Radio local

Onda Cero Pontevedra

02/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (02-04-2018)

Recuperamos a normalidade, tras a Semana Santa, moi pendentes da visita do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, o proxecto da A-57. No sector das ambulancias planea unha folga polos continuos recortes materais e huamanos. Neste inicio de semana participamos do Día Internacional do Autismo e repasamos as novas do motor con Abel Millán. Tamen, celebrados os vinte anos da editorial Kalandraka e descubrimos novos talentos e proxectos muscais no espacio Cántamo en Galego.

Onda Cero Pontevedra

28/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (28-03-2018)

Iniciamos este mércores de Semana Santa moi pendentes do tempo e dos incidentes violentos acontecidos na cofradía de Carril. O letrado Santiago Prego era agredido polo patrón maior tras unha xuntanza. Fora desta polémica analizamos o Proxecto Revitaliza, iniciativa de compostaxe da Deputación de Pontevedra, coa ONG Amigos da Terra Galicia. Tamen, nos deixamos asesorar fiscalmente por Cobian e Asociados ante a proximidade da declaración da renda. Falamos da peregrinación do camiño a Santiago de Compostela. E pechamos explorando a exposición 'Dali y la Toja' que se pode admirar no Casino La Toja. ¡Boa semana festiva!

Onda Cero Pontevedra

27/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (27-03-2018)

Repasamos a actualidade do día e almorzamos na Cafetería Moi Bo co portavoz municipal do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira. Como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios

Onda Cero Pontevedra

23/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (23-03-2018)

Rematamos a semana co repaso habitual pola actualidade do día e das últimas xornadas e marcando unha completa axenda, cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana sen saír da provincia. Visitamos Campolameiro nunha nova edición de ENREDADOS para coñecer as diferentes xornadas gastronómicas de Casa Tito. Ademais, buscamos a predicción meterolóxica para as vindeiras horas. feliz venres!

Onda Cero Pontevedra

22/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (22-03-2018)

Repasamos a actualidade do día e conversamos coa xornalista galega Pilar Cernuda, esta tarde en Vilagarcía de Arousa presenta a súa primeira novela titulada "Volveré a buscarte". Falamos de saúde coa visita de Marta Blanca, directora xerente de Galáurea. Como cada xoves, rematamos con Carmen Quinteiro nunha nova edición de XOVES DE CONTO

Onda Cero Pontevedra

21/03/2018 06:00

Onda Cero Pontevedra

21/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (21-03-2018)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día coa ollada entre Pontevedra e México e buscamos a predicción metereolóxica. No tempo da entrevista conversamos co secretario territorial da Xunta en Pontevedra, Ramón Pereiro. Conectámonos co CAMPUS universitario para coñecer as propostas da semana. Ademais, visítanos Raquel Pedrouso, coach de cabeceira do programa, que hoxe vén acompañada pola concelleira de Educación de Poio, Marga Caldas, para falar do novo programa AGARIMO.

Onda Cero Pontevedra

16/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (16-03-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día e da semana nesta xornada de venres marcada pola dobre sesión plenaria en Pontevedra. Abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau e, ademais, marcamos unha completa AXENDA cultural, gastronómica e de ocio para desfrutar da fin de semana que temos por diante

Onda Cero Pontevedra

15/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (15-03-2018)

Repasamos a actualidade do día e buscamos a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. Falamos de saúde coa visita da doutora Mar Vélez, directora médica do grupo Quirónsalud Miguel Dominguez. Como cada xoves, rematamos con Carmen Quinteiro nunha nova edición de XOVES DE CONTO