Con Manola Porto

MÁS QUE UNO MONFORTE 09/09/2020

Abrimos programa recuperando o espazo "Facendo Empresa" que adicamos hoxe ao Centro de Fisioterapia Ultreia. Conversamos co seu responsable Francisco Romero. E o IES A PINGUELA será o único de Galicia que impartirá neste curso un ciclo de calzado e complementos. Falamos del co director deste centro Enrique Sampil co que repasamos tamén obras que se realizan no citado Instituto. Entre outros asuntos falamos tamén co ex-político Víctor Vázquez Portomeñe da novela que ven de publicar "Brianda de Moás".

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 08/09/2020

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola. Co técnico Alfonso Losada repasamos que se debe ter en conta para facer a vendima e meter as uvas na adega. Repasamos novas do concello de Monforte conversando co alcalde José Tomé. Entre outras cousas tamén entrevistamos ao tenente de alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 07/09/2020

Preparado para empezar lexislatura o novo goberno da Xunta. Falamos del coa deputada Raquel Arias. O sector do taxi tamén está entre os perxudicados pola pandemia. Falamos delo con dous taxistas monfortinos, José Jacobo Castro e Toño Sánchez. Falamos tamén co alcalde do concello de Sober, Luis Fernández Guitián, entre outras cousas, do cambio que trae este ano a romería de Cadeiras.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 04/09/2020

Repasamos con Ramón Ares, xerente da Área da Sanitaria a última hora sobre a incidencia da covid na zona. Falamos co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, pide aos veciños prudencia e tranquilidade tras o gromo que segue activo no citado concello. Con Manuel Valcárcel, PIRO, falamos do audiovisual que fixo sobre o Camiño de INVERNO o seu paso por Monforte que se proxecto estos días na Casa da Cultura. Recollemos a valoración de Adega sobre o proxecto da nova ponte no Paseo do Malecón, conversando con Froilán Pallín, Secretario Xeral desta Asociación Ecoloxista. Entre outros asuntos, co enólogo Luis Buitrón, falamos dos viños da D.O Ribeira Sacra premiados na Cata de Aosta.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 03/09/2020

Abrimos programa repasando a situación do sector da hostalería conversando co cociñeiro, director técnico do Cumpe Tapas Monforte, Quique Rodríguez. Mila Fernández, presidenta da Asociación de Veciños da Florida, repasa actividades desta asociación. Falamos co alcalde de O Incio, Héctor Corujo, máis tranquilo despois de saír negativas todas as provas feitas no cribado realizado entre os veciños. Entre outros asuntos, con Rebeca Vázquez, directora da Escola de Hostalería de Rosende, repasamos a oferta educativa que teñen para este curso.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 02/09/2020

Abrimos programa conversando con Aida Menéndez, presidenta da Asociación Camiño de Inverno por Ribeira Sacra. Todo preparado para celebrar o día 13 xornada técnica sobre esta ruta. Co alcalde do Concello de O Saviñao, Carlos Armesto, repasamos asuntos aprobados no pleno celebrado no citado concello. Con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO, falamos tamén dos datos do paro na zona sur. Entre outros asuntos, repasamos tamén a incidencia da Covid na zona.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 01/09/2020

Abrimos programa falando do sector vitícola co técnico Alfonso Losada e o adegueiro Pedro Rodríguez. Coa concelleira Gloria Prada repasamos obras que se van a facer na Torre da Homenaxe e no Centro do Viño e falamos tamén da apertura da Gardería Municipal. Conversamos con Diego Rosales, director da Escola Infantil San Vicente de Paul que hoxe empezou a recibir aos primeiros alumnos. Co alcalde de O Incio Héctor Corujo falamos do cribado que persoal sanitario empezou a facer hoxe entre a poboación do concello para coñecer a incidencia da Covid 19. Entre outras cousas, falamos tamén de Atletismo co adestrador do Club A Gándara, Rubén Castro.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 31/08/2020

Abrimos programa conversando coa traballadora do servizo de axuda no fogar que deu positivo no concello de Pantón, Julita Barreiro. Da situación no sector da Hostalería falamos con Beatriz Vila, delegada da Asociación para a zona sur. O CCU fai balance da acollida que tivo o autocine, conversamos co xerente Ángel Folgueira. Co director do Museo Xeolóxico de Quiroga, Ramón Vila, repasamos que recolle a zona ampliada. Conversamos tamén no programa de hoxe con Iván Patiño de Amanita Films, unha das productoras de "Lúa Vermella", a película de Lois Patiño que ven de ser premiada no Festival de Cine de Málaga.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 28/08/2020

Preocupación no ámbito escolar monfortino ante a proximidade do inicio do curso tendo enconta os casos de Covid que hai no concello. Falamos con María Núñez, directora do Ceip Monforte. E segue o cribado no sector da hostalería. En función das probas van abrindo ou pechando establecentos. Un dos que abren é o Merenzao, falamos co seu responsable Carlos Rodríguez. E Monforte estrena autocine este mesmo venres. Unha iniciativa do CCU, buscamos a última hora conversando co xerente Ángel Folgueira. E lista en Quiroga a ampliación do Museo Xeolóxico. Será inaugurado maña. Falamos co alcalde Julio Álvarez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 27/08/2020

No programa de hoxe coñecemos o protocolo que segue o persoal sanitario para facer o seguemento dos positivos por Covid que son atendidos en domicilio. Falamos desto co coordinador de enfermería do Centro de Saúde de Monforte, Pedro Sancosmed. E preocupa en Pantón o positivo dunha traballadora do servizo de axuda no fogar. Repasamos a última hora conversando co alcalde José Luis Álvarez. Escoitamos tamén a valoración que fai da situación a voceira do BNG Rosana Prieto. Familiares de usuarios da residencia do Domus Vi de Monforte solicitan que se faga cribado na mesma. Cóntanolo Carmen Rodríguez. Entre outros asuntos, conversamos con Paula Vázquez Verao, voceira de Agroma Sober que presenta o documento que entregaron no concello con recomendacións para o inicio do curso escolar.