Más de uno Monforte 13/09/2019

Más de uno Monforte 13/09/2019

Repasamos calendario festivo desta fin de semana como as Festas de Sober das que da conta o alcalde Luis Fernández Guitián. Coa cantante Lucía Pérez falamos da xira "A Roda da Igualdade". Con Miguel García repasamos a "Batalla de Grupos 13 Roeis" que se celebra este sábado en Ferreira e e entre outros asuntos, co xornalista Ángel Arnáiz, lembramos ao fotógrafo monfortino Arcadio Vila Díaz finado na xornada de onte.

Más de uno Monforte 12/09/2019

Más de uno Monforte 12/09/2019

Falamos das Xornadas Científicas que sobre o Camiño de Inverno se inauguran este venres en Monforte con Aida Menéndez, presidenta da Asociación promotora. Co investigador Felipe Aira recuperamos memoria dunha romería que antes de celebraba en Monforte, no Campo da Virxe. Con Lucas Vázquez do colectivo Segredos e Pantón falamos das investigacións que levaron a cabo sobre o antigo Priorato de San Román de Moreda e repasamos novas do ámbito deportivo con José María Vega.

Más de uno Monforte 11/09/2019

Más de uno Monforte 11/09/2019

Normalidade no inicio do curso escolar en Monforte e comarca. Falamos coa directora do Ceip Monforte e co director do Ceip A Gándara. Entrevistamos ao alcalde de Monforte. Repasamos programa das Festas de Ribasaltas cun dos membros da comisión organizadora e tamén conversamos cunha das integrantes da Asociación Espiga que organizan unhas xornadas sobre Bioconstrucción que inauguran este venres.

Máis de uno Monforte 10/09/2019

Máis de uno Monforte 10/09/2019

Fixado para o día 19 o inicio da vendima na D.O Ribeira Sacra. Falamos desta campaña co presidente do Consello Regulador José Manuel Rodríguez. O adegueiro Pablo González fala do viño elaborado coas uvas recollidas na primeira vendima nocturna feita nesta D.O. Entre outros asuntos, repasamos novas do concello de A Pobra do Brollón conversando co alcalde, Xosé Lois Maceda.

Monforte na Onda 09/09/2019

Monforte na Onda 09/09/2019

Abrimos programa repasando novas do sector vitícola con Alfonso Losada. Con Mario Crecente e Isabel Aguirre falamos do Seminario sobre o Camiño de Inverno celebrado en terras soberinas e entre outros asuntos falamos tamén con Teresa Grau e Vitoria Rodríguez dun grupo de terapia para pacientes oncolóxicos que retoma actividade este martes en Monforte.

Más de uno Monforte 06/09/2019

Más de uno Monforte 06/09/2019

Falamos do incendio da tarde de onte e escoitamos a veciños que o viviron de preto. Escoitamos aos alcaldes dos concellos afectados, como o de Monforte e Pantón, entre outras voces que xurden reclamando máis control sobre a limpeza das franxas de seguridade, caso da voceira do BNG pantones. Repasamos festas da Fin de semana, como a Romería de Augasantas, conversando cun dos membros da comisión organizadora e abrimos programa falando do Festival do Paradiso que se celebra mañá no Parque dos Condes con representantes da Asociación promotora.

Monforte na Onda 05/09/2019

Monforte na Onda 05/09/2019

O Concello de Monforte de Lemos conmemora este venres o Día Europeo da Cultura Xudía con actos que repasamos co investigador Felipe Aira. Co xerente do CCU, Ángel Folgueira, falamos de actividades que preparan para poñer en valor o comercio local. Coa tenente alcalde do concello monfortino, Gloria Prada, repasamos datos da oficina de turismo. Entre outros asuntos, atendemos tamén á concentración moteira que organiza nesta zona a Asociación da Policía Motorizada Ángeles Guardianes.

Monforte na Onda 04/09/2019

Monforte na Onda 04/09/2019

A exposición de "Esgrafiados na Ribeira Sacra" de Mar López será inaugurada esta tarde na Casa da Cultura de Monforte. Abrimos programa falando con esta divulgadora. Mario Docasar, de CCOO analiza os datos do paro nesta zona sur de Lugo. Co mestre Jesús González Fernández falamos do documental que sobre O Incio fixeron nenos do citado concello e repasamos oferta educativa do IES Río Cabe conversando con Carlos Parada, director deste Instituto.

Monforte na Onda 16/08/2019

Monforte na Onda 16/08/2019

Último día de Festas en Monforte pero ás portas dunha fin de semana chea de actividades. No programa falamos con Miguel González do Festival "Trece Roeis" que se celebra este sábado en Ferreira de Pantón. Da Festa da Malla que se vai celebrar en Turiz falamos co presidente da Asociación de Veciños José Luis Quiroga. Da Festa da Empanada de Ribasaltas falamos con José Luis G.Ortiz, presidente da Asociación de Veciños organizadora do evento. Da recreación romana que preparan en Quiroga falamos con Andrés Novoa. Da Feira de Oportunidades que organiza esta fin de semana o CCU danos máis información Ángel Folgueira, xerente do Centro Comercial. E falamos tamén do ron galego que se vai empezar a comercializar o día 24. Un proxecto no que participa Juan Luis Méndez, responsable da adega Vía Romana.

Monforte na Onda 14/08/2019

Monforte na Onda 14/08/2019

Ecuador das Festas Patronais de Monforte que repasamos coa concelleira de cultura Marina Doutón. Dos actos adicados á patrona da cidade falamos con María Jesús González. Con Paloma Rodríguez repasamos novas propostas que nos ofertan este verán en Adegas Moure e con Víctor Manuel Rodríguez de Val da Lenda falamos do novo viño de barrica que acaba de presentar. Tamén nos ocupamos do Campus do CV Ribeira Sacra presentado hoxe.