Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 12/08/2020

Sen Feira da Rosca hoxe en Sober por mor da Covid19. Falamos co alcalde Luis Fernández Guitián. Co xerente do CCU de Monforte, Ángel Folgueira, falamos do auto-cine que preparan para a última fin de semana de agosto no estacionamento do Parque dos Condes. Repasamos con Martin Alemparte, xerente do GDR Ribeira Sacra Caurel, como se resolveu a última concesión de axudas do programa Leader que xestionan. Entre outros asuntos, entrevistamos tamén ao presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 11/08/2020

Abrimos programa o espazo adicado ao sector vitícola, co técnico Alfonso Losada repasamos controis de maduración e últimos tratamentos que precisan as viñas. Arantxa Vidal, psicóloga da AECC fálanos da campaña que teñen en marcha para lembrar as festas patronais e á vez recadar cartos para as actividades da propia asoc. Co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias falamos do proxecto que van a executar para poñer en valor o conxunto etnográfico do Souto. Xurxo Martínez, da Asociación de veciños de Vilachá de Salvadur, cóntanos por qué pode ser pre-románica a igrexa de Rozabales. Repasamos datos laborais da zona sur con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO en Lemos. Entre outros asuntos, dos casos positivos da Covid19 aparecidos en Chantada falamos co enfermeiro do Centro de Saúde do citado Centro, Ildefonso Piñeiro.

Con Manola Porto

Monforte na Onda 10/08/2020

Abrimos programa conversando con Carmen Rodeja da ARMH das escavacións que hoxe comezaron en Fornelas para recuparar restos de de dous veciños fusilados no 36. Co director xerente do Hospital Comarcal de Monforte, Iván Sanz, repasamos a incidencia da Covid na zona e do estado no que se atopan as dúas mulleres que permanecen ingresadas do brote de O Saviñao. Falamos dos accesos á fervenza de Augacaída onde se feriu esta fin de semana unha muller que caíu na zona. Entre outros asuntos rematamos programa conversando con Manuel Macía González, un dos produtores de mel que participa hoxe na mostra que se celebra en Quiroga.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 03/07/2020

No programa de hoxe repasamos un estudo feito sobre unha variante do Camiño de Inverno por Vilachá co filólogo Xurxo Martínez. Aberta a oficina de turismo de Monforte repasamos co xerente, José Ramón M.Mareque, os cambios que hai na mesma pola Covid19. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén co cociñeiro Manuel Fernández que no Bistró prepara actividades especial con música en director todos os venres de xullo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 02/07/2020

Abrimos programa conversando co historiador local Felipe Aira. Entrevistamos á candidata do BNG Olalla Rodil que fai hoxe campaña pola zona sur de Lugo. Conversamos coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno, Aida Menéndez que retoma o domingo actividade e entre outros asuntos, repasamos oferta educativa do IES Daviña Rey, co director deste Instituto Isac González.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 01/07/2020

Abrimos programa conversando co arqueólogo Xurxo Ayán da nova campaña de excavacións que preparan no Castro de San Lorenzo. Co representante da Orde Escolapia en Monforte, o Pai Javier Agudo, repasamos obras feitas na Pinacoteca e novos proxectos que teñen para este emblemático edificio. Co alcalde de Bóveda , José Manuel Arias, falamos de obras de mellora de eficiencia enerxética que van poñer en marcha no pavillón e na casa do concello. O alcalde de Monforte, José Tomé Roca presenta proxectos de mellora que van realizar en 13 rúas da cidade. Entre outros asuntos, con Andrés Castro falamos do Rali Terras do Incio que empezará o día 8.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 30/06/2020

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola. Coñecemos algo máis de "Bicada", unha nova empresa de servizos que se puxo en marcha na D.O. Ribeira Sacra para axudar a coidar viñas de aqueles que precisen man de obra. Falamos con Tamara Canle, unha das promotoras da iniciativa e acompáñanos tamén Alfonso Losada. Conversamos con Maribel García, voceira de Esperta Monforte que onte se despediu da corporación monfortina. Hoxe recupéranse en Monforte actos do Martes de Pascua, explica os motivos o alcalde e conversamos con María Jesús González. Tamén conversamos con Breogán Pereiro da singular iniciativa enoturística que pon en marcha na ribeira de Doade.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 29/06/2020

Abrimos programa conversando con Antonio Martín Sanchidrián, presidente do Comité de Empresa de Renfe na provincia de Lugo. Repasamos servizos suprimidos durante a alarma sanitaria que non se repuxeron. Con Carlos Parada, director do IES Río Cabe, repasamos a oferta educativa que teñen para o próximo curso. Entrevistamos á candidata do BNG Rosana Prieto Florines. Entre outros asuntos, conversamos co alcalde de Sober, concello que hoxe visitou a Conselleira Ángeles Vázquez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 26/06/2020

Abrimos programa conversando con Mari Luz Cid de Cior Galicia que se suman á celebración do Día da Diversidade. Con Victoria Saco falamos da campaña posta en marcha para recadar cartos para o Circo Nevada que precisan 3.500€ para saír de Monforte con todos os vehículos. Entrevistamos a Raquel Arias, integrante da candidatura do PP por esta provincia de Lugo e de xeito máis breve repasamos outros asuntos da actualidade desta comarca.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 25/06/2020

No programa de hoxe entrevistamos ao alcalde de Monforte. Falamos do proxecto de supresión de pasos a nivel e dos "bonos consumo" e entre outros asuntos dos actos para recuperar o martes de pascua o próximo día 30. Conversamos con Enrique Sampìl, director do IES A Pinguela, que oferta para o próximo curso ciclo de calzado e moda. E hoxe abre as súas portas o Parador de Monforte. Falamos coa directora Lilian Ferral e aproveitamos para repasar co investigador Felipe Aira, a historia deste emblemático edificio.