Monforte na Onda 20/05/2019

Monforte na Onda 20/05/2019

O debate electoral do programa de hoxe é cos candidatos do concello de A Pobra do Brollón. Antes repasamos novas do sector da hostalería coa delegada da Asociación na zona, con Beatriz Vila que prepara para este xoves a presentación do concurso de tapas. Conversamos co presidente do CRAEGA, Francisco López Valladares, que unha vez máis alerta sobre o perigo de que Monforte deixe de ser a sede deste consello regulador. Atendemos a polémica aberta entre o CRDORS e o Concello de Monforte pola organización do Festival do Viño, e repasamos tamén campaña electoral.

Monforte na Onda 16/05/2019

Monforte na Onda 16/05/2019

Debate electoral hoxe cos candidatos do concello de Sober. Antes falamos da enquisa feita sobre intención de voto en Monforte coa directora e con algún dos alumnos da Fundación Educativa Torre de Lemos que participaron da iniciativa. Co filólogo Xosé Martínez repasamos actividade e estudos que fixo Antonio Fraguas sobre as Terras de Lemos.

Monforte na Onda 15/05/2019

Monforte na Onda 15/05/2019

Hoxe debate dos candidatos do concello de O Saviñao e atendemos tamén a actividades que se preparan para o día das Letras Galegas no Ecomuseo de Arxeriz, na biblioteca de O Saviñao e no concello de Bóveda. E abrimos programa entrevistando á actriz e presentadora Eva Iglesias que este domingo pregoará a Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón.

Monforte na Onda 14/05/2019

Monforte na Onda 14/05/2019

Debate electoral hoxe cos candidatos do concello de Pantón. Antes conversamos con Lucía Pérez, que hoxe empeza a xira "Quince Soles". Falamos da produción de cereixas na zona de Belesar e da festa de exaltación deste froito que preparan para esta fin de semana. Entre outros asuntos, repasamos tamén actividade que a Mesa Lemos programa para os próximos días.

Monforte na Onda 13/05/2019

Monforte na Onda 13/05/2019

Abrimos programa falando do aceite de Quiroga conversando co profesor e investigador José Espinosa. Chega o Correlingua a Monforte e conversamos coa coordinadora desta actividades con Lucia Barreira. Tamén conversamos con Sonia Carnero, autora do cartel das Festas Patronais de Monforte e co fotógrafo Fernando Redondo que hoxe inaugura exposición na Casa da Cultura. Entre outros asuntos, falamos tamén dos éxitos do voleibol con Jaime Vázquez do Korbis e Verónica Contreras do CV Ribeira Sacra e con José María Vega, repasamos resultados do taekwondo.

Monforte na Onda 10/05/19

Monforte na Onda 10/05/19

Hoxe entrevistamos á candidata á alcaldía de Monforte por Ciudadanos, Mercedes Marcos. Con Leticia Vila e Tania Pérez falamos da Asociación Feminista FemForte que veñen de crear e da presentación que preparan para hoxe. Falamos da Mostra do aceite de Quiroga que se celebra este domingo co productor Manuel Mondelo. Entre outros asuntos tamén atendemos a IV Olimpiada Escolar que hai organizada en Monforte para este domingo. Falamos desta actividade co presidente da Anpa do IES Daviña Rey, Jesús Miguel Domínguez.

Monforte na Onda 09/05/2019

Monforte na Onda 09/05/2019

Abrimos programa conversando coa candidata de Esperta Monforte, Maribel García. Repasamos novas do ámbito sanitario co responsable do servizo de urxencias do Hospital Comarcal Dr. Ramón Múñoz e o médico do 061 Miguel Freire e escoitamos a testemuña de Sara que con 19 anos sofriu o pasado ano un Ictus afortunadamente hoxe totalmente recuperada. Conversamos coa presidenta do Barrio de Cobas e das actividades que siguen realizando en Vilachá para divulgar proxectos arqueolóxicos semellantes aos que teñen en marcha no citado concello.

Monforte na Onda 08/05/2019

Monforte na Onda 08/05/2019

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a SICYME, falamos con Mariano Méndez. Entrevistamos ao candidato do BNG en Monforte, Emilio Sánchez. Da Festa dos Maios falamos coa concelleira de cultura Marina Doutón e atendemos tamén as "Vilacharlas" conversamos co conferenciante de hoxe, con David González.

Monforte na Onda 07/05/2019

Monforte na Onda 07/05/2019

Abrimos programa falando do paro nesta zona sur de Lugo co secretario de acción sindical de CCOO Mario Docasar. Co xefe de estudos da Escola de Hostelería de Rosende, David Cidre, falamos do programa Erasmus do que van participar a partir do próximo curso. Entrevistamos á candidata do PP en Monforte Katherinie Varela. Falamos de hípica con Mario Jiménez e Anabel Soto, e entre outros asuntos falamos tamén do concurso para renovar o servizo de bus urbano no concello de Monforte.

Monforte na Onda 06/05/2019

Monforte na Onda 06/05/2019

No programa de hoxe repasamos premios da Gala do Deporte celebrada en Monforte este pasado sábado conversando co técnico de deportes Óscar Rodríguez. Tamén falamos con Fernando Ibarra Carbón. Reto máis que superado, fixo o Camiño de Inverno esta fin de semana en 36 horas. Falamos con él da experiencia. Con Paula Vázquez Verao falamos do manifesto presentado por unha decena de candidaturas independentes "POR UN RURAL VIVO". Entre outros asuntos, tamén entrevistamos a Juan Pablo López, encargado hoxe de abrir as Vilacharlas de divulgación arqueolóxica que se poñen en marcha no Concello de A Pobra do Brollón.