Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 22/10/2020

Alerta Vermella en Monforte polo número de contaxios Covid. Recollemos valoración do alcalde e do xerente da Área Sanitaria. No espazo adicado a repasar historia local, hoxe Felipe Aira fala dun kiosko que había na Compañía e outro no antigo Cantón de Bailén. Conversamos co adegueiro Daniel Díaz, que saca ao mercado viño que tivo mergullado no río Sil durante nove meses. Entre outros asuntos, repasamos actividade da EOI coa directora Rosa Quiroga.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 21/10/2020

Abrimos co espazo "Facendo Empresa", falamos hoxe de Novas Rutas con Mabel Álvarez, unha das promotoras. Conversamos con Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria, do contido da exposición que inauguraron en Sober. Coa voceira do PP de Monforte, Kati Varela, falamos do Plan Turístico que reclama ao equipo de goberno nunha moción que ven de presentar para debatir no próximo pleno. Entre outros asuntos repasamos a situación na que se atopan os salóns de peiteado con Teresa González. Os profesionais deste gremio reclaman que se lle rebaixe o IVE.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 20/10/2020

No espazo adicado ao sector vitícola falamos da elaboración de augardente cos técnicos Ignacio Orriols e Alfonso Losada. Dúas alumnas positivas por Covid en Monforte unha no IES A Pinguela onde hai 35 alumnos en corentena, falamos con Enrique Sampil director deste Instituto, hai outro caso no Colexio Ferroviario e 6 alumnos confinados. Falamos coa directora Enyd Fernández. Repasamos modificacions da ordenanza fiscal que prepara o equipo de goberno do concello de Monforte. Entre outros asuntos con María Abuín facemos balance das visitas guiadas este verán polo románico da Ribeira Sacra.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 19/10/2020

Neste Día Mundial Contra o Cancro de Mama falamos coa oncóloga Silvia Varela e con Aranxta Vidal, psicóloga da AECC. Conversamos con Fran Losada, coordinador das escavacións feitas en Proendos. Co voceiro do BNG en Monforte, Emilio Sánchez repasamos iniciativas que preparan para o próximo pleno, entre outras, unha moción solicitando que se recupere a Rúa Vella. Entre outros asuntos repasamos novas tamén do concello de O Saviñao conversando co alcalde Carlos Armesto.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 16/10/2020

Abrimos programa conversando coa poeta Olga Novo, Premio Nacional de Poesía. Repasamos novas do concello de Monforte co rexedor local José Tomé Roca. Con Estrella Rodríguez do Centro de Formación e Investigación Agraria, repasamos actividade formativa que teñen programada para a próxima semana. A psicóloga da Asociacion de Loita Contra o Cancro, Arancha Vidal, fálanos das actividades que programan para o luns na rúa Cardeal e entre outros asuntos cóntanos o crego de Quiroga Jesús Río, porque suspende as Misas do Día de Defuntos.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 15/10/2020

Abrimos programa co espazo adicado á historia local conversando co investigador Felipe Aira. Con Victoria Saco, da Plataforma Salvemos o Malecón, falamos da nova campaña que teñen en macha contra a construción da nova ponte nese entorno. Neste Día da Muller Rural, repasamos situación das mesmas con Verónica Marcos de FEMUR. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Javier Arias, o novo delegado da Xunta en Lugo, de visita hoxe nesta zona sur.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 14/10/2020

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" hoxe adicámolo ao sector da automoción e con César Manuel Vázquez, repasamos historia de Cesmauto. Conversamos co alcalde do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, e entre outros asuntos falamos de teatro e de Bernarda, a obra que Malasombra Produccións trae este xoves a Monforte. Falamos con Xoque Carbajal, director desta compañia.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 13/10/2020

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola falando de custos de produción con Vicente Sotés e Alfonso Losada. Conversamos con Delia Guitián, presidenta de Albores, de actos organizados para conmemorar o día Internacional da Saúde Mental. Coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara, repasamos actividades que programan na Ribeira Sacra para este outono. Co xerente da Área Sanitaria, Ramón Ares, repasamos a última hora sobre a incidencia da Covid19. Entre outros asuntos falamos dos bonos axuda que segue repartindo o concello de Monforte e da visita que fixo ás escavacións de Proendos o Conselleiro de Cultura.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 09/10/2020

Cum Laude e Premio Extraordinario para a arqueóloga e historiadora Begoña Gonzalez Aguiar por un traballo feito sobre os petroglifos do Concello de Sober. Abrimos programa conversando con ela. Ángel Encinar foi durante 39 anos aparellador do concello de Monforte e ven de xubilarse. Hoxe entrevistámolo no programa. Entre outros asuntos, falamos con José Manuel Rodríguez, presidente do CRDORS, con él facemos valance da vendima que se da por rematada.

Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 08/10/2020

Abrimos programa repasando historia local co investigador local Felipe Aira. Entrevistamos ao alcalde de O Saviñao Carlos Armesto. E entre outros asuntos, repasamos coa concelleira de cultura do Concello de Monforte a programación teatral do último trimestre do ano.