Monforte na Onda 03/07/2019

Monforte na Onda 03/07/2019

Abrimos programa conversando con Iván Patiño para repasar programa do Fancine de Lemos que se vai celebrar en Monforte do 25 ó 28 de Xullo. Falamos da implantación do Código Sepsis na Área Sanitaria de Lemos, cos doutores Ramón Muñoz e Cristina Sardiña. Facemos balance das xornadas de barranquismo celebradas nas Montañas do Courel conversando con Martín Alemparte, xerente do GDR Ribera Sacra - Courel. Tamén entrevistamos a José Luis Álvarez, presidente da Banda de Música de Sober que se prepara para celebrar o 150 aniversario da Banda de Música. Repasamos algunhas das actividades programadas.

Monforte na Onda 02/07/2019

Monforte na Onda 02/07/2019

Programa especial desde a adega Rectoral de Amandi. Falamos con representantes da citada adega. Co presidente do CRDORS. Falamos tamén con viticultores, un que leva toda a vida adicado ao sector e outro que está empezando. Conversamos tamén cunha profesora do ciclo de viticultura que se imparte na Escola de Hostelería de Rosende e acompáñanos tamén o responsable do Restaurante O Grelo.

Monforte na Onda 01/07/2019

Monforte na Onda 01/07/2019

A atleta monfortina Saleta Fernández campioa de España sub 23. Falamos con ela no programa de hoxe. Tamén atendemos ao Lemos e a asamblea de socios que preparan para hoxe. Falamos tamén de golf. Do campionato feminino que están preparando no Campo de Augas Santas, coas mellores golfistas do mundo. Coa xerente do Consorcio Turístico repasamos previsións para o mes de xullo e facemos balance do mes que ven de rematar. Entre outros asuntos, falamos tamén dos presupostos do Concello de Monforte que o equipo de goberno leva a pleno este xoves.

Monforte na Onda 28/06/2019

Monforte na Onda 28/06/2019

Repasamos con profesores do IES Río Cabe novas iniciativas educativas nas que participaron ao longo deste curso. Repasamos novas do concello de Sober conversando co alcalde do citado concello. Entrevistamos á nova concelleira de igualdade e muller do concello de Monforte, Margarita López, e buscamos a última hora das actividades que programa para este sábado o CCU conversando co coordinador dos desfiles que preparan a pé de rúa.

Monforte na Onda 27/06/2019

Monforte na Onda 27/06/2019

Abrimos programa conversando con Emilio Sánchez, voceiro do BNG no concello de Monforte. Vicente Vázquez de Cig Saúde, denuncia o peche de camas no Hospital Comarcal e con él repasamos tamén composición da xunta de persoal. Entre outros asuntos falamos da cea maridaxe que prepara para este venres o Parador de Turismo e Adega Guímaro, co adegueiro e o cociñeiro.

Monforte na Onda 26/06/2019

Monforte na Onda 26/06/2019

Hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa" a un hotel canino e felino que se abre no concello de A Pobra do Brollón, falamos coa promotora Shenia Monterde. Repasamos premios do Cumetapas con Beatriz Vila, da Asociación de Hostalería e con Marcel Shaal, integrante do xurado técnico. Conversamos co presidente da Coral de Chantada que xuntan na citada localidade este domingo unha trintena de corais de toda Galicia e co historiador Felipe Senén falamos da cristianización da Ribeira Sacra.

Monforte na Onda 25/06/2019

Monforte na Onda 25/06/2019

Presentada unha nova empresa que se puxo en marcha no polígono de O Reboredo. Fala dela o promotor e o alcalde de Monforte. Con Mar López Sotelo, falamos do concurso de fotografía que ten en marcha sobre a viticultura na Ribeira Sacra. Temática que recolle a exposición que se ven de inaugurar no Centro do Viño e da que falamos coa comisaria Cristina de la Torre. Falamos tamén das propiedades do aceite de Quiroga cunha profesora da Universidade de Córdoba que fixo un estudo sobre as características do mesmo. Entre outros asuntos, repasamos resultados do Neka.

Monforte na Onda 24/06/2019

Monforte na Onda 24/06/2019

Abrimos programa conversando con Ángel Folgueira, xerente do CCU de Monforte. Repasamos actividades que teñen programadas a partir xa deste mércores. Entrevistamos á voceira de Esperta Monforte, Maribel García e ao alcalde do concello de Quiroga, Julio Álvarez. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade mais próxima.

Monforte na Onda 20/06/2019

Monforte na Onda 20/06/2019

Repasamos no programa de hoxe a situación do sector hostaleiro con representantes do citado sector. Falamos do traballo de investigación que promove o GDR Ribeira Sacra - Courel sobre o glaciarismo nesta zona e entre outros asuntos repasamos novas do sector vitícola conversando co presidente do CRDORS.

Monforte na Onda 19/06/2019

Monforte na Onda 19/06/2019

O alcalde de Monforte ten cada vez máis posibilidades de convertirse en presidente da Deputación de Lugo. Buscamos a última hora sobre este asunto conversando con él. Da folga en Atención Primaria falamos cun dos médicos que a secunda no Centro de Saúde de Monforte, José María Prieto. Conversamos con profesores e alumnos do IES da Pinguela sobre a formación en prácticas que veñen de rematar en empresas galegas pero tamén do estranxeiro. E adicamos o espazo "Facendo Empresa" ao Centro Galego de Estudos.