Monforte na Onda 04/06/2019

Monforte na Onda 04/06/2019

Abrimos programa entrevistando a Quique Rodríguez, director técnico do CumeTapas. Da Rota do Románico falamos co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez e coa coordinadora Flora Enriquez. Entre outros asuntos, tamén conversamos con Nuria López, a veciña de O Saviñao Campioa de España de atletismo en cadeira de rodas.

Monforte na Onda 03/06/2019

Monforte na Onda 03/06/2019

O alcalde electo de Monforte postúlase como candidato a presidir a Deputación de Lugo. Sobre este asunto preguntamos a José Tomé Roca na recta final do programa. Antes con Marta Villén, da Ruta do Viño da Ribeira Sacra repasamos actividades que teñen organizadas para as Xornadas de Portas Abertas. Repasamos novos premios que ven de recibir o servizo de uroloxía do Hospital Comarcal de Monforte conversando co Doutor Alejandro Sousa Escandón. Con Jaime Vázquez do Korbis falamos do ascenso das cadetes e con José María Vega repasamos novas medallas que recolle o taekwondo monfortino.

Monforte na Onda 31/05/2019

Monforte na Onda 31/05/2019

O candidato do PSOE no concello de A Pobra do Brollón, Javier González, renuncia á acta de concelleiro gañada o domingo e explícanos os motivos. Analizamos resultados electorais do BNG en Monforte co candidato Emilio Sánchez. Última hora do Neka e do Korbis, as cadetes deste último xogan hoxe o ascenso. Entre outros asuntos, atendemos tamén ao libro de poemas que Emilio Arauxo adica á Ribeira Sacra. Será presentado maña e entrevistamos ao editor a Antón Lopo.

Monforte na Onda 30/05/2019

Monforte na Onda 30/05/2019

Abrimos programa entrevistando ao Conselleiro de Cultura Román Rodríguez que anunciou no Parlamento a licitación dun Plan que coordine actuacións na Ribeira Sacra. Conversamos co alcalde en funcións de Monforte, José Tomé, que busca apoios para que sexa deste concello o deputado provincial socialista que lle toca a este partido xudicial. Falamos coa escritora Begoña Ibarrola de educación emocional, asunto sobre o que hoxe pronuncia unha conferencia en Monforte e coa educadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte, Luisa Astray, repasamos actividades que preparan para celebrar mañá o Día Mundial Sen Tabaco.

Monforte na Onda 28/05/2019

Monforte na Onda 28/05/2019

Falamos da Festa das Cereixas e do Aceite que se celebra esta fin de semana en San Clodio co tenente alcalde Roberto Castro. Con Martín Alemparte, coodenador do Xeoparque Montañas do Courel repasamos actividades que programaron para sumarse á Semana Europea de Xeoparques. Con César Carnero, responsable de Patrimonio da Diócese de Lugo, falamos das obras que se van realizar na igrexa de San Vicente. Entrevistamos ao alcalde de Sober que gobernará outros catro anos con máis maioría da que tiña e prepara xa pleno de investidura e fai balance da xornada electoral Mercedes Marcos, candidata de Ciudadanos en Monforte.

Monforte na Onda 27/05/2019

Monforte na Onda 27/05/2019

Analizamos no programa de hoxe os resultados das eleccións de onte con xornalistas monfortinos da prensa escrita e co reelixido alcalde de Monforte. Conversamos tamén coa candidata do PP e escoitamos valoracións do resto dos candidatos de Monforte e doutros concellos da comarca de Lemos.

Monforte na Onda 24/05/2019

Monforte na Onda 24/05/2019

Atendemos no programa de hoxe o achado de restos humanos prehistóricos nas escavacións que hai en marcha en Vilachá. Entrevistamos ao arqueólogo Xurxo Ayán director deste proxecto. Co director do Conservatorio Municipal, Fernando Sanmartino, falamos do concerto de debutantes que teñen organizado para esta tarde. Tamén atendemos ao acto que acolle hoxe o Colexio dos Escolapios onde Coca Cola fará entrega dos premios do Concurso de Relato Curto. Falamos do "coche terapéutico", hoxe entregado no Hospital de Monforte. Entre outros asuntos, repasamos última xornada da campaña electoral.

Monforte na Onda 23/05/2019

Monforte na Onda 23/05/2019

Abrimos programa con novas do sector vitícola. Actividades promocionais nas que participan os adegueiros Antonio Lombardía e Fernando González. Con eles falamos hoxe. Entrevistamos a Lucía Rodríguez, madriña do CumeTapas que se presenta esta tarde en Monforte. Entre outros asuntos escoitamos a dúas candidatas a eurodeputadas, Ana Miranda e Lidia Senra.

Monforte na Onda 22/05/2019

Monforte na Onda 22/05/2019

Hoxe debate electoral cos cinco candidatos á Alcaldía do concello de Monforte. Entre outros asuntos falamos con Pablo Méndez, autor da exposición de acuarelas inaugurada no Centro do Viño.

Monforte na Onda 21/05/2019

Monforte na Onda 21/05/2019

No debate electoral de hoxe os candidatos do concello de Bóveda. Pero falamos tamén do mercado de flores e plantas que se prepara para fin de semana na Praza de Abastos con Trini López. Co escritor Antonio Reigosa falamos do libro que presenta este venres en Monforte e repasamos coa directora técnica do club Quicela, Jesica Quiroga, os triunfos desta fin de semana con 20 medallas no campionato de ximnasia rítmica.