Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 25/11/2019

Repasamos actos contra a violencia de xénero e protagonistas dos organizados en Monforte conversando coa concelleira de muller e igualdade e con alumnos e unha das profesoras do IES Río Cabe que puxeron "banda sonora" aos mesmos. Entrevistamos á voceira de Esperta Monforte. E repasamos entre outros asuntos, iniciativas do pleno que hoxe celebra a corporación de Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO 22/11/2019

Abrimos programa conversando coa fadista María do Ceo sobre o Himno que adica á Ribeira Sacra. Falamos de malos tratos no ámbito rural con Mari Carmen Casasnovas, coordinadora da área da Muller da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo. Coa historiadora Begoña González repasamos contidos do novo número da revista Alicerces. Co medievalista Víctor Rodríguez Muñiz afondamos nas orixes do cultivo da vide nesta zona e entre outros asuntos, Con Jaime Vázquez falamos da presentación que prepara o Korbis para este sábado.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO 21/11/2019

Co investigador Felipe Aira repasamos a historia do Convento de San Xacinto hoxe igrexa da Régoa e colexio Torre de Lemos. Entrevistamos ao delegado da Xunta en Lugo José Manuel Balseiro. Entre outros asuntos, coa concelleira de Margarita López repasamos actividades organizadas no concello de Monforte para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 20/11/2019

Prepárase un novo Coworking para a zona sur de Lugo e del falamos no programa de hoxe con promotores da iniciativa e con participantes de edicións anteriores. Falamos con Roberto Castro do Plan Estratéxico que hoxe presentan para o Xeo Parque Montañas do Caurel. E descendentes do escultor Francisco Moure solicitaron ser mecenas da Fundación Nosa Señora da Antiga. Curiosidade da que falamos co escolapio Javier Agudo. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 19/19/2019

Con Juan Casares, José Manuel Mirás e Alfonso Losada, falamos da xornada que sobre a influencia do cambio climático no sector vitícola celebra hoxe en Monforte EVEGA. Repasamos actividades do colectivo FemForte con Olalla García e Laura Fernández e entre otros asuntos, repasamos éxitos do ámbito deportivo, entre outros, do Neka en París con José María Vega.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 18/11/2019

Programa especial sobre o taller internacional que das paisaxes de socalcos organizou o GDR Ribeira Sacra - Courel este pasado sábado en Sober, na adega Regina Viarum. Falamos cos ponentes, cos organizadores e tamén cos participantes. Escoitamos tamén ao conselleiro do Medio Rural encargado de clausurar un evento que tiña como obxetivo poñer en valor este tipo de construcións presentes no 30% das áreas agrícolas do mundo e que abastecen de alimentos ao 70% da poboación mundial.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 15/11/2019

Abrimos programa conversando con Los Jinetes del Trópico que están hoxe de estrea. Tamén conversamos con representantes do grupo Viraventos que presenta este sábado "Sucesos". Conversamos co escritor Francisco Narla que presenta Fierro en Agrasar e Susana Sánchez, tamén nos fala do libro Seique que presenta hoxe aos lectores monfortinos no Centro do Viño. Entre outros asuntos, tamén atendemos as xornadas que sobre o románico se están celebrando no Parador promovidas pola Fundación Juana de Vega.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 14/11/2019

Abrimos programa repasando historia local con Felipe Aira. Falamos da antiga ponte de ferro que había en Monforte. Repasamos novas do concello de A Pobra do Brollón conversando co alcalde Xosé Lois Maceda. Entrevistamos a María Peinado directora de Teatro da Ramboia que trae hoxe a Monforte a adaptación dunha obra de Manuel María. Falamos con Beatriz Vila do Tablazo as xornadas gastronómicas que pon en marcha hoxe a Asociación de Hostalería e o cociñeiro Carlos González fálanos da nova aventura que pon hoxe en marcha en Vigo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 13/11/2019

Abrimos programa conversando coa directora do Parador de Turismo ao que adicamos hoxe o espazo Facendo Empresa. Coa presidenta de Pladesapu falamos da VII edición de Forosaúde que preparan para este venres. Falamos da "aldea modelo" de Trascastro, co subdirector de Mobilidade da Terra de Agader e co alcalde do concello de O Incio. Entre outros asuntos, falamos de Taekwondo co adestrador do Neka e dos deportistas monfortinos que marchan hoxe a competir a París.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 12/11/2019

Con Alfonso Losada repasamos novas do sector vitícola. Entrevistamos á presidenta do CCU María José Senra, que deixará o cargo a partir do día 27, e tamén ao xerente Ángel Folgueira. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Lidia López unha das enfermeiras que se concentrou hoxe diante o Hospital Comarcal denunciando a precariedade laboral coa que traballan.