Con Manola Porto
Con Manola Porto
MÁS DE UNO MONFORTE 25/08/20
No programa de hoxe repasamos co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, o resultado da reunión do Consello Municipal de Saúde e entre outros asuntos, a última hora sobre a incidencia da covid neste concello. Entre outros asuntos, no espazo adicado ao sector vitícola falamos das vendimas co técnico Alfonso Losada e a adegueira María José Iravedra.
Con Manola Porto
MÁS DE UNO MONFORTE 24/08/2020
Segue crecendo o número de positivos covid en Monforte. No programa de hoxe repasamos a última hora conversando con Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria. Germán Vázquez, voceiro de Esperta Monforte danos conta de iniciativas presentadas no concello en relación á pandemia, que agarda teñan resposta no próximo pleno. Entrevistamos ao arqueólogo Xurxo Ayán das escavacións feitas nos Conventos. Campaña que dan por rematada e valoramos resultados. E a adega Algueira empeza a vendima este martes, conversamos co adegueiro Fernando González.
Con Manola Porto
MÁS DE UNO MONFORTE 21/08/2020
Abrimos programa conversando coa tenente alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, repasamos medidas adoptadas polo concello a causa do gromo de covid detectado neste concello. Os concellos de Sober e A Pobra do Brollón poñen en marcha medidas de prevención que repasamos cos seus respectivos alcaldes, Luis Fernández Guitián e Xosé Lois Maceda. Entre outros asuntos, conversamos con Julio Méndez, responsable do restaurante La Polar, que suma aos que por prevención, pecharon nos últimos días as súas portas.
Con Manola Porto
MÁS DE UNO MONFORTE 20/08/2020
Con Manola Porto
MÁS DE UNO MONFORTE 19/08/2020
Preocupación en Monforte e noutros puntos da comarca tras confirmarse un gromo de positivos por covid-19. Co enfermeiro Ildefonso Piñeiro, repasamos a situación. Conversamos tamén con Xosé Gago, o animador socio-cultural do concello de A Pobra do Brollón, entre outras cousas facemos balance de actividades organizadas nas últimas semanas e a repercusión económica que tiveron. A AECC fai tamén balance da última campaña que realizaron nas últimas semanas para recadar cartos cos que autofinanciar actividades. Falamos coa psicóloga Arantxa Vidal. Entre outros asuntos, recuperamos declaracións do director Dani de la Torre, sobre a nova película que hoxe comeza a rodar na zona.
Con Manola Porto
MÁS DE UNO MONFORTE 18/08/2020
Vendimas en tempos de covid-19. Hoxe falamos desto no espazo adicado ao sector vitícola. Conversamos con Martin Mantilla que hoxe abre en Sober Berso. Entrevistamos a Roberto Eireos un dos empresarios do ocio nocturno que tivo que pechar por mor da nova normativa. Falamos tamén co director monfortino Dani de la Torre que comeza este mércores a rodar na zona a súa próxima película. Entre outros asuntos, rematamos programa conversando con Carmen Martínez, Directora Xeral de Patrimonio Cultural que visitaba hoxe as pinturas rehabilitadas na Igrexa de Pinol.
Con Manola Porto
MÁS DE UNO MONFORTE 17/08/2020
Abrimos falando da pista de parapente habilitada no concello de Ribas de Sil con concelleiro de cultura, Roberto Castro e con Antonio Vidal Ferreiro, un dos promotores. Este martes xornada de portas abertas na Igrexa de Pinol. Visitas guiadas para coñecer algo máis das pinturas que se estiveron restaurando e tendo de guía a unha das restauradoras, Montse Jiménez, conversamos con ela. Finalmente o auto -cine que habilitará o CCU en Monforte será de balde, cambios que repasamos conversando co xerente, Ángel Folgueira. Manuel Sarmiento, vice- presidente da Asoc. de Veciños do Saviñao repasa porque solicitan que o concello merque a antiga Casa Sindical e entre outros asuntos, repasamos como foron os fogos do día 15 en Monforte con Rafa Castro, da pirotecnia encargada de tirar a citada sesión.
Con Manola Porto
MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 14/08/2020
Con Manola Porto
MÁS DE UNO MONFORTE 13/08/2020
Remata sen éxito a búsqueda dos restos de un fusilado no 36 soterrado no cemiterio de Fornelas. Escavacións das que falamos con Carmen García da ARMH. Non hai Festas Patronais en Monforte pero si se manteñen o día 15 oficios relixiosos e os fogos en San Vicente. Falamos desto e de outros asuntos da actualidade local co alcalde José Tomé Roca. Entre outros asuntos, a voceira do BNG no concello de Pantón, Rosana Prieto, repasa iniciativas que presenta no concello.



