Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 13/03/2020

Repasamos como repercute na zona sur a crise do coronavirus e medidas adoptadas polos concellos, entre outros o de Monforte, Sober, Pantón ou Quiroga, nestes, pero tamén no resto publican bandos con recomendacións e medidas postas en marcha para frear a crise. O investigador Felipe Aira lembra outras crises sanitarias que ao longo da historia afectaron a esta zona. E malestar na Asociación de Amigos do Camiño de Inverno por unha sanción que lle ven de notificar o concello por repintar sinais da ruta ao seu paso por Monforte. Falamos coa presidenta da Asociación e outros membros da directiva.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 11/03/2020

Hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa" ao concurso Semente da Ribeira Sacra e coa presidenta da Asociación promotora, Sara Fernández, repasamos finalistas do concurso. Conversamos con José Fuentes, secretario de acción sindical de CCOO Galicia Ensino que hoxe visita Colexios e Institutos monfortinos. Co xerente da Asociación Prodeme, Julio Cortiñas, falamos da residencia que teñen no Malvarón e que visitou o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Entre outros asuntos, contámoslle como se resolveu o conflicto aberto na Piscina climatizada de A Pinguela.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/03/2020

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola. Falamos hoxe abonados con Alfonso Losada e co investigador Enrique García. Repasamos obras que se realizan no Muferga co director do Museo, Luis Blanco. A Asociación de Amigos do Camiño de Inverno suspende a viaxe que tiña previsto realizar a Valencia por temor ao coronavirus. Falamos con Aida Menéndez, presidenta desta Asociación. Coa tenente alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, buscamos a última hora sobre o home que apareceu morto no río e repasamos a oferta do programa Activa. Entre outros asuntos conversamos tamén co representante dos traballadores da piscina da Pinguela, Alberto Martín Fernández. Agardan a partir de maña ter máis claro o futuro destas instalacións.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 09/03/2020

Rematada a Feira do viño de Chantada prepárase a de Quiroga e dela falamos co alcalde Julio Álvarez. Tamén dos orzamentos que aprobaron esta maña. Luis Salgueiro de Creativa cóntanos como viven as horas previas ao casting que acollen esta tarde para a nova película de Dani de la Torre que busca protagonistas en Monforte. Con Javier González, técnico de cultura do Concello de Pantón, falamos da homenaxe á abadesa Inés Fernández. Repasamos acto do 8 de Marzo en Monforte e homenaxe a Consuelo Alonso.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 06/03/2020

Buscamos a última hora sobre a Feira do Viño de Chantada conversando co alcalde Manuel Lorenzo Varela. Co profesor Mario Crecente repasamos conclusións do Seminario que sobre o Camiño de Inverno celebrou esta semana a Fundación Juana de Vega. A pintora Ana Ferreiro inaugura esta tarde en Monforte unha exposición da que ela mesma nos fala. Con Juan Enrique Miguens, director do Festival Pórtico do Paraíso, repasamos concertos que programan en Monforte e O Saviñao para a próxima fin de semana. Entre outros asuntos, conversamos tamén co alcalde do concello de O Incio, Héctor Corujo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 05/03/2020

Abrimos programa conversando co escritor Alfonso Eiré que hoxe presenta o seu novo libro. Falamos do Túnel do Viño e outras catas programadas na Feira do Viño de Chantada conversando co organizador, Bruno Lobelle. Coa concelleira de muller e igualdade do concello de Monforte, Margarita López, repasamos actividades programadas para este mes para conmemorar o 8 de Marzo. Coa actriz Iria Ares, repasamos a obra de teatro que hoxe representan en Monforte. Falamos tamén do Centro de Menores de Arela que visitou a directora xeral de familia, e con José María Vega repasamos os últimos triunfos do taekwondo local.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 04/03/2020

Abrimos programa conversando co promotor de Enonatur, o adegueiro e enólogo Roberto Regal, ao que adicamos hoxe o espazo "Facendo Empresa". Repasamos novos achádegos e proxectos da divulgadora Mar López que prepara un libro sobre esgrafiados. Escoitamos ao sumiller Ferrán Centelles que participan dun encontro con diversos profesionais do mundo do viño e a restauración no Balneario de Augas Santas. Entre outros asuntos, atendemos á "Xira Mulleres". Inés García cóntanos de que van estes obradoiros.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 03/03/2020

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola. Repasamos con Alfonso Losada resultado da cata de cualificación da colleita da D.O Ribeira Sacra e conversamos co adegueiro Fernando Vázquez. Entrevistamos ao presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Siero, Noreña e Sariego que están percorrendo o Camiño de Inverno. Coa delegada da "Red de Juderías", Marta Puig Quixal falamos das iniciativas que teñen en marcha para promocionar cidades, como Monforte, con legado Sefardi. Entre outros asuntos, co alcalde de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, falamos do punto limpo móbil que puxeron en marcha polas parroquias.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 02/03/2020

Abrimos programa conversando co voceiro do BNG en Monforte, Emilio Sánchez. Entrevistamos ao Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodriguez. Entre outros asuntos falamos da Feira do Viño de Chantada co concelleiro Manuel Diéguez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 28/02/2020

Abrimos programa falando da Feira de Oportunidades do CCU co xerente Ángel Folgueira. Co técnico de cultura do concello de Pantón, Javier González, falamos do desfile de entroido que teñen preparado para este sábado en Ferreira. Cig Saúde sigue denunciando falta de persoal no Hospital Comarcal de Monforte, explica en qué servizos o delegado deste sindicato, Vicente Vázquez. Entre outros asuntos, tamén atendemos á Cata de Calificación da última colleita da D.O Ribeira Sacra. Repasamos resultados co presidente do C.R, José Manuel Rodríguez.