Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 27/04/2020

Hoxe cumprimos cinco anos e abrimos programa lembrando algunhas das mensaxes emitidas naquela primeira xornada de emisións. Repasamos a actividade máis próxima e entrevistamos á voceira de Esperta Monforte, Maribel García e o director da Escola de Música Moderna, Gonzalo Herrero.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 24/04/2020

Abrimos programa falando co alcalde do Concello de Sober que empezou onte co reparto de máscaras infantís. No Concello de O Saviñao empezaron co reparto hoxe e son máscaras fabricadas por unha empresa local, Confecciones Elper, entrevistamos ao seu responsable, José Luis Losada Pérez. Falamos co sarxento do Parque Comarcal de Bombeiros, Tomás Losada González, porque para este venres ás 20 horas teñen preparada unha nova "caravana de sereas". Con Pedro Sancosmed, coordinador de enfermería do Centro de Saúde de Monforte, coñecemos como se fan as probas para o estudo epidemiolóxico que promove o Sergas.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 23/04/2020

Os músicos siguen creando en confinamento e delo falamos con Andrés Montes. Neste Día do Libro conversamos cunha libreira, Ada Agrasar, e cunha bibliotecaria, Mónica Carballo. No concello de O Saviñao empezan maña a repartir máscaras infantís. Repasamos esta e outras novas do citado concello co alcalde Carlos Armesto. Recollemos tamén propostas do PP de Monforte coa voceira Kati Varela. E co investigador Felipe Aira hoxe lembramos feitos acontecidos no século XVII na parroquia de Caneda.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 22/04/2020

Abrimos programa con Toñyto García de Jinetes del Trópico que colgan nas redes un tema sobre o coronavirus. Coa xerente do Consorcio Turístico falamos do xogo de escape on line que poñen hoxe en marcha. Falamos co fotógrafo Manuel Valcárcel, un documental no que participou ven de gañar tres premios nun dos Festival Internacionais de Cine e Televisión máis importantes do mundo como é o de Nova York. Coñecemos algo máis da empresa Linconld Ibérica conversando co seu responsable, Daniel Figueroa. Fabrica en Monforte lixivia que distribúen a empresas de diversas comunidades. E con Emilio Sánchez, voceiro do BNG de Monforte, repasamos propostas que fan ao equipo de goberno.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 21/04/2020

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola. Hoxe falamos con Alfonso Losada e José Luis Bartolomé, da recuperación de variedades como o godello. Co alcalde de Monforte repasamos a orde do día do pleno extraordinario convocado para este venres. Falamos co xerente do CCU da campaña que puxeron en marcha para animar aos clientes. Atendemos á suspensión do Festival do Paradiso conversando cunha integrante da Asociación promotora e rematamos conversando co director da Residencia de Bóveda onde manteñen 17 residentes con COVID.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 20/04/2020

Como viven as farmacias a emerxencia sanitaria? Preguntámosllo a Nuria Sala, traballadora da Farmacia Madriñan. Repasamos coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, novos proxectos nos que traballan para a Ribeira Sacra, niste caso para habilitar duas rutas de sendeirismo. A empresa Curgal súmase á confección altruista de máscaras. Falamos delo co xerente da empresa, con José Ángel Pérez. E tamén entrevistamos ao delegado territorial da Xunta, Xosé Manuel Balseiro.

Manola Porto

MAS DE UNO MONFORTE 17/04/2020

Abrimos programa repasando propostas en rede para a fin de semana como o concerto "Cos Pés Na Casa" que organiza o concello de A Pobra do Brollón e que este sábado contará coa participación de Laura LaMontagne coa que conversamos hoxe. Entrevistamos ao doutor Ramón Muñoz, coordinador do servizo de urxencias do Hospital Comarcal de Monforte que segue con cero pacientes COVID ingresados. Joaquín Garrido é o director xerente da empresa Oviganic Ibérica afincada no polígono de O Reboredo, de capital chino, dende o país asiático mandan material de protección para o SERGAS. Na recta final escoitamos ao presidente da Asociación Provincial de HosteleríA, Cheché Real, que analiza a situación do sector e lembra as reivindicacións que plantexan o mesmo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 16/04/2020

O Hospital Comarcal de Monforte de Lemos primeiro de Galicia sen pacientes COVID tras ser dados de alta os tres positivos que permanecían hospitalizados. Non se pode baixar a garda porque poden aparecer novos positivos en calquera momento pero é un boa noticia da que falamos co director xerente deste centro Hospitalario, Ivan Sánz. Das últimas novas do ámbito educativo falamos coa profesora Rosa María Gamallo. Repasamos novas iniciativas postas en marcha, entre outros, nos concello de Pantón e O Incio relacionadas coa emerxencia sanitaria. O presidente do CRAEGA cóntanos como foi a reunión que mantivo co Conselleiro de Medio Rural e co adegueiro Roberto Regal, falamos dunha poxa organizada nas redes para recadar cartos para a investigación do Covid19.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 15/04/2020

O sector turístico da Ribeira Sacra está formado por numerosos autónomos e pequenas empresas, como as de Paula González coa que conversamos hoxe, preocupados polos futuro. Co comandante Pablo Ponce de León, responsable de comunicación da BRILAT, falamos das tarefas encomendadas ao exército que segue en Monforte con labouras de control e desinfección. Conversamos co axente de espectáculos Alberto Gallardo, preocupado tamén polo futuro do sector. Entre outros asuntos repasamos iniciativas que pola emerxencia sanitaria siguen poñendo en marcha concellos como o de O Saviñao, A Pobra do Brollón ou Sober.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 14/04/2020

Abrimos programa repasando con Alfonso Losada novas do sector vitícola. Co investigador Felipe Aira repasamos a historia do Martes de Pascua. Falamos co director do IES Río Cabe, Carlos Parada, entre outras cousas do concurso de microrrelatos que teñen en marcha. E con Gonzalo López, xerente de Losal falamos da recuperación da actividade nunha fábrica que prepara o seu primeiro envío para China e segue fabricando tamén máscaras.