Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 07/10/2020

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" repasando proxectos premiados no Concurso da Fundación Semente Ribeira Sacra. Entrevistamos a José Pino, profesor do IES A Pinguela, candidato a mellor docente de España en F.P. Repasamos novas do concello de Sober conversando co rexedor do citado concello, Luis Fernández Guitián. E na recta final falamos de atletismo coa atleta María Cedrón e o seu adestrador, Rubén Castro.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 06/10/2020

Dous sucesos marcan a actualidade na zona, deles falamos con representantes da policía e dos bombeiros. Coa directora da Fundación Educativa Torre de Lemos buscamos a última hora do centro tras coñecer que hai un alumno positivo. Analiza paro e contratacións de setembro o secretario de acción sindical de CCOO. Entre outros asuntos, repasamos como cada martes novas do sector vitícola co técnico Alfonso Losada.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 05/10/2020

Abrimos programa coa final do Concurso de Economía no que compiten un grupo do IES Río Cabe. Última hora do mesmo co profesor Emilio López e co alumno portavoz do grupo Luis Buitrón. Con Severino Rodríguez, voceiro da Fundación Semente Ribeira Sacra, falamos do novo concurso que veñen de convocar para iniciativas relacionadas coa Covid19. Conversamos con José Mouriño Cuba que ben de publicar un libro sobre como se xestou a posta en marcha da D.O Ribeira Sacra. Entre outros asuntos, coa voceira do BNG no concello de Pantón, repasamos iniciativas que presentaron ao pleno celebrado no citado concello.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 02/10/2020

Abrimos falando con Xurxo Martínez da Asociación de Veciños de Vilachá dun documento de 1246 que vincula a igrexa de Rozavales coa francesa de San Miguel próxima a Roncesvalles. Repasamos novas do concello de Bóveda con José Manuel Arias, alcalde do citado concello. Con Rebeca Vázquez directora da Escola de Hostelería de Rosende repasamos a oferta educativa do citado centro. Competición on line para o clube de Taekwondo Neka, falamos delo co adestrador José María Vega. Tamén conversamos coa atleta María Cedrón que participa esta fin de semana no Campionato Nacional, e co seu adestrador Rubén Castro. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 01/10/2020

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo concede á Ribeira Sacra un Plan de Sostibilidade. Unha boa nova que repasamos coa xerente do Consorcio Alexandra Seara. Fran Alonso é o arqueólogo que coordina as escavacións que se están facendo en Proendos, no concello de Sober e con él repasamos o que van atopando. Repasamos actualidade do concello de Monforte conversando co alcalde José Tomé Roca. Entre outros asuntos, entrevistamos ao sarxento do Parque Comarcal de Bombeiros, Tomás Losada, boa parte do traballo que fixeron no último mes estivo centrado na eliminación de niños de velutina.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 30/09/2020

Abrimos co espazo Facendo Empresa que hoxe adicamos ao proxecto gañador do Concurso de iniciativas empresariais da Fundación Semente. Falamos con Juan Redondo un dos promotores. Pasan á final dun concurso de economía os alumnos do IES Río Cabe. O profesor que dirixe o grupo Emilio López, cóntanos como foi a semifinal. Falamos de actividade formativa que se pon en marcha no concello de Monforte para maiores de 50 anos coa concelleira Gloria Prada. Co presidente do CRDORS José Manuel Rodríguez, repasamos como foron as vendas de viño da última campaña. Entre outros asuntos, falamos tamén do Centro de Día que hoxe se inaugura en Quiroga conversando co alcalde Julio Álvarez.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 29/09/2020

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola e co técnico Alfonso Losada falamos da elaboración dos rosados. Repasamos pleno celebrado en Monforte e conversamos coa voceira do PP Kati Varela. Falamos tamén co equipo do IES Río Cabe que participan nun concurso de ámbito nacional sobre educación financieira. Conversamos co profesor Emilio Lòpez e cos alumnos que forman parte do equipo.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 28/09/2020

Abrimos programa conversando con Sara Fernández, presidenta da Fundación Semente Ribeira Sacra, con ela repasamos faio do Concurso de Proxectos Empresariais. Co doutor José Castro falamos do estudo realizado no Hospital Comarcal sobre a incidencia da Covid19 entre marzo e maio, repasamos obxetivos e conclusións. Entre outros asuntos, conversamos coa poeta Olga Novo Premio da Crítica Española por "Feliz Idade".

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 25/09/2020

No programa de hoxe falamos de novas iniciativas que pon en marcha a Plataforma Salvemos o Malecón para visibilizar o seu rexeitamento a construción dunha nova ponte na zona. Atendemos tamén á entrega de premios da Fundación Semente Ribeira Sacra que a covid19 retrasou ata este sábado. Falamos do acto que se prepara para maña, repasamos finalistas e outros proxectos nos que están traballando xa desde a citada Fundación. En plena campaña de vendima este ano non hai viñobús pero si actividades alternativas que repasamos coa xerente do Consorcio Turístico. Entre outros asuntos, repasamos iniciativas do GDR Ribeira Sacra-Courel para fomentar a dixitalización de pequenas empresas do sector agroalimentario.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 24/09/2020

Catro anos leva funcionando no Hospital Comarcal de Monforte a Unidade de Hospitalización a Domicilio. Facemos balance co doutor Mouriño, coordinador da mesma. Repasamos temas de actualidade municipal conversando co alcalde de Monforte José Tomé Roca e entre outros asuntos, falamos de cegoñas e do censo que se pretende facer sobre as que hai nesta zona. Conversamos con Nancy Blanco, coordinadora do citado censo.