Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 28/01/2020

Época de poda na Ribeira Sacra. Repasamos cuestións a ter en conta para evitar enfermidades da madeira con Alfonso Losada e Pedro Mansilla. Co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, falamos da nova fase do ARI que teñen en marcha. Repasamos a última hora sobre a piscina da Pinguela con Alberto Martín Fernández, representante dos traballadores e entre outros asuntos, con José María Vega, ocupámonos dos resultados do Neka no último campionato de taekwondo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 27/01/2020

Abrimos programa conversando con Antón Valcarce que prepara a publicación dun conto que ilustrarán nenos do Colexio de Sober. Conversamos con Emilio Sánchez, voceiro do BNG no concello de Monforte. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 24/01/2020

Abrimos programa conversando coa voceira do PP de Monforte, Kati Varela, que reuniu na sede popular a afiliados e simpatizantes cos conselleiros de economía e infraestucturas. Das Foliadas Guímaras do concello de A Pobra do Brollón falamos co animador cultural Xosé Gago e coa secretaria da Asociación de veciños de A Ferreirúa, Noelia Besteiro. Repasamos propostas do Consorcio de Turismo en Fitur coa xerente desta entidade, Alexandra Seara, e co Presidente da Asociación Montañas do Courel, Roberto Castro, falamos da presentación do Xeoparque na Feira de Turismo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 23/01/2020

Abrimos programa conversando con Fran Sieira que hoxe chega a Monforte co espectáculo "EntreSoños". Co Conselleiro de Cultura e Turismo Román Rodriguez, falamos da presentación en Fitur da candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade e do Camiño de Inverno. Entre outros asuntos, conversamos tamén co presidente de Amafer, Fermín Avellaneda, que ven de presentar unha nova edición do concurso "Monforte al ferrocarril".

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 22/01/2020

No espazo "Facendo Empresa" repasamos a historia de Laybe con Pilar Losada. Entrevistamos ao alcalde do Concello de Monforte. Con él falamos de Fitur e outros asuntos da actualidade municipal. Co presidente da Asociación Provincial de Hostelería Cheche Real, coñecemos a guía que hoxe presentan na Feira Internacional de Turismo. Entre outros asuntos, falamos tamén con xerente do Hospital Comarcal de Monforte repasamos como están as listas de espera deste centro hospitalario.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 21/01/2020

Tempo de poda na D.O Ribeira Sacra. Falamos destes traballos con Alfonso Losada. Coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno, Aida Menéndez, repasamos programa de actividades para este ano. Con Martín Alemparte atendemos á presentación en Fitur do Xeoparque Montañas do Courel. Entre outros asuntos, repasamos con José María Vega resultados dos Campionatos de Taekwondo disputandos en Monforte nos que o Neka conseguiu 17 medallas.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 20/01/2020

Abrimos programa conversando co deputado popular Celso Delgado que con outros cargos electos do PP reclamou en Monforte melloras no sector ferroviario. Co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, lembramos ao finado empresario David Corral Pombo. Xa de volta do Dakar, o piloto Eduardo Iglesias cóntanos como foi a súa participación neste rally. Atendemos tamén aos resultados das prospeccions arqueolóxicas feitas en Proendos conversando con Francisco Alonso Toucido, responsable da empresa que se encargou dos traballos. Do que farán no futuro fala o alcalde de Sober. Son entre outros, temas do programa de hoxe.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 17/01/2020

Abrimos programa falando de turismo inclusivo e do curso que sobre o mesmo se vai impartir en Pantón esta fin de semana. Falamos do cambio de nome do embarcadorio de Doade. Escoitamos argumentos da Deputación de Lugo para facelo cambio e opinións encontra dos veciños da zona. E con éxito rematou a súa participación no Dakar o piloto monfortino Eduardo Iglesias, conversamos coa súa nai para que nos conte como viviu a carreira. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que tamén repasamos.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 16/01/2020

Abrimos programa falando da Festa dos Fachós que se celebra este domingo en Castro Caldelas. Falamos do uso das redes sociais e as novas tecnoloxías co profesor Antonio Rial que este venres imparte en Monforte unha conferencia sobre este asunto. Coa deputada Julia Rodríguez falamos da iniciativa aprobada no Parlamento reclamando melloras para a N120. Escoitamos ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca, repasando reclamacións que plantexan á Xunta sobre a estación de autobuses, e entre outros asuntos, atendemos tamén aos Campionatos de taekowondo que se van celebrar este sábado en Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 15/01/2020

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adidamos a Agroveiga. Coñecemos máis deste establemento con Yolanda Vázquez. Entre outros asuntos, falamos co alcalde do Concello de Pantón, José Luis Álvarez, repasamos obras que teñen previsto executar, ou xa están en marcha nestes intres.