Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 14/01/2020

Abrimos falando co presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez, de actividades promocional dos viños desta D.O que estrenaron onte en Navarra. Con Iván Sánchez, responsable da Axencia de Extensión Agraria da zona, repasamos trámites para solicitar autorizacións para novas plantacións. Entrevistamos ao presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Xavier Díaz. Esta entidade sae en defensa da entrada das mercadurias en Galicia por Monforte. E con Mari Luz Abella, presidenta da Asociación Provincial de Loita Contra o Cancro, repasamos actividades que poñen en marcha para ter máis presenza na zona.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 13/01/2010

Abrimos programa conversando coa "recanteira" Lorena Guerra. Coa voceira do PP de Monforte, Kati Varela, repasamos varios asuntos da actualidade municipal. Entrevistamos a Silvia Delgado, do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita, e entre outros asuntos falamos da situación do Club Lemos co presidente Óscar López.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/01/2020

Abrimos programa conversando co presidente da CHMS, José Antonio Quiroga. Tamén falamos coa voceira de Esperta Monforte, Maribel García. Entre outros asuntos, falamos do paro onte na piscina municipal. Escoitamos ao represente dos traballadores, os sindicatos e tamén a valoración do alcalde sobre esta situación.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 09/01/2020

Abrimos programa entrevistando ao director do Festival Pórtico do Paraíso que por primeira vez oferta concertos na Ribeira Sacra. O delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, presenta á nova directora do Centro Agroforestal. Falamos con él deste nomeamento e de obras que visita nesta xornada pola zona. Entre outros asuntos, falamos tamén con Pilar García, responsable da área de Turismo da Deputación de Lugo. Facemos con ela balance dos catamarans, previsións dos mesmos para este novo ano, e do cambio de nome do embarcadoiro de Doade.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 08/01/2019

Folga este xoves dos traballadores da piscina municipal de Monforte. Un conflicto do que falamos co delegado sindical Alberto Martín Fernández. Coa deputada Paula Vázquez Verao falamos, entre outros asuntos, da moción presentada en Sober sobre os problemas de suministro eléctrico que houbo nese concello en decembro. Con Toñyto García de "Los Jinetes del Trópico" falamos da campaña de micro mecenazgo que teñen en marcha para gravar o primeiro disco. Entre outros asuntos, atendemos tamén á presentación do Festival "Pórtico do Paraíso", que inclúe actuacións en Monforte e en O Saviñao.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 31/12/2019

Rematamos o ano repasando novas relacionadas co sector vitivinícola. Falamos dun tándem inverso creado en Monforte por Manolo Díaz que nos explica como o fixo. Repasamos novas do ámbito turístico co promotor Antonio Rodríguez que estrenará tren turístico para o 2020. Repasamos pleno celebrado onte en Monforte e tamén os éxitos do deporte local cos clubs e algúns dos deportistas homenaxeados onte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 30/12/2019

Abrimos programa conversando co piloto monfortino Eduardo Iglesias a poucas horas de comezar viaxe para participar no Dakar. Facemos balance do ano co alcalde de Monforte, José Tomé Roca. E entre outros asuntos falamos do Camiño de Inverno. Repasa proxectos para o mesmo a directora de Turismo de Galicia Nava Castro.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 27/12/2019

Presentado o VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente da Ribeira Sacra. Falamos coa presidenta da Asociación promotora e escoitamos aos que interviron no acto de presentación. Entrevistamos á matriarca da Familia Moryatov que actúa hoxe en Monforte. Con Ana Belén Fernández famos da curta que Némesis Audiovisual gravou con rapac@s do concello de Sober. E atendemos a outros asuntos da actualidade máis próxima.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 26/12/2019

Abrimos programa repasando tradicións de Nadal con Lucas Vázquez, presidente do Colectivo Segredos de Pantón. Conversamos coa bailarina e coreógrafa Andrea Jiménez. Repasamos actividades de Nadal no concello de A Pobra do Brollón co dinamizador cultural Xosé Gago e co secretario de acción sindical de CCOO, Mario Docasar, repasamos resultados das eleccións sindicais celebradas en empresas desta zona sur.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 24/12/2019

No espazo adicado ao sector vitícola hoxe falamos con Luis Paadín da Guía de viños de Galicia 2020. Visítanos o Apalpador e repasamos con Anxo Moure e Servando Barreiro a historia deste tradicional personaxe. Repasamos campañas de Nadal da Cruz Vermella con Manuel María López e rematamos con novos éxitos do clube Neka de Taekwondo.