Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 09/12/2019

CCOO reclama melloras para a N 120 e un pacto para crear emprego estable na zona sur de Lugo. Conversamos con Mario Docasar, secretario de acción sindical do citado sindicato. Coa concelleira de cultura do concello de Monforte, Marina Doutón, repasamos programa de actividades organizadas para este Nadal. Repasamos novas relacionadas co IES da Pinguela conversando co director deste Instituto, Enrique Sampil. Novas tamén do ámbito deportivo, entre outras cousas falamos con José María Vega do I OPEN Monforte de Taekwondo que prepara o Neka para este domingo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 05/12/2019

Repaso á historia local co investigador Felipe Aira. Repasa contendas históricas na zona fortificada de Monforte. Repasamos previsión de ocupación en Ribeira Sacra coa xerente do Consorcio, Alexandra Seara. Con Laura Méndez, falamos da Festa da Pisa de Froxán. Entre outros asuntos, conversamos co director do Balneario de Pantón e do prendido solidario que teñen organizado para esta tarde.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 04/12/2019

A Cooperativa Lemos rematará o ano con récord de facturación. Datos que repasamos conversando co xerente José Manuel Rodríguez. Falamos con Rosa Nieves do Festival de Música que se está preparando en homenaxe ao seu fillo Luis Nieves. Repasamos actividades de Cáritas con Rafael Mella e Carmen Sandar, datos do novo parque que se vai habilitar en Monforte na zona de Covas do que fala o Presidente da Deputación José Tomé e a tenente alcalde do Concello de Monforte Gloria Prado e de iniciativas que a AECC vai poñer en marcha no Hospital Comarcal, co obxetivo de humanizar oncoloxía.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 03/12/2019

No espazo que adicamos os martes ao sector vitícola hoxe falamos, con Alfonso Losada e o adegueiro Jorge Feijoo, dos tostados que de xeito experimental elaboran algúnhas adegas da Ribeira Sacra. Coa voceira do PP Kati Varela, falamos da reunión que mantivo co xerente da EOXI sobre os servizos sanitarios desta zona, e dos presupostos que leva a pleno este xoves o equipo de goberno do concello de Monforte. E no Día Internacional da Discapacidade repasamos actividade do Colexio de Educación Especial Infanta Elena e da residencia de Bóveda.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 02/12/2019

Conversamos coa deputada de En Marea Paula Vázquez Verao que repasa enmendas presentadas aos orzamentos da Xunta reclamando máis investimentos para esta zona sur de Lugo. Repasamos novas do concello de Bóveda con José Manuel Arias, alcalde do citado concello. Atendemos á última hora sobre o maltrato a unha cadela denunciado esta fin de semana en Chantada e entre outros asuntos convidamos ao programa a dous pequenos, un neno e unha nena, aos que lle preguntamos sobre temas de actualidade. Noticias varias dende a óptica infantil.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 02/12/2019

Conversamos coa deputada de En Marea Paula Vázquez Verao que repasa enmendas presentadas aos orzamentos da Xunta reclamando máis investimentos para esta zona sur de Lugo. Repasamos novas do concello de Bóveda con José Manuel Arias, alcalde do citado concello. Atendemos á última hora sobre o maltrato a unha cadela denunciado esta fin de semana en Chantada e entre outros asuntos convidamos ao programa a dous pequenos, un neno e unha nena, aos que lle preguntamos sobre temas de actualidade. Noticias varias dende a óptica infantil.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 29/11/2019

Abrimos programa conversando co arqueólogo Xurxo Ayán sobre os resultados das excavacións que fixeron nos Conventos en Vilachá de Salvadur. Con Mónica Rodríguez falamos do concurso de tapas de A Pobra do Brollón. Coa directora do Ceip Monforte e alumnas do citado centro repasamos actividades que organizaron para celebrar o mes da ciencia e atendemos tamén á presentación que hoxe prepara o Clube de Voleibol Ribeira Sacra, conversando co director técnico Manolo Martínez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 28/11/2019

Repasamos presupostos do concello de Monforte que veñen de ser presentados no día de hoxe. Entrevistamos ao novo presidente do CCU. Co alcalde de Sober falamos da restauración das pinturas na igrexa de Pinol. Recollemos a preocupación que hai na xunta de persoal do Hospital Comarcal tras pechar o paritorio do Hospital de Verín. Falamos da obra que Redrum Teatro presenta hoxe en Monforte co directora da mesma, Marián Bañobre e con Xulio Xiz repasamos o acto poético e musical que terá lugar no Centro do Viño.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 27/11/2019

Hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa" a Muebles La Talla e repasamos a historia deste establecemento con Mar Rodríguez. Co xerente do CCU buscamos a última hora sobre os cambios na directiva unha vez confirmado novo presidente. Co alcalde do concello de Monforte repasamos asuntos do último pleno. Entre outros asuntos conversamos tamén con traballadoras do servizo de axuda a domicilio que piden cambios para poder conciliar no Nadal.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 26/11/2019

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e falamos do traballo dos enólogos con Alfonso Losada e Luis Buitrón, presidente de AGE. Do pacto dos alcaldes polo clima e da xornada de traballo que teñen en Sober, falamos coa subdirectora Xeral de Metereoloxía e Cambio Climático, María Luz Macho. Falamos co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez da proposta feita por un grupo de veciños para que a Fundación San Rosendo construa unha residencia en Ferreira. Entre outros asuntos, entrevistamos ao cociñeiro Carlos González que prepara para este domingo unha curiosa experiencia con varios cociñeiros do interior galego.