Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 23/12/2019

Seguen os problemas de suministro eléctrico en varios puntos da comarcal de Lemos. O concello máis afectado é o de Sober. Conversamos co alcalde Luis Fernández Guitián. Entrevistamos a Rosana Prieto Florines, nova responsable comarcal do BNG e a Aida Menéndez, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra que fai balance do ano.

Con Manola Porto

MÁS UNO MONFORTE DE LEMOS 20/12/2019

No programa de hoxe falamos coa editora Celia Pereira do libro que hoxe presenta en Monforte. Repasamos actividades do CCU para este Nadal co xerente, Ángel Folgueira. Co axente de desenvolvemento local Trini López falamos do mercado de Nadal. Seguimos repasando pegadas que deixa o temporal na zona e actividade da Asociación Albores.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 19/12/2019

O paso do temporal pola zona sur de Lugo deixa numerosas incidencias que repasamos conversando con representantes dos distintos concellos da zona e algún veciño. Entre outros asuntos falamos tamén de retornados á Ribeira Sacra nos últimos tres anos, coa deputada Raquel Arias, voceira de Demografía e Emigración do Grupo Parlamentario Popular.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 18/12/2019

No programa de hoxe achegámonos á historia da queixería Arias Moniz conversando cun dos socios, Xesús Mazaira. Repasamos actividades de Nadal que programan no concello de O Saviñao coa concelleira Beatriz Rois. Entrevistamos á cantante Lucía Pérez que ofrece concerto este sábado na súa terra e entre outros asuntos, falamos con Gonzalo Herrero do Festival de Nadal que para o sábado ten preparado a Escola de Música Moderna.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 17/12/2019

Abrimos repasando novas do sector vitícola con Alfonso Losada. Coa voceira do PP de Monforte, Kati Varela repasamos iniciativas que presentan para o próximo pleno. Conversamos co director do Muferga Luis Blanco sobre o plan de actuación previsto para o 2020. Entre outros asuntos, falamos tamén coa deputada Paula Vázquez Verao sobre a Asamblea que candidaturas independentes do interior galego preparan para este sábado.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 16/12/2019

Abrimos programa conversando co pintor Arturo Ceide que expón acuarelas no Centro do Viño en homenaxe ao "capital humano da Ribeira Sacra". Co presidente do CRDORS, José Manuel Rodriguez, facemos balance de 2019 "ano histórico para esta D.O". Falamos de formación para desempregados co director xeral de orientación e promoción laboral, Pablo Casal. Entre outros asuntos, do ámbito deportivo, repasamos resultados de taekwondo co adestrador José María Vega.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 13/12/2019

Abrimos programa conversando co Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, sobre o Plan Ribeira Sacra. Rubén Vázquez é o promotor das cabanas de madeira que se van a construir no concello de Sober falamos con él deste proxecto. Conversamos tamén con Antonio Mourelos e Monti Castiñeiras, director e productor da curta "Malcavada" gravada na Ribeira Sacra e que se presenta este venres. Entre outros asuntos, con Lourdes Pazos, secretaria da Asociación Provincial de Estacións de Servizo, falamos da xuntanza anual que o sector celebra hoxe en Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 12/12/2019

Abrimos repasando historia local co investigador Felipe Aira. Con Patricia Varela do Colectivo Enfermeiras en Loita falamos da concentración celebrada hoxe. Conversamos con Miguel Pino presidente da Asociación de Veciños do Barrio do Hospital e co actor Marcos Orsi que actúa hoxe en Monforte, entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 11/12/2019

Éxito sen precedentes para unha empresa de Taboada á que hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa". De estar a piques de pechar a conseguir máis de 50 mil clientes. Falamos co administrador de "Comercial Mida" Diego Villar. Coa secretaria xeral da Consellería de Política Social, María Francisca Gómez, falamos do centro de continuidade que para alumn@s do C. Infanta Elena empezará a funcionar no primeiro trimestre do próximo ano. Co escritor Xosé Lois García falamos do libro que hoxe presenta en Sober e atendemos tamén, entre outros asuntos, á presentación das obras de mellora dos accesos a Tor desde Seoane que hoxe presentou o presidente da Deputación de Lugo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/12/2019

Falamos de viños espumosos no espazo adicado ao sector vitícola con Alfonso Losada e a enóloga Cristina Murga. Entrevistamos a Manuel Novo. Formou parte de varias orquestras e hoxe aínda que xa non actúa sigue escribindo cancións que colga en YouTube. Entre outros asuntos conversamos tamén co xerente do Hospital Comarcal de Monforte Iván Sanz.