Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 23/06/2020

Abrimos programa falando do sector vitícola co presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez. Co xerente do CCU Monforte, Ángel Folgueira, repasamos como vai recuperando a normalidade o sector do comercio. E facemos o propio co sector da Hostalería, conversando coa delegada da Asociación para esta zona Beatriz Vila. Conversamos tamén coa candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil que denuncia hoxe en Monforte a deficiencia do sector ferroviario na provincia e tamén no ámbito sanitario.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 22/06/2020

Relevo en Esperta Monforte. A voceira Maribel García renuncia á acta de concelleira, explica os motivos e repasamos tamén no programa o pleno extraordinario celebrado a última hora do venres. Coa directora da Uned para esta zona Ana Traseiras, falamos da exposición que teñen aberta en Monforte. Falamos dos campamentos infantís que organiza o concello de Monforte coa tenente alcalde Gloria Prada. Campamentos hai programados tamén en Bóveda, falos deles e de outros asuntos de actualidade do citado concello co alcalde José Manuel Arias.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 19/06/2020

Creada unha plataforma en contra da construción dunha nova ponte no Paseo do Malecón, falamos cun dos promotores Javier Novoa. Valoración deste proxecto recollemos tamén hoxe do voceiro do BNG en Monforte, Emilio Sánchez co que repasamos este e outros asuntos da actualidade municipal. Tamén conversamos hoxe co alcalde do concello de Pantón, José Luis Álvarez. Con Fernando Olmo falamos cun novo sindicato que a nivel galego veñen de crear traballadores de auto escolas e abrimos programa conversando co músico Andrés Montes.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 18/06/2020

Abrimos programa co espazo adicado á historia local, o investigador Felipe Aira fala do antigo Hotel Victoria. A adega Vía Romana aportará un 10% das vendas on line á investigación do Covid19, falamos co xerente Juan Luis Méndez Rojo. Repasamos co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, como será o reparto do medio millón de euros do "Plan de Axuda a Familias e Sectores Económicos" entre os veciños de Monforte. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Manuel Randulfe o director do Conservatorio Adagio que cumpre hoxe 30 anos.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 17/06/2020

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" que adicamos hoxe ao Restaurante Merenzao. Falamos co seu responsable Carlos J. González. Coa historiadora Tamara Fernández falamos dun estudo que vén de realizar sobre a gripe de 1918 e paralelismos coa actual pandemia da Covid19. Co vice presidente da Asoc. de Veciños de O Saviñao, Manuel Sarmiento, repasamos propostas que presentaron no concello en relación á produción de aceite nesta zona sur de Lugo. Entre outros asuntos falamos tamén da piscina do Clube Fluvial que abriu xa este luns pero á que este verán so poderán acceder os socios.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 16/06/2020

O PP de Monforte pide que se faga unha consulta para que os cidadáns se pronuncien sobre a construción dunha nova ponte no Malecón. Deste e outros asuntos falamos coa voceira popular Kati Varela. Para crear unha plataforma encontra desta construcción hai convocada unha reunión para este xoves da que falamos con Manolo Martínez, un dos impulsores. Vicente Vázquez de Ciga Saúde denuncia falta de material no Hospital Comarcal para facer probas de RX. Ademáis desto, como cada martes abrimos programa con novas do sector vitícola. Hoxe coñecemos unha nova marcha de viño elaborado en Rectoral de Amandi.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 15/06/2020

Fai un ano que se formaba a nova corporación municipal e Tomé Roca prometía como alcalde por segundo mandato consecutivo. Conversamos con él no programa de hoxe para facer balance e repasar asuntos da actualidade local. Con María Abuín de Máis que Románico repasamos novas rutas que preparan a partir de xullo pola Ribeira Sacra e con Alexandra Seara repasamos acordos do pleno que ven de celebrar o Consorcio Turístico, entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 12/06/2020

Esta fin de semana empezan a funcionar os catamaráns da Deputación de Lugo, explica como a deputada da área de turismo, Pilar García. Tamén as empresas privadas que ofertan viaxes recuperan actividade, é o caso de SilTrip, conversamos con Keka Ramirez. Con Martin Alemparte, xerente do GDR Ribeira Sacra - Courel repasamos a campaña que teñen en marcha de promoción do traballo que levan feito no rural os últimos trinta anos. E escoitamos a Carmen Pomar, Conselleira de Educación que repasa previsións cara o inicio do próximo curso escolar.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 11/06/2020

Co investigador Felipe Aira abrimos repasando a historia da urbanización do Paseo do Malecón. Conversamos co xerente da EOXI Ramón Ares que asegura que seguirá tendo neurólogo o Hospital Comarcal. Falamos do traballo de Cáritas en Monforte e comarca e das necesidades que teñen nestes intres, con Rafael Mella e Mari Freire. Entre outros asuntos, repasamos tamén novas do concello de Pantón conversando co alcalde José Luis Álvarez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/06/2020

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos ao Restaurante O Grelo e conversamos co seu responsable Emilio Rodríguez. Co animador cultural de A Pobra do Brollón, Xosé Gago, falamos do novo ciclo de concertos que preparan a partir deste domingo. O Hospital Comarcal de Monforte quedará sen neuróloga, unha marcha que denuncia Cig - Saúde, falamos con Vicente Vázquez, delegado do citado sindicato. Co alcalde de O Saviñao, Carlos Armesto, falamos dun incendio que tivo lugar esta maña na Casa de Turismo Rural, Torre Vilariño e de como vai ser o albergue que se vai habilitar en Diomondi.