Monforte na Onda 18/06/2019

Monforte na Onda 18/06/2019

UUAA denuncia impagos a explotacións gandeiras de toda Galicia por parte de primeiros compradores. Entrevistamos a Félix Porto, responsable da área externa do citado sindicato. Con alumnos, profesores e director do IES Río Cabe falamos do proxecto polo que foron premiados por fomentar o consumo responsable. Coa adestradora do CV Ribeira Sacra, Verónica Contreras, repasamos o paso das cadetes polo Campionato de España e con José Luis Saco do Club Quixós repasamos nova temporada de paseos en barca.

Monforte na Onda 17/06/2019

Monforte na Onda 17/06/2019

Hoxe conversamos co único alcalde que se estrena como tal na Comarca de Lemos, Carlos Armesto en O Saviñao. Repasamos propostas que leva ao pleno de organización o alcalde de Monforte, José Tomé, despois de prometer de novo cargo o sábado. Escoitamos previsións que ten o presidente do Grupo Hotusa para o Hotel Pazo de Sober, que reabre este xoves e entre outros asuntos, repasamos con Jaime Vázquez, como foi o paso do Korbis polo Campionato Nacional de Voleibol celebrado en Castellón.

Monforte na Onda 14/06/2019

Monforte na Onda 14/06/2019

Joaquín González despídese da alcaldía do concello de O Saviñao despois de 28 anos de alcalde. Falamos con él no programa de hoxe. Tamén conversamos con Luis Fernández Guitián que xurará como alcalde de Sober esta mesma noite. O alcalde de Monforte en funcións da a coñecer como reparte as tarefas de goberno no seu grupo. Falamos con Andrés Montes dos Gin Tonic´s que actúan este sábado nas Festa de San Antonio. Con Marta Villén buscamos a última hora sobre as actividades da Ruta do Viño.

Monforte na Onda 13/06/2019

Monforte na Onda 13/06/2019

Xornada de festa local hoxe en Monforte, aproveitamos para repasar a historia do barrio de San Antonio co investigador local Felipe Aira e co párroco Manuel Vázquez Gil. Entre outros asuntos, repasamos a última hora dos Campionatos Nacionais de Voleibol con representación monfortina.

Monforte na Onda 12/06/2019

Monforte na Onda 12/06/2019

Repasamos o mercado inmobiliario de Monforte e comarca con María del Carmen González de Adaix. Co director da Axencia Galega de Infraestructuras, Francisco Menéndez, falamos dos accesos do Porto Seco á N 120. Con Iván Merayo e Eva Ferreira falamos da exposición que inauguraron en Sober sobre violencia de xénero. Con Fernando Sanmartino repasamos actividade do Conservatorio de Música Municipal. E atendemos tamén ás Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra presentadas na tarde de onte.

fo

Monforte na Onda 11/06/2019

Abrimos programa repasando resultados do Cume Tapas coa delegada da Asociación de Hostelería, Beatriz Vila, e con Nazaret Rodríguez, representante do establecemento gañador. Falamos das Festas do Barrio de San Antón con Mon López. Co director do IES Río Cabe, Carlos Parada, repasamos entre outras cousas, premios recibidos neste Instituto. E buscamos a última hora dos equipos cadetes de Ribeira Sacra e Korbis, que van camiño ao Campionato Nacional de Voleibol, as féminas a Almería e os mozos a Castellón.

Monforte na Onda 10/06/2016

Monforte na Onda 10/06/2016

Entrevistamos ao tenente alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro que se postula como candidato a deputado provincial polo partido xudicial de Lemos, ao que aspira tamén o alcalde en funcións do concello de Monforte. Co presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, falamos da exposición que sobre "Manuel Rodríguez López" inauguran en Monforte. Con Dora Fernández, directora do colexio de A Pobra do Brollón, falamos de varios programas que teñen en marcha coa biblioteca do centro como protagonista. Falamos tamén do novo disco que hoxe presenta en Monforte Marco Foxo, escoitamos que nos conta él deste novo traballo pero tamén o seu pai Xosé Lois Foxo e artistas participantes do mesmo como Lucía Pérez e Xavier Vizcaíno.

Monforte na Onda 07/06/2019

Monforte na Onda 07/06/2019

No programa de hoxe entrevistamos ao adegueiro José María Prieto que sacará ao mercado o primeiro viño da D.O Ribeira Sacra con once anos de garda.Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos, tamén entrevistamos á profesora Antonia Pérez, que hoxe abre as Xornadas da Rota do Románico de Pantón cunha charla sobre os cemiterios.

Monforte na Onda 06/06/2019

Monforte na Onda 06/06/2019

Falamos das propostas que para este verán prepara a Escola de Música Moderna. Da Feira de Maquetismo Ferroviario que se vai celebrar no Muferga a partir de maña. Do premio de Agader para o GDR Ribeira Sacra -Courel. Entre outros asuntos falamos tamén do encontro que vai celebrar na Ribeira Sacra a Asociación de Policía Motorizada Ángeles Guardianes.

Monforte na Onda 05/06/2019

Monforte na Onda 05/06/2019

No programa de hoxe contamos coa presenza dos membros do xurado técnico do CumeTapas. Falamos con eles e coa delegada da Asociación promotora do concurso. Repasamos datos do paro con representantes do ámbito sindical. Falamos da Guerra da Independencia e do Batallón Monforte co coronel José Fernando Navas que este venres fala en Monforte sobre esto. Entre outros asuntos, adicamos hoxe o espazo Facendo Empresa a "Íntimas".