Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 11/10/2019

Abrimos programa conversando co Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. Acompaña a reitores de Universidades de nove países nun acto de apoio á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Entrevistamos a Luis Fernández Guitián, que ven de ser reelixido presidente do Consorcio Turístico. Falamos das "Foliadas Guímaras" que hoxe comezan en A Pobra do Brollón co animador socio cultural do citado concello, Xosé Gago. A presidenta de Albores, Delia Guitián, fala dos actos que organizaron para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental e tamén atendemos á exitosa estrea de Séntete.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/10/2019

Co investigador Felipe Aira repasamos como foron en Monforte as primeiras proxeccións cinematográficas. Neste Día da Saúde Mental conversamos con Luz Cid presidenta de Cior. Entrevistamos a Ramón Vila, o promotor do primeiro albergue que se vai a poñen a funcionar en Monforte antes de que remate o ano. Atendemos tamén ao concerto que hoxe ten organizado a Sociedade Filarmónica e o documental que presenta esta noite Amanita.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 09/10/2019

Recuperamos o espazo "Facendo Empresa" e adicámolo hoxe aos praceiros da Praza de Abastos de Monforte. Nenas do CEIP A Gándara e unha das profesoras repasan experiencias da visita que fixeron a MeteoGalicia. Repasamos actividades do Colectivo Lemos Le, tamén actividades da Asociación Auxilia. Entrevistamos ao alcalde do concello de Pantón e entre outros asuntos falamos tamén do albergue que se vai abrir en Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 08/10/2019

Abrimos programa conversando con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra. Con Luis Blanco director do Muferga repasamos proxectos que van desenvolver nos próximos meses. Entrevistamos tamén ao presidente da CEL, Jaime López, que co representante dos empresarios de A Coruña, pide apoio da Deputación de Lugo para reclamar melloras ferroviarias.

Con Manola Porto Arias

MÁS DE UNO MONFORTE

No espazo adicado ao sector vitícola hoxe falamos da adega Tear e da vendima noctura feita por EDV. De turismo de benestar que se quere fomentar na Ribeira Sacra falamos co Edgar Tarrés. Tamén atendemos á cata de aceite que se prepara para este martes en Quiroga para dar a coñecer o resultado dun proxecto de investigación sobre variedades autóctonas. Entre outros asuntos, repasamos temporada de volei que empezaron CV Ribeira Sacra e Korbis conversando cos directores técnicos destes clubes.

MÁS DE UNO MONFORTE 04/10/2019

MÁS DE UNO MONFORTE 04/10/2019

A igrexa de San Vicente do Pino quedará pechada ao culto para poder levar a cabo as obras de restauración. A imaxe da patrona da cidade será trasladada para a Igrexa da Régoa. Falamos das obras con César Carnero, responsable de Patrimonio da Diocese de Lugo, e do traslado con María Jesús González da Cofradía da Virxe. Co técnico de medio ambiente do concello de Monforte, Juan Carlos Prado, falamos da recollida de vidro e co director do Balneario de Augas Santas, Santiago Villanueva, coñecemos beneficios do programa termal que promove a Deputación.

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 03/10/2019

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 03/10/2019

Hoxe temos lección de historia. Co investigador Felipe Aira repasamos loitas sindicais que protagonizaron os mineiros de Freixo no século pasado. Repasamos datos do paro co secretario de acción sindical de CCOO Mario Docasar. Con Félix Caramés, técnico da Unión de Consumidores de Galicia falamos dun obradoiro que impartirán en Monforte para aprender a mercar por Internet ou facer xestións bancarias. Con Iván Patiño falamos dunha curtametraxe que presentan o xoves para visibilizar a colectivos que en Monforte traballan con nenos con diversidade funcional. Entre outros asuntos repasamos obras que se van facer en varios puntos de Monforte e escoitamos balance da andaina escolar celebrada onte en Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 02/10/2019

Programa especial desde o Parque dos Condes coa IV Andaina Escolar polo Camiño de Inverno. Falamos con representantes da Asociación promotora, con nenos e profesores, protagonistas desta actividade.

MÁS DE UNO 01/10/2019

MÁS DE UNO 01/10/2019

Abrimos programa conversando con Miguel Pino presidente da Asociación de Veciños do barrio do Hospital. Entrevistamos á concelleira de Facenda do Concello de Monforte, Gloria Prada e co piragüista Manuel Freire repasamos como lle foi o campionato mundial no que ven de participar. Falamos tamén, entre outros asuntos, do novo parque que se proxecta en Monforte e da visita que realizaron a Euroserum Ibérica os conselleiros de Economía, Emprego e Industria e o de Medio Rural.

MÁS DE UNO MONFORTE 30/09/2019

MÁS DE UNO MONFORTE 30/09/2019

Superado o ecuador da vendima na Ribeira Sacra falamos dela con Alfonso Losada e con Ana Gadín da adega Atrium Vitis. Co xerente do GDR Ribeira Sacra - Caurel falamos do Seminario de Emprendemento no Rural que puxeron hoxe en marcha. Antonio Rodríguez é un dos promotores de Globosacra, a empresa privada que se prepara para ofertar viaxes en globo pola Ribeira Sacra a partir de semana santa aínda que con ascensos en globo fixo comezan xa esta fin de semana. Entre outros asuntos repasamos triunfos do taekwondo monfortino que estrea con medallas nova temporada.