Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 27/03/2020

Plan de entrega da compra a domicilio en marcha en Monforte cos voluntarios da Cruz Vermella. Falamos delo con Manuel María López. Entrevistamos á directora da Residencia da Terceira Idade de O Incio, Mariló Rodríguez. Repasamos como vai o confinamento no concello de O Saviñao conversando co alcalde, Carlos Armesto. Repasamos co delegado da Xunta en Lugo, Xosé Manuel Balseiro, os requisitos establecidos para realizar actividade agrogandeira. E falamos tamén co músico Alexandre González que ofrece concerto en directo este sábado vía Facebook do concello de A Pobra do Brollón..

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 26/03/2020

Reatriado do Perú Manolo Martínez, técnico do CV Ribeira Sacra. Está xa de volta e cóntanos como foi todo. Conversamos co crego responsable da Parroquia do Sagrado Corazón, José Luis Vázquez Coego. Agradece o apoio recibido para abrir canle en YOUTUBE e, como representante de Cáritas, repasa accións que están levando a cabo estos días. Conversamos co alcalde do Concello de Pantón, José Luis Álvarez, que nos conta como vai o confinamento polo citado concello e sen saír de Pantón, repasamos con Lucas Vázquez iniciativas que puxeron en marcha para entreter aos veciños a través das redes sociais.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 25/03/2020

Abrimos programa entrevistando á xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara. Conversamos co médico de familia Dr. Rosendo Bugarín. Co hosteleiro Julio Méndez, repasamos servizos que aínda manteñen estes días e entre outros asuntos, conversamos con Vicente Vázquez de CIG Saúde.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 24/03/2026

Abrimos programa escoitando mensaxes dos oíntes. Analizamos con Alfonso Losada como afecta o confinamento ao sector vitícola. Entrevistamos ao director xerente do Hospital Comarcal de Monforte, Iván Sanz e con Nuria Sánchez Lugilde e José Pino descubrimos o uso que se lle está dando ás impresoras 3D para fabricar determinado material de protección.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 23/03/2020

Aprobadas medidas de urxencia no ámbito social e económico que vai poñer en marcha o concello de Monforte. Repasámolas co alcalde José Tomé Roca. Conversamos tamén coa voceira de Esperta Monforte, con Maribel García. Co alcalde do Concello de O Saviñao, Carlos Armesto. Recollemos a preocupación existente entre colectivos como o dos dentistas, conversando cunha profesional do citado gremio, María José Martín. Entre outros asuntos buscamos a última hora sobre o incendio dunha panadería en Canabal e entrevistamos a Javier Segura do circo Nevada que lle toca pasar confinamento en Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 20/03/2020

Abrimos programa conversando co alcalde do concello de Sober que repartirá máquinas sulfatadoras entre os concellos da Ribeira Sacra da fábrica grazas á doazón feita pola fábrica que hai na localidade e para que sexan utilizadas para desinfectar espazos públicos. Co responsable de acción sindical de CCOO repasamos expedientes de regulación temporal de emprego que se poñen en marcha na zona. Repasamos protocolo posto en marcha polas Funerarias conversando con Paz Fernández. Entre outros asuntos, tempo tamén para a música, con Alberto Gallardo falamos dunha "Sesión Vermut" que poñen en marcha a partir de hoxe mesmo a través das redes sociais con varios artistas da zona e tamén entrevistamos ao cantautor Vizcaíno confiando na súa aldea de O Incio onde prepara novo disco.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 19/03/2020

Abrimos programa conversando co presidente da Asociación de Hostelería, Cheche Real, para repasar situación do sector e medidas que reclaman ao goberno. E nesta xornada de Festa preguntamos como pasan o confinamento artistas como Lucía Pérez, Emilio Rúa, con que falamos do seu novo disco, e con Andrés Montes. O dinamizador cultural do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Gago, danos conta unha nova iniciativa posta en marcha para informar aos veciños "Guimaralia Te Ve". E rematamos programa conversando co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, que estuda suspender taxas e impostos as empresas afectadas por esta crise do coronavirus. "

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 1203/2020

Hoxe chega a Monforte o Festival Pórtico do Paraíso. Falamos do concerto do director do Festival. Repasamos axenda da fin de semana da Asociación de Hostelería coa delegada da Asociación para esta zona sur. Recollemos o malestar da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno polo expediente que lle abriu o concello e entre outros asuntos, falamos dun invento feito por un grupo de alumnos do IES A Pinguela, cun dos profesores do citado centro.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 17/03/2020

Segue incrementándose o número de afectados polo coronavirus. Desto falamos co xerente de xestión integrada Ramón Ares. Conversamos coa xogadora Noelia Sánchez á que o Covid-19 precipita o fin da súa carreira deportiva e confinada en Menorca agarda poder axiña volta a Monforte. Repasamos operativo posto en marcha pola Cruz Vermella na zona pola emerxencia sanitaria, con Manuel María López. Co alcalde do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, falamos das medidas adoptadas sobre todo relacionadas cos maiores. E con Alfonso Losada, falamos de plantacións.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 16/03/2020

Abrimos programa conversando co alcalde do Concello de Sober que pon en marcha desde hoxe servizo a domicilio cos voluntarios de protección civil, para evitar desprazamentos sobre todo dos maiores. De como está a situación en Monforte falamos co alcalde José Tomé Roca. Con Adrián Casanova de Náufragos Do Paradiso repasamos a iniciativa solidaria de voluntariado que poñen en marcha para facer recados aos veciños que o precisen. Entre outros asuntos, conversamos co párroco da Igrexa do Sagrado Corzón do barrio da Estación porque a situación de emerxencia sanitaria que vivimos tamén afecta aos oficios relixiosos e él abriu unha canle en Youtube onde sube as misas para que as poidan seguir os que estean interesados.