Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 09/06/2020

Abrimos programa repasando novas do sector vitícola conversando con Alfonso Losada. Falamos de varios proxectos que teñen en marcha no concello de Sober co alcalde Luis Fernández Guitián. Con Severino Rodríguez, portavoz da Asociación Semente Monforte repasamos novo concurso que preparan para iniciativas relacionadas coa Covid 19 e dos novos prazos do Concurso de Proxectos Empresarias que tiñan paralizado pola emerxencia sanitaria. Entre outros asuntos facemos balance da actividade realizada pola Cruz Vermella nas últimas semanas, conversando con Manuel M. López, responsable de comunicación desta institución na provincia.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 08/06/2020

Abrimos programa conversando con Anxo Moure, leva moitos anos promovendo educaciòn medio ambiental e repasamos iniciativas que ten en marcha nestes intres. Suspéndese Fancine de Lemos. Repasamos motivos con Iván Patiño presidente deste Festival. Co coordinador de enfermería do Centro de Saúde de Monforte, Pedro Sancosmed, falamos dos test de seroprevalencia que empezaron a facer de novo hoxe. A corporación monfortina deu luz verde a novos proxectos de alumeados que, entre outros asuntos, repasamos co alcalde José Tomé Roca. E estrenando Fase 3 xa poden abir espazos como os ximnasios, hoxe vistamos o Neka e conversamos con José María Vega.

Con Manola Porto Arias

MÁS DE UNO MONFORTE 05/06/2020

Abrimos programa conversando con Pilar García, deputada de turismo na Deputación de Lugo, falamos entre outros asuntos da posta en marcha dos catamaráns polos ríos Sil e o Miño. "Despois de todo, mereces un respiro", é a nova campaña do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra da que falamos coa xerente, Alexandra Seara. Repasamos novas do concello de A Pobra do Brollón co alcalde do citado concello Xosé Lois Maceda. E falamos tamén da Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra coa presidenta da Asociación Aida Menéndez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 04/06/2020

Co investigador Felipe Aira repasamos a historia da desaparecida ponte de ferro. Con Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Hostalería buscamos a última hora sobre a situación do sector. O Circo Nevada ofrece hoxe a súa primeira función pos-Covid. Falamos co seu responsable, Javier Segura, e con algúns dos artistas que se preparan para actuar esta tarde, como a trapecista e o malabarista. E conversamos tamén con Paula Vázquez Verao, voceira de Agroma Sober, repasamos propostas que este grupo plantexa para o ámbito turístico.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 03/06/2020

Inundacións no centro de Monforte a causa da tormenta que nos acompañou. Falamos con Tomás Losada, sarxento do Parque Comarcal de Bombeiros que atenderon ata unha quincena de chamadas. Esperta Monforte propón crear unha Plataforma Veciñal encontra da construción dunha nova ponte no Paseo do Malecón, explica os motivos a voceira Maribel García, recollemos tamén valoración sobre esta construción do PP e do BNG, Kati Varela e Emilio Sánchez. Repasamos novas do concello de Pantón co alcalde José Luis Álvarez. Repasamos coa historiadora Flora Enríquez datos da Igrexa de Pombeiro, que vai a ser acondicionada. A dentista María José Martin, cóntanos como é a volta á normalidade neste sector, en concreto na súa clínica e o secretario de acción sindical de CCOO Mario Docasar, analiza datos do paro nesta zona sur de Lugo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 02/06/2020

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola conversando con Alfonso Losada e con Roberto Verino. Aprazadas as Xornadas do Románico en Pantón repasamos co técnico de cultura, Javier González, iniciativas para manter viva a filosofía das mesmas. O concello de Monforte convoca un concurso de ideas para construir unha nova ponte no Paseo do Malecón, escoitamos que explicaba o alcalde, José Tomé Roca, na presentación da iniciativa. A voceira de Esperta Monforte, Maribel García, explica por que piden a celebración dun pleno extraordinario. CIG Saúde denuncia que non se cubra a vacante do microbiólogo escoitamos a Vicente Vázquez, e entre outros asuntos falamos do Congreso Virtual que sobre o aceite se ven de celebrar o concello de Quiroga, conversando co alcalde Julio Álvarez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 01/06/2020

O día 25 reabre o Parador de Monforte. Falamos coa directora Lilian Ferral. E desde este luns xa podemos visitar a adega Regina Viarum. Conversamos co xerente, Iván Gómez. Entrevistamos ao director monfortino Dani De La Torre que prepara rodaxe na Ribeira Sacra. Entre outros asuntos, conversamos tamén Josela Fernández que abrirá o Museo de Casas de Muñecas.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 29/05/2020

Xornada de Feira en Bóveda onde se prepara a construción dunha rotonda para incrementar a seguridade vial no cruzamento das estradas LU 546 e LU 652. Falamos desto co alcalde do Concello de Bóveda, José Manuel Arias. Ao longo da semana que hoxe remata foron tamén anunciando varias obras que se van levar a cabo no concello de Monforte. Repasámolas conversando co rexedor local, José Tomé Roca. E seguen reabrindo establecementos, achegámonos hoxe ao Restaurante Bistró que prepara tamén novidades para o próximo mes. Falamos co promotor, Manuel Fernández. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 28/05/2020

Abrimos repasando historia local co investigador Felipe Aira que nos fala da poboación e do comercio que había en Monforte en 1910. O confinamento disparou a demanda de piscinas, falamos delo cun dos responsables de Instalaciones del Valle, Xoel del Valle. Da desescalada no turismo da Ribeira Sacra falamos coa xerente do Consorcio, Alexandra Seara. A voceira do BNG no concello de Pantón, Rosana Prieto, repasa propostas que levan ao pleno. Rematamos programa resumindo outros asuntos da actualidade máis próxima.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 27/05/2020

Desde esta mesma tarde ábrese ao público a praia fluvial de a Cova. Repasamos en qué condicións co alcalde do Concello de O Saviñao, Carlos Armesto e con Diego Rodríguez responsable do restaurante que hai no lugar. Falamos de emprendemento no rural. Coñecemos a experiencia de Samanta Cortés que voltou á aldea e desde a mesma montou a súa empresa ofertando marketing dixital en Internet. O Circo Nevada prepara funcións gratuitas para os monfortinos a partir da primeira fin de semana de xuño. Falamos co responsable do mesmo Javier Segura. E Vicente Vázquez de CIG Saúde, explica porque piden máis persoal para o Servizo de Admisión do Hospital Comarcal de Monforte.