MÁS DE UNO MONFORTE 27/09/2019

MÁS DE UNO MONFORTE 27/09/2019

Abrimos programa falando de novas propostas da Asociación Cior para o ámbito educativo. Falamos tamén da IV Andaina Escolar polo Camiño de INVERNO. Repasamos novas do Concello de O Incio conversando co alcalde do citado concello. Conversamos tamén e co xerente do Grupo Ditram que inauguran hoxe novas instalacións en Monforte.

MÁS DE UNO MONFORTE 26/09/2019

MÁS DE UNO MONFORTE 26/09/2019

No programa de hoxe repasamos co investigador local Felipe Aira a historia das Minas de Freixo. Conversamos co voceiro do BNG Emilio Sánchez, co que repasamos iniciativas que levan ao próximo pleno. E entre outros asuntos, con Javier Saco, profesor dos Escolapios falamos da curtametraxe que presentaron ao Fancine de Lemos e que proxectan hoxe de novo.

MÁS DE UNO MONFORTE 25/09/2019

MÁS DE UNO MONFORTE 25/09/2019

Coa directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo, falamos da candidatura da Ribeira Sacra a Reserva da Biosfera. O industrial Gonzalo López repasa como lle foi pola Feira Internacional de Calzado celebrada en Milán da que voltan con novos clientes. CCOO reivindica apoio ao comercio local e desto falamos con Mario Docasar. E entrevistamos tamén á divulgadora cultural Mar López Sotelo que sigue promocionando a Ribeira Sacra en diversos ámbitos.

MÁS DE UNO MONFORTE 24/09/2019

MÁS DE UNO MONFORTE 24/09/2019

Abrimos programa conversando coa Conselleira de Educación Carmen Pomar de visita hoxe por estas terras do Sur de Lugo. Co alcalde de O Saviñao, Juan Carlos Armesto, falamos, entre outros asuntos, dos obxetivos do convenio que asinou hoxe coa Conselleira de Infraestructuras. Temos tertulia sobre a situación pola que atravesa o comercio de Monforte con representantes do sector. Beatriz Vila da Asociación de Hostalería fai balance da promoción realizada na volta ciclista a España e co director deportivo de Quixós repasamos os últimos triunfos dos piragüistas deste club.

MÁS DE UNO MONFORTE 23/09/2019

MÁS DE UNO MONFORTE 23/09/2019

Sober contará en próximas datas cunha pista de pádel. Repasamos esta e outras novas do concello de Sober, conversando co alcalde Luis Fernández Guitián. No espazo adicado ao sector vitícola hoxe contamos ademáis de con Alfonso Losada, co adegueiro Fernando González. Coa concelleira de cultura Marina Doutón repasamos, entre outras cousas, a programación teatral do último trimestre do ano e con Gonzalo Herreros, da Escola de Música Moderna, lembramos a un dos seus alumnos, Luis Pérez Nieves, finado esta fin de semana.

MÁS DE UNO MONFORTE 20/09/2019

MÁS DE UNO MONFORTE 20/09/2019

Ovidio Pérez Reñones foi o encargado de dar lectura ao manifesto do acto reivindicativo do comercio local. Hoxe falamos con él e escoitamos valoracións deste acto do alcalde e outros representantes políticos, tamén da presidenta do CCU. Falamos da oferta termal do Balneario de Pantón que se promociona en Termatalia e das novidades que tamén presenta nesta feira internacional o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra. Con Javier González repasamos actividades lúdico culturais que hai programadas en Pantón e entre outros asuntos falamos tamén da romería do San Mateo coa pedánea da parroquia de A Parte.

MÁS DE UNO MONFORTE 19/09/2019

MÁS DE UNO MONFORTE 19/09/2019

Abrimos programa co historiador Felipe Aira que nos fala hoxe da Torre da Homenaxe. Empeza oficialmente a vendima na Ribeira Sacra e conversamos co adegueiro Evaristo Rodríguez. Tamén conversamos hoxe coa voceria do PP de Monforte Kati Varela. Entre outros asuntos, co párroco José Luis Vázquez falamos da peregrinación que preparan para ir andando ao San Mateo este sábado.

MÁS DE UNO MONFORTE 18/09/2019

MÁS DE UNO MONFORTE 18/09/2019

Segue a campaña de sensibilización sobre o comercio local. Maña novas actividades que repasamos no programa de hoxe no que entrevistamos a voceira de Esperta Monforte, ao traballador social de Afamón, ao presidente da Asociación Cultural Trece Roeis e falamos tamén co director da Escola de Música Moderna.

MÁS DE UNO MONFORTE 17/09/2019

MÁS DE UNO MONFORTE 17/09/2019

No programa de hoxe falamos da orixe da Ribeira Sacra coa historiadora Ana Goy Diz. Atendemos á Xornada que sobre despoboamento organizou CCOO no Parador e entrevistamos a Francisco Javier Velasco Cuevas, membro da comisión organizadora. Entre outros asunto conversamos con Eduardo Iglesias que se prepara para participar no Dakar 2020.

Más de Uno Monforte 16/09/2019

Más de Uno Monforte 16/09/2019

Abrimos con Alfonso Losada repasando novas do sector vitícola e en vésperas de empezar a vendima entrevistamos a Antonio Vide, encargado da adega Rectoral de Amandi. Co arquitecto Fermín Font falamos de construcción tapial. Con Martin Alemparte, xerente do GDR Ribeira Sacra- Courel repasamos proxectos aprobados na última reunión da xunta directiva. Entre outros asuntos, atendemos tamén ao inicio do curso escolar no Colexio dos Escolapios e no IES A Pinguela.