Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 11/11/2019

Repasamos resultados das eleccións celebradas onte nos concellos da comarca de Lemos. Conversamos cos alcaldes da comarca, entre eles o de Monforte, e con outros representantes políticos, como a voceira do PP monfortino, ou a responsable comarcal do BNG, entre outros.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 08/11/2019

No programa de hoxe conversamos co escritor Toño Núñez que hoxe presenta novo libro en Monforte. Falamos do magosto e outras actividades organizadas en Bóveda con Miriam Palmón e con Javier González repasamos actividades programadas en Pantón para esta fin de semana na que tamén ten actividade programada a Coral Renfe, falamos coa presidenta Pilar Rodríguez. Entre outros asuntos, falamos tamén do concurso de fotografía que convoca a Asociación Camiños de Inverno pola Ribeira Sacra.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 07/11/2019

Novo retraso no proxecto de accesos ao Porto Seco. Falamos co director da Axencia Galega de Infraestructuras Francisco Menéndez. Entrevistamos a José Manuel Blanco, candidato de Ciudadanos por Lugo. Repasamos actividades culturais programadas no concello de A Pobra do Brollón con Xosé Gago. E abrimos programa co investigador Felipe Aira falando de emblemáticos edificios monfortinos afectados pola desamortización.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 06/11/2016

Adicamos o espazo "Facendo Empresa" á Gandería Xuíz e falamos con Pablo Rodríguez titular da mesma. Entrevistamos a Olalla Rodil, candidata do BNG ao Congreso por Lugo. E da IV edición do Desafío Vía Romana falamos con Juan Luis Méndez, xerente da adega promotora e Alejandro Méndez do Club de Atletismo de Chantada.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 05/11/2019

Con Alfonso Losada, Martin Alemparte e Luis Leza falamos da xornada que sobre viños de pago organiza para este venres o GDR. Entrevistamos á candidata do PSOE ao Congreso por Lugo Ana Prieto. Falamos da campaña de recollida de castañas con Jesús Quintá, presidente da IXP Castaña de Galicia e co sumiller Luis Paadín do premio que ven de recibir a guía de viños galegos que edita anualmente.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 04/11/2019

Metidos en campaña electoral hoxe conversamos co candidato do PP Jaime de Olano. Antes repasamos ocupación que nos deixa a ponte de Todos os Santos na Ribeira Sacra con Alexandra Seara. Conversamos coa historiadora Manuela Sáez convidada pola Sociedad Cervantina de Alcázar para falar do VII Conde de Lemos. Entre outros asuntos, repasamos actividade da Asociación de Veciños da Florida coa presidenta, Mila Fernández.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 31/10/2019

Cantos cemiterios chegaron a funcionar en Monforte? Preguntámosllo ao investigador Felipe Aira. Entrevistamos á voceira de Esperta Monforte, Maribel García. Visitamos unha florería e co seu propietario José Manuel Rivero, coñecemos que flores mercamos estes días para levar aos cemiterios e entre outros asuntos falamos con Iván Gómez, do Festival Castañazo Rock que se celebra esta fin de semana en Chantada.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 30/10/2019

Convocado un 5º Coworking para esta zona sur. Falamos del con Alfonso Martínez. Repasamos pleno e actividades do Consorcio Turístico coa xerente Alexandra Seara. Entre outros asuntos, entrevistamos ao alcalde do concello de Monforte, José Tomé Roca e tamén á alcaldesa do Caurel, Dolores Castro.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 29/10/2019

No espazo adicado ao sector vitícola hoxe falamos das analíticas e de novas plantacións. Falamos do Ictus coa neuróloga do Hospital Comarcal. Repasamos asuntos do pleno celebrado en Monforte coa voceira do grupo municipal do PP. Entre outros asuntos, atendemos tamén a iniciativas que para un mellor coñecemento da Ribeira Sacra desenvolve a Fundación Juana de Vega e o GDR Ribeira Sacra - Caurel.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 28/10/2019

Abrimos programa co doutor Sousa Escandón facendo balance das Xornadas Cirúrxicas que celebrou en Monforte a Sociedade Galega de Uroloxía onde se puideron seguir intervencións feitas por o robot Da Vinci do que falamos con Julia Gallego, directora técnica da empresa á que pertence o mesmo. Entrevistamos a David Palacios, reelixido presidente da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas. Co presidente do Colectivo Segredos de Pantón, Lucas Vázquez, repasamos iniciativas que teñen en marcha para eliminar vertedoiros incontrolados. Entre outros asuntos repasamos asuntos do pleno que hoxe celebra a corporación de Monforte.