Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 23/09/2020

Normalidade no inicio do curso escolar no IES da zona sur de Lugo, falamos cos directores dos tres Institutos monfortinos. Repasamos novidades da Escola de Mùsica Moderna e, entre outros asuntos abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" adicado hoxe a Pulviplas, unha empresa centenaria ubicada en Sober, a única do noroeste peninsular que fabrica máquinas pulverizadoras de mochila.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 22/09/2020

Abrimos programa con técnico Alfonso Losada, repasamos cuestións a ter en conta na adega rematada a vendima e repasamos a visita que fixo o presidente da Xunta á adega Rectoral de Amandi. Conversamos co voceiro do BNG en Monforte Emilio Sánchez, da conta de iniciativas que presentaron para ser debatidas no próximo pleno. Entrevistamos á monfortina Belén Díaz, que preside a Rede de Cidades Creativas de España. Entre outros asuntos escoitamos a Paula Vázquez Verao, voceira de Agromar Sober, dar conta de peticións que presentan ao equipo de goberno reclamando varias actuacións en diversos ámbitos municipais.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 21/09/2020

Orfos de romeiros están hoxe os campos de A Parte. A pandemia impide que se poida celebrar en Monforte a tradicional romaría do San Mateo. Falamos coa pedánea Yolanda Arango. A escritora Marica Campo foi a encargada de dar lectura ao manifesto que pechou o sábado no Incio o acto solidario cos residentes e traballadores da Residencia. Hoxe conversamos con ela. Con Roberto Castro, presidente da Asociación Montañas do Courel, repasamos o Plan de Sustentabilidade Turística presentado para o Xeoparque. Entre outros asuntos, falamos tamén co profesor do Colexio dos Escolapios Javier Saco, director da curtametraxe "La buena elección" coa que foron finalistas no Festival de Cine de Bueu na categoría de centros de ensino.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 18/09/2020

O luns será o Día Mundial do Alzheimer en Monforte repasamos como se celebra desde este venres na Asociación Afamón conversando coa psicóloga María Lillo. E non poderemos celebrar en Monforte a tradicional romaría do San Mateo pero si se manteñen os oficios relixiosos. Falamos co párroco José Luis Vázquez. E fin de semana de numerosas vendimas na D.O Ribeira Sacra, repasamos previsións co presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez. E onte mesmo empezaron vendima na adega Via Romana, conversamos co xerente Juan Luis Méndez. Entre outras cousas, repasamos actividade do Centro de Formación e Experimentación Agoforestal de Monforte coa directora Estrella Rodríguez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 17/09/2020

Repasamos como se vai facer o reparto dos bonos-axuda do concello entre a poboación monfortina. Explícao o alcalde José Tomé. A voceira do PP de Monforte, Kati Varela, valora esta e outras iniciativas do goberno local e repasa proposta que levará ao próximo pleno ordinario. Entre outros asuntos repasamos novas do concello de Sober conversando co alcalde Luis Fernández Guitián. E abrimos programa con música, conversando con Abraham Cupeiro que presenta o seu último disco "Pangea" este venres en Salcedo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 16/09/2020

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" hoxe falamos da empresa Celega co xerente desta empresa láctea Xosé Manuel Rodríguez. Repasamos obras que se van a realizar no concello de O Saviñao conversando co alcalde Carlos Armesto. Co mandatario do Incio, Héctor Corujo, falamos da concentración de apoio aos traballadores e usuarios da Residencia que preparan para este sábado. Falamos tamén do Congreso Nacional de Turismo Experencial que hoxe se inaugurou en Lugo, participantes do mesmo, coñeceran a Ribeira Sacra e o xeo parque Montañas do Courel da man de Antonio Rodríguez e Martín Alemparte. Falamos hoxe con eles sobre esta actividade.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 15/09/2020

Este mércores inicio oficial da vendima na D.O Ribeira Sacra. Aínda que hai adegas que levan días vendimando a partir de maña xeneralízanse estos traballos. Cóntannos como se prepara a Rectoral de Amandi e Regina Viarum. Coa xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara, repasamos datos de ocupación nesta zona. Repasamos novas do ámbito sindical co secretario de acción sindical de CCOO nesta zona, Mario Docasar. Entre outros asuntos, falamos tamén do proxecto de renovación de alumeados que presentou o alcalde de Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 14/09/2020

Seguimos pendentes do inicio do curso escolar. Falamos co presidente da Anpa do Ceip Monforte e tamén coa presidenta da Anpa do Colexio dos Escolapios. Tamén entrevistamos ao director do Ceip López Suárez de Escairón. Repasamos novas do concello de Bóveda conversando co alcalde do citado concello e entre outros asuntos, coa deputada da área de turismo da Deputación de Lugo, facemos balance da utilización dos catamaráns no que levamos de verán, nas rutas fluviais do Sil e o Miño.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 11/09/2020

Abrimos conversando coa directora do Colexio de O Incio Begoña Otero. E repasamos tamén como vai o inicio do curso na Fundación Educativa Torre de Lemos conversando coa directora Ester Rodríguez. Facemos balance do Plan Reactiva co alcalde de Monforte José Tomé Roca. Repasamos novas do concello de A Pobra do Brollón co rexedor Xosé Lois Maceda e do concello de Sober con Luis Fernández Guitián. Entre outras cousas conversamos tamén con Alberte Mera, o director do documental "Reboiras" que se presenta este sábado en Monforte.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/09/2020

O inicio do curso escolar marca a actualidade da semana. Volta ao cole da que falamos co director do Colexio dos Escolapios, coa directora do Cepi Monforte, coa do Colexio Ferroviario e coa do Ceip A Gándara. Con normalidade funcionou tamén o transporte escolar na zona. Conversamos coa responsable de Autocares Sánchez e o CRDORS fixa para o día 16 o inicio oficial da vendima, falamos coa directora técnica do Consello Regulador.