a Roberto Eireos na candidatura coa que se presentará á reelección.

Monforte na Onda 15/04/2019

Monforte na Onda 15/04/2019

As montañas do Courel xa son Xeoparque Mundial da Unesco. Unha moi boa nova da que falamos co xerente do GDR Ribeira Sacra - Courel e vocal da Asociación promotora. Recollemos tamén valoración dos tres concellos implicados no proxecto. Falamos da nova residencia que para a terceira idade se vai a construir en Bóveda, co rexedor deste concello e coa coordinadora da empresa promotora. Entre outros asuntos, repasamos programa da Feira do Viño de Amandi co rexedor soberino.

Monforte na Onda 15/04/2019

Monforte na Onda 15/04/2019

No programa de hoxe entrevistamos á nova candidata o PP de Monforte, Katherinie Varela Fernández, pasa de ser segunda na lista a encabezala tras renunciar Miguel González. Falamos dos viños premiados na Feira do Viño de Amandi con Bruno Lovelle organizador da cata e co adegueiro Emilio Rodríguez. Entre outros asuntos, coa directora do Parador e co cociñeiro deste establecemento repasamos propostas para a Feira Medieval.

Monforte na Onda 11/04/2019

Monforte na Onda 11/04/2019

Entrevistamos no programa de hoxe a María do Ceo que pregoará o domingo a Feira do Viño de Amandi. Rodrigo Coucheiro é o autor do cartel deste evento e pasa hoxe tamén polos nosos micrófonos. Conversamos con Xoque Carbajal un dos actores da obra que representa hoxe no multiusos Malasombra Producións. Coa deputada Paula Vázquez Verao repasamos o ciclo de debates que abren hoxe sobre a Ribeira Sacra e co animador cultural de A Pobra do Brollón, Xosé Gago, falamos do segundo episodio de Adegas da Memoria e outras actividades que preparan para os próximos días.

Monforte na Onda 10/04/2019

Monforte na Onda 10/04/2019

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos ao Grupo Raúl Servizos. Conversamos con Sergio Díaz. Por terceiro ano consecutivo o grupo Gin Toni's actuará na Feira do Viño de Amandi. Empeza xira e estrea disco. Cóntanolo Andrés Montes. Falamos con Ángel Martínez, que expón a sua obra na Casa da Cultura de Monforte. Coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara, repasamos previsións de ocupación para Semana Santa. Falamos tamén da consulta que sobre "Monarquía ou República" se vai celebrar este sábado en Monforte. Adrián Casanova é un dos organizadores e explícanos os motivos desta iniciativa.