Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 25/10/2019

Programa especial adicado á Asamblea da Conferencia de Consellos Reguladores Vitivinícolas de España con entrevistas a representantes desta Asociación, de Consellos Reguladores participantes e co conselleiro de Medio Rural, encargado de clausurar o evento.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 24/10/2019

Co investigador Felipe Aira repasamos a historia da capela que hai na rúa Doutor Casares adicada a San Pedro. Sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade falamos coa directora xeral de Patrimonio Marí Carmen Martínez Ínsua. Repasamos novas do concello de Sober co alcalde Luis Fernández Guitián. Entre outros asuntos conversamos co cociñeiro Martin Mantilla.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 23/10/2019

Hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa" a Xeados Santorini e conversamos coa artesá elaboradora Carmen Castro. Coa directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre, falamos das Xornadas que sobre o románico no Camiño de Inverno celebrarán en Monforte en novembro. O técnico Ángel López do ISSGA en Ourense repasa medidas preventivas a adoptar ante as velutinas. Entre outras cousas falamos tamén de catas de aceite que vai celebrar o GDR Ribeira Sacra - Courel a partir de maña, co xerente do grupo Martín Alemparte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE

Abrimos repasando novas do sector vitícola con Alfonso Losada. Falamos de teatro e próximas representacións con Paqui Abeledos e representantes do grupo Argalleiras. Con Francisco Alonso Toucido repasamos traballos que realizan en Proendos á procura dunha vila romana. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Marta Rodríguez, nova coordinadora da Aula da Uned en Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE

Abrimos falando dos orzamentos da Xunta para a zona sur de Lugo coa deputada Raquel Arias. Antonio González, funcionario - educador do cárcere de Teixeiro falános dun obradoiro que preparan para este martes no IES A Pinguela en Monforte, no que participarán nove reclusos. Falamos tamén das xornadas de uroloxía que se van celebrar en Monforte esta fin de semana co doutor Sousa Escandón. Entre outros asuntos, atendemos as novidades que presenta este curso a aula da UNED de Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 18/10/2019

Abrimos programa conversando co músico Andrés Montes que actúa hoxe en Monforte. Con Mar López falamos da exposición de fotos que hoxe inaugura no Centro do Viño. Con Víctor Rodríguez da adega Val da Lenda falamos da presentación que ten hoxe no Parador. Entrevistamos a Olalla Rodil, candidata ao Congreso polo BNG na provincia de Lugo. Entre outros asuntos, repasamos novas do concello de Bóveda conversando co alcalde, José Manuel Arias.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 17/10/2019

Co investigador Felipe Aira repasamos unha inundación histórica que houbo en Monforte en 1909. Falamos cun representante do grupo de médicos que peregrinan a Santiago polo Camiño de Inverno. Repasamos actividade do Barrio de Covas coa presidenta da Asociación de Veciños. Coa deputada do PP Julia Rodríguez falamos das iniciativas que presentan no Parlamento e na Deputación sobre o sector ferroviario. Atendemos ao obradoiro de cócteles que se está facendo na Escola de Hostelería de Rosende e tamén repasamos actividades da biblioteca municipal de O Saviñao.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 16/10/2019

Entrevistamos ao presidente da Asociación Provincial de Fabricantes de Pan, César Manuel Frieiras. Co director do 061 José Flores falamos da ambulancia medicalizada que hoxe empeza a prestar servizo no Hospital de Monforte. Co actor Artur Trillo falamos da obra que Talía Teatro representa este xoves en Monforte. Entre outros asuntos, conversamos tamén co alcalde do concello de Quiroga, Julio Álvarez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE

Abrimos repasando novas do sector vitícola con Alfonso Losada. O PP de Monforte prepárase para as próximas eleccións xerais. Falamos coa voceira Kati Varela da reunión que con este fin celebraron onte. Tamén o BNG se prepara para estes comicios. Cóntanolo o voceiro do BNG de Monforte, Emilio Sánchez. Con él falamos tamén do acto de rexeitamento da sentenza do "proces" que organizaron na Praza de España a última hora de onte. Coa Deputada Raquel Arias repasamos unha iniciativa que van a poñer en marcha en Sober aproveitando a celebración do Día da Muller Rural. Coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara, repasamos ocupación do mes de setembro en Ribeira Sacra.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 14/10/2019

Conversamos hoxe co presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez. Falamos da vendima e da candidatura que presentou para presidir o Consorcio Turístico. Falamos con Julia Fernández, responsable da biblioteca do concello de Sober que cumpre 25 anos de historia. E do banco da amizade instalado no Ceip Monforte falamos coa directora deste centro educativo, María Núñez.