Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 26/05/2020

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola, falamos co adegueiro Evaristo Rodríguez. E nesta segunda xornada da Fase 2 repasamos como vai a reapertura da actividade comercial en Monforte conversando cos responsables de varios negocios. Repasamos actividade do concello de Pantón, conversando co alcalde José Luis Álvarez. E con Cristina de la Torre repasamos o legado que deixa o arquitecto Manuel Jorge falecido na xornada de onte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 25/05/2020

Entramos na Fase 2 o que trae consigo que poidan reanudar clases presenciais algúns alumnos. Para ver como foi a mañá conversamos cos directores dos tres Institutos monfortinos, Carlos Parada do Río Cabe, Enrique Sampil de A Pinguela e Isaac González do Daviña Rey. Entre outros asuntos falamos tamén da impugnación presentada por Esperta Monforte para que non se empregue en obras prescindibles o remanente municipal, que se destine á recuperación económica.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 22/05/2020

Abrimos programa conversando con Luis Buitrón, enólogo da adega Guímaro a mellor puntuada por Robert Parker. Tamén entrevistamos á voceira do grupo municipal do PP, Kati Varela, que pide máis diálogo ao alcalde e que atenda propostas da oposición. Conversamos con Roberto Castro, tenente de alcalde do concello de Ribas de Sil onde se suspende a Festa das Cereixas. E repasamos tamén actividade do concello de Sober co alcalde, Luis Fernández Guitián.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 21/05/2020

Abrimos programa repasando con Felipe Aira a historia do popular barrio monfortino de Ramberde. Emilio Sánchez voceiro do BNG en Monforte repasa propostas que presentaron no concello para axudar na crise económica que derive da crise sanitaria. Entre outros asuntos, falamos do uso das máscaras que pasa a ser desde hoxe obrigatorio, coa farmacéutica Carme Raíces.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 20/05/2020

Abrimos programa conversando co arqueólogo Xurxo Ayán, repasamos como afecta a situación que vivimos aos proxectos arqueolóxicos que tiñan organizados para este verán. Repasamos a actualidade do concello de Monforte conversando co alcalde, José Tomé Roca. Entre outros asuntos, falamos tamén do Coworking Ribeira Sacra que segue adiante vía telemática. Entrevistamos ao coordinador do mesmo Alfonso Martínez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 19/05/2020

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola conversando con Alfonso Losada e con Brais Iglesias, presidente da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro que nos explica a fórmula que idearon para facilitar a venda do viño que non sae para restauración e hostelería. Repasamos novas do concello de O Saviñao co alcalde Carlos Armesto. A bibliotecaria Mónica Carballo repasa medidas postas en marcha para recuperar o servizo de préstamos e devolucións. Tamén se reanuda en Bóveda e repasamos esta e outras actividades culturais que teñen en marcha conversando coa animadora Miriam Palmón. E con Santi Díaz, adestrador do Club Quixós falamos da recuperación da actividade.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 18/05/2020

Abrimos programa conversando coa deputada do BNG Olalla Rodil tras reunirse con representantes do comercio, a hostelería e o sector turístico desta zona sur. A voceira do PP de Monforte Kati Varela, considera que o "Plan Reactiva é corto de presuposto e excesivo en trámites" e explica por qué. Conversamos tamén co presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez. Non considera lóxico que na guía de Robert Parker aparezcan como viños da Ribeira Sacra, elaboracións feitas fora da D.O. Con Marta Villén repasamos gañadores do Concurso "Movimiento Vino", e entre outros asuntos falamos de novos proxectos que se preparan por parte do Concello e da CHMS para o saneamento en Monforte e de iniciativas que presenta Esperta Monforte sobre o remate da rúa Cardeal.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 15/05/2020

Recuperan hoxe a Feira en Ferreira e falamos dela co alcalde José Luis Álvarez. Coa sumiller Mercedes González repasamos como vai ser a cata on line que fará esta tarde con viños da D.O Ribeira Sacra. Viños que siguen sendo moi ben puntuados por Robert Parker que outorgou 98 puntos sobre 100 a un viño da adega Guímaro. Falamos co adegueiro Pedro Rodríguez. Con Martín Alemparte, coordinador do Xeoparque Montañas do Courel, repasamos lugares a visitar neste territorio en canto as circustancias o permitan. E cumpre 70 anos a Sociedade Filarmónica de Monforte falamos delo co presidente desta entidade, Antonio Prado.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 14/05/2020

Abrimos repasando historia local con Felipe Aira, repasa producción de aceite en Monforte no século XVII. Repasamos con José Ángel Pérez, obras de ampliación que se levan a cabo no Club de Golf Río Cabe, aberto xa para os socios. Co doutor José María Prieto repasamos como vai recuperando a normalidade o Centro de Saúde de Monforte e a homenaxe feita hoxe aos sanitarios falecidos nesta pandemia. Coa tenente alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, repasamos como se presentan as solicitudes para as axudas do Plan Reactiva Monforte. Co técnico de animación sociocultural do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Gago, facemos balance da iniciativa "Guimaralia Te Ve", e rematamos conversando co alcalde de Bóveda José Manuel Arias, onde hoxe recuperaron a feira de Rubián.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 13/05/2020

Suspendido o Festival Trece Roeis e a Batalla de grupos que este verán ían celebrar en Pantón. Falamos con Miguel García da comisión organizadora. Como o resto dos hoteles, tamén o Balneario de Augas Santas segue pechado pero hoxe abriron xa o Campo de Golf. Falamos co director deste establecemento, Santiago Villanueva. E a nota máis alta de STEMbach é para un alumno do IES Daviña Rey, Pablo Pavón, co que repasamos o estudo que presentou. Entre outros asuntos, conversamos tamén co delegado da Xunta en Lugo, Xosé Manuel Balseiro, que hoxe presentou o Plan de Reactivación Cultural e Turístico da provincia de Lugo.