Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 27/02/2020

Monfortinos na Berlinale. O produtor Iván Patiño acompañou ao director Lois Patiño na presentación de "Lúa vermella", gravada unha parte en Monforte e con figurantes locais, como Pilar Rodríguez que acudiu á presentación a Berlín e hoxe cóntanos a experiencia. Con Beatriz Soto, directora técnica do CRDORS, falamos da Cata de Calificación da última colleita que teñen organizada para maña. Casa da Fonte aposta por distribuir os seus productos en envases retornables, falamos desto con Xosé García. Son, entre outros, asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 26/02/2020

Adicamos a primeira parte do programa ó "Estase Cocendo" conversando coa delegada da asociación organizadora Beatriz Vila e con Eduardo Iglesias, imaxe das xornadas este ano. Do ARI que se vai poñer en marcha no conxunto da Ribeira Sacra falamos co director do IGVS, Heriberto García. Atendemos tamén ao Festival Trece Roeis do que buscamos información con Miguel García, membro da comisión organizadora. Entre outros asuntos, repasamos novas do ámbito laboral con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 21/02/2026

Temos por diante a fin de semana máis animada do ano con desfiles e festas de entroido que repasamos no programa de hoxe. Falamos con Beatriz Vila delegada da Asociación de Hostelería, das Xornadas do Cocido que se van celebrar ao longo dun mes en diversos puntos da Ribeira Sacra. Tempo tamén para os libros. Con Nazaret López falamos da novela que hoxe presenta en Monforte e con Ramón Sandoval, do poemario que presenta en Sober. Falamos tamén co músico Emilio Rúa do concerto que prepara para este sábado no Cículo de O Saviñao con Rosa Cedrón.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 20/02/2020

Xoves de comadres e moitas representacións as que de novo atopamos por Monforte e outros concellos da zona. No programa de hoxe falamos das comadres con algún dos seus artífices, Celia en Distriz, Iria no Centro do Viño, Javier en Prodeme, ou María no Colexio Novo. Tamén entrevistamos ao alcalde do concello de Monforte co que repasamos actividade municipal e a última hora sobre a situación da piscina climatizada.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 19/02/2020

Recoñecido a nivel nacional o Restaurante Lienzo de Monforte polo seu compromiso coa sostenibilidade. Hoxe adicámoslle o espazo "Facendo Empresa" e conversamos co propietario, Roberto Quiroga. Premio nacional de deseño recibe Manuel González, un mozo de Sober, co que tamén falamos hoxe. Repasamos novas do concello de A Pobra do Brollón conversando co alcalde, Xosé Lois Maceda. Coa concelleira de O Saviñao, Beatriz Rois, repasamos propostas culturais nas que traballan no citado concello. Entre outros asuntos aos que atendemos da actualidade máis próximas.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 18/02/2020

Abrimos programa falando de viticultura de precisión con Alfonso Losada e o profesor e investigador Javier Tardáguila. Coa voceira de Esperta Monforte, Maribel García, falamos do Consello Municipal de Saúde e de iniciativas que preparan para o próximo pleno. Buscamos a última hora sobre o compadre do Estase Cocendo con Beatriz Vila, da Asoc. de Hostelería. Entre outros asuntos falamos do síndrome de Asperger, coa presidenta da Asociación Galega Asperga, Rosa González.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 17/02/2020

Abrimos programa repasando con Iván Vázquez, da axencia de extensión agraria de Monforte, axudas que teñen prazo de solicitude aberto como as de restructuración de viñedos. Co tenente de alcalde do concello de Ribas de Sil, Roberto Castro, repasamos novidades que preparan para as festas patronais e entre outros asuntos, repasamos coa voceira do PP de Monforte, Kati Varela, iniciativas que preparan para o próximo pleno.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 14/02/2020

O CCU de Monforte celebra San Valentín sorteando agasallos. Repasamos gañadores co xerente Ángel Folgueira. Da revisión que a Consellería de Medio Ambiente vai levar a cabo das áreas de especial interese paisaxístico da Ribeira Sacra, falamos con Alfredo Fernández, director técnico do Instituto de Estudos do Territorio. Buscamos a última hora dos paros convocados para este venres na piscina climatizada da Pinguela, conversando co delegado sindical Alberto Martín Fernández. Co investigador Felipe Aira repasamos iniciativas nas que participa para promocionar o pasado xudeo de Monforte. Falamos da pregoeira da Feira do Viño de Amandi e entre outros asuntos, repasamos os premios do xoves de compadres.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 13/02/2020

Empeza forte o entroido na Comarca de Lemos coa celebración do xoves de compadres en boa parte dos concellos da zona. Adicamos parte do programa de hoxe a esta celebración. Falamos cos veciños de Distriz, de Ribasaltas, cos de Anllo. Coñecemos como se vive esta festa no concello de Pantón, no de O Saviñao, e tamén no de A Pobra do Brollón. Os centros de ensino tamén contribúen ao éxito desta festa e como mostra as actividades que organizan no Ceip A Gándara e que repasamos cunha das profesoras. Repasamos tamén as últimas novidades relacionadas coa piscina climatizada da Pinguela, conversando co alcalde de Monforte e co representante dos traballadores.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 12/02/20

Abrimos programa falando do concurso "Semente Ribeira Sacra" con Sara Fernández, presidenta da Asociación promotora. Conversamos coa voceira do BNG no concello de Pantón, Rosana Prieto Florines e entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos no programa, tamén entrevistamos ao alcalde do concello de Sober, onde cambian de data a Feira do viño de Amandi por culpa das elección autonómicas.