Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 11/02/2026

De agricultura biodinámica falamos hoxe con Alfonso Losada e Manuel Díaz. Repasamos como vai a reforma da rúa Cardeal con Ramón Fernández Losada, director da obra. A convocatoria de eleccións en Galicia é outro dos asuntos que repasamos, xunto a outros temas da actualidade máis próxima.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/02/2020

Abrimos programa conversando coa cantante Lucía Pérez que presenta o videoclip "Terra" gravado na Ribeira Sacra. Co doutor Sousa Escandón falamos da resistencia aos antibióticos, asunto sobre o que se prepara para este martes un acto informativo, que repasamos con él. Con Marisa Dafonte falamos do entroido de Salcedo que onte participou na estrea do Entroido Ribeirao. Entre outros asuntos, falamos tamén de atletismo con Rubén Castro, adestrador do Club a Gándara.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 07/02/2020

Abrimos programa conversando co alcalde de Pantón onde foron esta maña aprovados os orzamentos para este 2020. Mirian Casas falános do libro que hoxe presenta en Monforte. Falamos con Iván Gómez, xerente de Regina Viarum, adega que visitaron en 2019 unhas 25 mil personas. Repasamos tamén as pegadas que os temporais de decembro deixaron no Colexio dos Escolapios co xerente de Fundación Javier Agudo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 06/02/2020

Abrimos programa conversando coa xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara, que promociona este territorio en Xantar. Con Juan Carlos González falamos do Entroido Ribeirao que se estrena este "Domingo Lambedoiro". Paqui Vázquez presidenta da Plataforma Sanitaria de Monforte repasa motivos polos que se suman á manifestación convocada este domingo en Santiago. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén coa actriz Fina Calleja de Sarabela Teatro que hoxe representa en Monforte a última montaxe que veñen de estrenar.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 05/02/2020

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" repasando a historia de "Autocares Sánchez" coa xerente Pilar Sánchez López. Co xerente do CCU, Ángel Folgueira, coñecemos actividades que vai celebrar próximamente o comercio local e entre outros asuntos, entrevistamos a Carlos Armesto alcalde do concello de O Saviñao.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 04/02/2020

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola no que hoxe falamos da viticultura heroica con Alfonso Losada e o director técnico do CRAEGA Manuel Cancio. Entrevistamos ao Conselleiro de Medio Rural, José González que visita hoxe a "aldea modelo" de Trascastro. Da importancia das pinturas murais atopadas en San Vicente do Pino, falamos con César Carnero. E con Mario Docasar repasamos entre outros asuntos, datos do paro rexistrado nesta zona sur.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 03/02/2020

Mantense a tradición do San Brais en Monforte con moita participación. Falamos dela co párroco Rafael Mella Vázquez. Por primeira vez na historia os actos foron na Igrexa da Régoa por estar en obras San Vicente, así que aproveitamos para preguntar como van as mesmas a César Carnero, responsable de Patrimonio da Diócese de Lugo. E o San Brais tiña tamén moita tradición en Cereixa, no concello de A Pobra do Brollón, repasámola do arqueólogo Xurxo Ayán. E hoxe estrena Monforte novo servizo de bus urbano gratuito. Preguntamos sobre o mesmo a Pilar Sánchez, responsable da empresa adxudicataria. Falamos tamén co alcalde do concello de Sober, Luis Fernández Guitián, dos orzamentos que veñen de aprobar para este 2020. Entre outros asuntos, repasamos resultados do ámbito deportivo, como as medallas de ouro que o Neka trouxo de Torrelavega.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 31/01/2020

No programa de hoxe entrevistamos a Jaime Pardo Valdés, director do documental que este domingo se estrena en Monforte sobre o Camiño de Inverno. Con Iván Álvarez Merallo repasamos o roteiro arqueolóxico que prepara para este domingo polo casco vello de Monforte. Entre outros asuntos, repasamos co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, o proxecto de mellora do alumeado público que teñen en marcha por todo o término municipal.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 30/01/2020

Abrimos programa entrevistando a Joaquín Balsa que expón a súa obra no Muferga. A crise do coronavirus multiplica a demanda de máscaras e cifras astronómicas as que está vendendo vía internet desde Taboada Comercial Mida. Falamos co administrador desta empresa, Diego Villar. Polos nosos micrófonos pasa tamén a voceira de Esperta Monforte, Maribel García. E na recta final, tempo para repasar outras noticias do día nesta zona sur de Lugo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 29/01/2020

Abrimos co espazo Facendo Empresa onde repasamos a xornada divulgativa do Coworking que se celebrou onte en Monforte con representantes do IGAPE, do concello e emprendedores de edicións anteriores. Conversamos con Santiago Villanueva, director do Hotel Balneario Oca Augas Santas de Pantón, que reabriu de novo as súas portas. Emilia Beceiro perdeu todo o que tiña nun incendio que tivo lugar no piso no que vivia. Hoxe cóntanos a súa historia e pide axuda cidadá. Son entre outros, asuntos aos que adicamos o programa de hoxe.