Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 12/05/2020

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola conversando con Alfonso Losada e co encargado da adega Rectoral de Amandi, con Antonio Vide. Recollemos valoración do Plan Reactiva dos voceiros dos grupos da oposición do concello de Monforte e dos representantes dos sectores económicos que se van a ver beneficiados das axudas que dito plan recolle. Falamos da feira que hoxe se recupera en Sober e hoxe, que se celebra o Día Internacional da Enfermería, rematamos programa conversando cunha profesional deste ámbito, con Rebeca Diéguez Méndez, unha monfortina que leva desde o 2015 traballando no Hospital Comarcal de Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 11/05/2020

Entramos na Fase 1 da desescalada co comercio aberto prácticamente na súa totalidade e poucas terrazas. Falamos con tres comerciantes para coñecer como está sendo a reapertura. Co alcalde de Monforte repasamos, entre outras cousas, como vai ser o reparto de axudas aprobado o pasado venres para empresas, autónomos e traballadores. Co párroco do barrio da Estación falamos da apertura das Igrexas. Tamén se recuperan funerias e velatorios, niste caso repasamos normativa cunha empresaria do sector. E dos problemas que co suministro de auga tiveron esta fin de semana no concello de Bóveda, falamos co alcalde do citado concello.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 08/05/2020

Abrimos con recomendación literaria para a fin de semana "Gotas de Esperanza". Falamos co autor, Fernando Hernández González. Xornada de Feira en Escairón. Da reapertura deste mercado falamos co alcalde Carlos Armesto. Falamos da páxina habilitada para promoción da Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara. O concello do Caurel agarda sumar ao presuposto municipal o remanente de tesourería, previsión que repasamos coa alcaldesa Lola Castro. E con Beatriz Vila, delegada para esta zona do sector da Hostelería repasamos previsións de apertura dos citados establecementos.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 07/05/2020

En outubro de 1892 sairon de Monforte por tren 2.500 cabezas de gando. Repasamos co investigador local Felipe Aira, esta é outras curiosidades históricas. Repasamos propostas que fai o BNG e Esperta Monforte ao equipo de goberno para axudar aos sectores económicos a saír da crise, conversando cos voceiros dos citados grupos Emilio Sánchez e Maribel García. Con Mario Docasar, secretario local de acción sindical de CCOO falamos, entre outras cousas dos ERTES que hai nesta zona sur e medidas que reclaman para o sector da hostelería. E con Pedro Sancosmed coordinador do Centro de Saúde de Monforte, buscamos balance dos test epidemiolóxicos realizados.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 06/05/2020

Abrimos conversando co musicólogo Xosé Lois Foxo que nos presenta unha composición que vén de crear adicada aos maiores. Coa psicóloga Arantxa Vidal, repasamos actividade que en tempos de coronavirus realiza a xunta provincial da Asociación de Loita contra o Cancro. Coa voceira do PP, Kati Varela, repasamos iniciativas que trasladan ao equipo de goberno do concello de Monforte en relación á hostelería. Un empresario do sector turístico, Antonio Rodríguez, cóntanos como se prepara para retomar actividade encanto a situación o permita. Entre outros asuntos, falamos tamén do brinde colectivo e virtual que prepara o CRDORS para celebrar o Día Movimiento Vino, co presidente do Consello José Manuel Rodríguez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 05/05/2020

Abrimos programa repasando novas do sector vitícola con Alfonso Losada e con Rafael del Rey, Director do Observatorio Español do Mercado do Viño. Repasamos incidencias da treboada de onte con Tomás Losada, sarxento do Parque Comarcal de Bombeiros, cos alcaldes dos concellos de Bóveda, O Incio, A Pobra do Brollón e Pantón. Falamos dos danos ocasionados no IES Rio Cabe, conversando co director do Instituto, Carlos Parada. E co xerente do CCU, Ángel Folgueira repasamos previsión de apertura do comercio local. Falamos tamén con Yolanda Varela, responsable dun establecemento que se estrena hoxe en Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 04/05/2020

Entorno a unha vintena de positivos Covid temos na zona sur de Lugo e son atendidos nos seus domicilios. Da situación falamos con Iván Sanz xerente do Hospital Comarcal. Prepara desescalada o concello de O Saviñao eliminando taxas para o sector da hostelería ao que repartirá material de protección que hoxe empezaron tamén a entregar nas peluquerías. Algunhas como Tempus, xa abriu hoxe e a propietaria, Teresa González, cóntanos como está indo o día. Conversamos tamén coa atleta Saleta Fernández. Confinada en Monforte agradece tamén poder empezar a saír a facer deporte fora de casa.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 30/04/2020

Abrimos repasando historia local con Felipe Aria. Repasamos coa responsable comarcal do BNG Rosana Prieto, iniciativas que plantexa á Deputación relacionadas co turismo. Conversamos con Beatriz Pérez da Asociación Profesional de Guías que traballan tamén para recuperar o sector. O presidente da Asociación Provincial de Hostelería, Cheche Real, analiza a desescalada para o sector que representa. E entre outros asuntos, tempo para lembrar unha Feira do Viño de Vilachá que non vai poder ser esta fin de semana. Falamos coa adegueira Puri Díaz.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 29/04/2020

Abrimos conversando co alcalde do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, onde hoxe organizaron coas forzas de seguridade unha caravana de homenaxe aos veciños. Co alcalde do concello de Sober, Luis Fernández Guitián, repasamos como prepara o plan de desescalada. Repasamos tamén, entre outros asuntos, a actualidade do concello de Monforte conversando co alcalde, José Tomé Roca.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 28/04/2020

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola. Repasamos enfermidades e tratamentos propios desta época con Alfonso Losada e Vitoriano Pérez. Repasamos resultados da enquisa feita entre o sector turístico da Ribeira Sacra polo Consorcio, conversando coa xerente, Alexandra Seara. Entre outros asuntos, entrevistamos a David Vázquez, director do documental "Narote" que ben de ser premiado en Arxentina.