Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 13/04/2020

Abrimos programa falando co director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro e da peza que gravaron en confinamento. Conversamos coa doutora Cristina Sardiña, unha das coordenadoras da "Planta Covid" do Hospital Comarcal de Monforte, que afortunadamente segue con pouca presión asistencial. Repasamos a situación da pandemia no concello de Bóveda co alcalde José Manuel Arias. Entre outros asuntos, repasamos novas propostas do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra coa xerente Alexandra Seara.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 08/04/2020

Abrimos programa conversando co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, amplía controis para que non chegue a vila ningún de fora, nunha fin de semana na que, nunha situación normal, celebrarían a Feira do Viño aprazada en principio ata xullo. Monforte tamén apraza a celebración da Feira Medieval e os actos do Martes de Pascua. Destes e outros asuntos da actualidade monfortina falamos co alcalde José Tomé Roca. Entre outros asuntos repasamos como está o servizo de urxencias do Hospital Comarcal conversando cunha das enfermeiras do mesmo, con Beatriz Blanco.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 07/04/2020

Abrimos repasando novas do sector vitícola con Alfonso Losada. A fábrica de calzados Losal empezou onte a facer máscaras. Falamos desto co xerente, Gonzalo López. Tamén hai particulares que levan feito centos delas, como Paula Fernández, coa que conversamos hoxe. Cóntanos como vai o confinamento por Ribas de Sil o alcalde do citado concello, Miguel Sotuela. E rematamos programa conversando coa psicóloga Noelia Pastor, con consellos para esta época de confinamento.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 07/04/2020

Abrimos repasando novas do sector vitícola con Alfonso Losada. A fábrica de calzados Losal empezou onte a facer máscaras. Falamos desto co xerente, Gonzalo López. Tamén hai particulares que levan feito centos delas, como Paula Fernández, coa que conversamos hoxe. Cóntanos como vai o confinamento por Ribas de Sil o alcalde do citado concello, Miguel Sotuela. E rematamos programa conversando coa psicóloga Noelia Pastor, con consellos para esta época de confinamento.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 06/04/2020

Abrimos programa conversando co doutor Prieto Fernández, médico do Centro de Saúde de Monforte. Falamos con Franscisco Xavier Almuiña, presidente da Asociación de Casas de Turismo Rural da Ribeira Sacra. Co xerente da Asoc. Prodeme, Julio Cortiñas. Entrevistamos tamén ao director do Colexio de Bóveda, Fran Bouso, e entre outros asuntos, contámoslle tamén que Calzados Losal empezou a facer máscaras.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 03/04/2020

Os nenos que cumpran anos en confinamento no concello de Sober serán felicitados polos voluntarios de Protección Civil. Unha iniciativa que repasamos co alcalde Luis Fernández Guitián. Entrevistamos ao músico Benxamín Otero que prepara concerto virtual para este sábado a través das redes sociais do Concello de A Pobra do Brollón. Neste concello, en Salcedo, está confinada a actriz Nuncy Valcárcel coa que falamos tamén neste día. A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, repasa propostas que fan ao goberno local para axudar aos cidadáns afectados pola situación que estamos vivindo. Entre outros asuntos falamos de paro e de ERTES presentandos na provincia con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 02/04/2020

Repasamos como vai a situación da pandemia pola zona e abrimos programa conversando co xerente do CCU sobre as iniciativas que puxeron en marcha nas redes sociais Asociacións de Comerciantes de toda Galicia. E como pilla esta crise ás duas fábricas de calzado que temos en Monforte? preguntámosllo ao xerente de Calzados Losal e ao de Curgal. Conversamos co alcalde de Pantón, repasamos actividades que teñen en marcha en O Saviñao e escoitamos a mensaxe institucional do alcalde de Monforte aos veciños do concello.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 01/04/2020

No programa de hoxe conversamos coa primeira paciente do Hospital Comarcal de Monforte que recibe a alta tras superar o coronavirus. Entrevistamos tamén ao médico que coordina a planta habilitada neste centro hospitalario para os afectados polo Covid19. Conversamos co alcalde do Concello de A Pobra do Brollón que reclama que aos concellos se lles facilite información sobre os afectados. Co director do IES A Pinguela repasamos como van as clases e a fabricación de viseiras que levan a cabo dende o ciclo de informática e un día máis recollemos denuncias de Cig-Saúde que reclama máis persoal, material e mellores protocolos de actuación para os propios traballadores.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 31/03/2020

Abrimos programa escoitando demandas que plantexa Cig Saúde para o persoal sanitario desta zona sur de Lugo e que nos explica Vicente Vázquez. Con Alfonso Losada Quiroga e co presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, falamos das xeadas e da situación na que están as viñas. Coa directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Mª Carmen Martínez Insua, falamos dos trámites que segue completando a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Entrevistamos a Héctor Súarez, veciño de Telleiros, no Concello de Sober, que segue coa impresora 3D fabricando viseiras de protección para o persoal que loita contra o Covid19. Conversamos co enfermeiro Brais Vázquez, do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita. Tamén coa responsable comarcal do BNG, Rosana Prieto Florines. E con José Luis González da Funeraria Raúl, repasamos novas restriccións para velorios e cerimonias fúnebres.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 30/03/2020

Abrimos o programa de hoxe conversando co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. Co Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, repasamos medidas adoptadas polo goberno galego para tentar frear a crise. Medidas foron tamén adoptadas a nivel local e repasámolas co alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Pedímoslle tamén á xerente do Consorcio Turístico que valore a aceptación da Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial por parte da Unesco.