Monforte na Onda 13/08/2019

Monforte na Onda 13/08/2019

Abrimos programa falando co cociñeiro Quique Rodríguez. A directora do Parador, Lilian Ferradal, repasa o proxecto que poñen en marcha de 0 residuos. Falamos de novos achádegos nas escavacións do Castro de San Lourenzo co arqueólogo Xosé Gago. Con Mario Docasar de CCOO falamos dunha reclamación sen precedentes na zona para que se indemnice unha incautación feita nos anos 30 do século pasado. E conversamos tamén co fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel. Fotos que fixo do Camiño de Santiago estiveron expostas no Festival Celtibérico de Lorient.

Monforte na Onda 12/08/2019

Monforte na Onda 12/08/2019

Abrimos programa en Sober na Feira da Rosca. Falamos das Festas de Monforte e recuperamos pregón de Lucía Pérez. Entrevistamos ao coleccionista José Luis Martínez Montero. Con Alfonso Losada repasamos novas do sector vitícola e falamos tamén con Patricia Varela do movemento "Enfermeiras en Loita" que hoxe se concentraron en diversos puntos de Galicia, entre eles o Hospital de Monforte.

Monforte na Onda 09/08/2019

Monforte na Onda 09/08/2019

Por diante unha fin de semana chea de actividades que repasamos no programa de hoxe. Conversamos con representantes do grupo Swing Sentido que actúa hoxe en Monforte. Entrevistamos a Carlos Diéguez director da Banda Sinfónica de Galicia, ex membro da Banda de Música de Sober e que maña participa dos actos de homenaxe a esta última formación. Conversamos coa delegada da Asociación de Hostalería Beatriz Vila que hoxe entrega os premios do Cume Tapas e con Marisa Sobrino que prepara actos para recadar fondos para a loita contra o cancro. Entrevistamos tamén a directora xeral de Patrimonio Belén Docampo sobre a candidatura da Ribeira Sacra e o Caurel como Reserva da Biosfera.

Monforte na Onda 08/08/2019

Monforte na Onda 08/08/2019

Abrimos programa falando do Colexio dos Escolapios e do seu fundador co investigador Felipe Aira. Co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, falamos das Festas Patronais e repasamos outros asuntos da actualidade local. E entrevistamos ao escritor Carlos Villarubia que presenta este venres novo libro en Monforte.

Monforte na Onda 07/08/2019

Monforte na Onda 07/08/2019

Abrimos programa falando co sumiller Bruno Lobelle do Túnel do Viño de Amandi que preparan en Sober para esta fin de semana. Escoitamos a valoración que fai dos viños da D.O Ribeira Sacra Javier Luengo do grupo de Cata de Peñín. Entrevistamos á cantante Lucía Pérez que se prepara para exercer o domingo de pregoeira das Festas de Monforte. Pili Chaos fálanos da exposición de fotografía que inaugurou no Muferga. Entre outros asuntos ocupámonos tamén do Torneo de volei praia que prepara o Korbis e que presentaron hoxe.

Monforte na Onda 06/08/2019

Monforte na Onda 06/08/2019

Atendemos no programa de hoxe á tradicional carreira de burros das Festas de Escairón escoitando algún dos xinetes protagonistas e ao alcalde do concello de O Saviñao. Coa xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra repasamos datos de ocupación do mes de xullo e previsións para agosto. Falamos do Festival "Carude Rock" con dous dos organizadores e entre outros asuntos, atendemos tamén á nova campaña de escavacións no Castro de San Lourenzo conversando co arqueólogo director do proxecto.

Monforte na Onda 05/08/2019

Monforte na Onda 05/08/2019

No programa de hoxe repasamos con Alfonso Losada novas do sector vitícola. Entrevistamos á investigadora Mar Bóveda Pérez que o venres moderou a mesa redonda que o venres abriu os actos do IV Centenario da Consagración da Igrexa da Nosa Señora da Antiga. Entre outros asuntos conversamos tamén co alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, das celebracións do 150 aniversario da Banda de Música e repasamos outros asuntos de actualidade no citado concello.

Monforte na Onda 08/07/2019

Monforte na Onda 08/07/2019

Abrimos programa con novas do sector vitícola, conversando con Alfonso Losada. Repasamos premios da Cata dos Viños da DO Ribeira Sacra. Entrevistamos á voceira do PP Katy Varela. Co alcalde de Monforte, José Tomé, facemos balance do Festival do Viño da Ribeira Sacra. E repasamos novos triunfos do taekwondo monfortino co adestrador José María Vega.

Monforte na Onda 05/07/2019

Monforte na Onda 05/07/2019

Entrevistamos ao alcalde do concello de Monforte. Falamos con Tomé Roca dos presupostos e do Festival do Viño da Ribeira Sacra que se inaugura esta tarde. Conversamos co director de Nova Galega de Danza e cunha das integrantes do grupo Habelas Hainas que actúan hoxe en Monforte. Son entre outros, asuntos da actualidade máis próxima que repasamos ao longo do programa.

Monforte na Onda 04/07/2019

Monforte na Onda 04/07/2019

Inauguramos espazo adicado ao sector vitícola conversando con Alfonso Losada, o experto que nos acompañará este verán todos os luns. Falamos con Ramón Losada do Festival Trece Roeis que se está preparando en Pantón. Da Festa Guímara do concello de A Pobra do Brollón falamos con Mónica Rodríguez e das visitas guiadas polo románico da Ribeira Sacra programadas para este verán, con María Abuín.